Iván Prado escribe desde Palestina, Chiapas

 DSC_0050

3ª Crónica, escolas de dignidade

Hai universidades que ensinan a non aprender, escolas de pensamento que prohiben a crítica e o debate, institutos técnicos que negan a posibilidade de pensar por un mesmo ou unha mesma; por sorte para a humanidade tamén hai pequenas fraguas do coñecemento verdadeiro, aquel que se camiña, con feitos, con erros, con vontade de construír novos mundos onde caiban todos os mundos, estas últimas son as escolas de dignidade.

Ese coñecemento labrado a base de vida e morte, entrega e soños, é propio do movemento zapatista, das súas bases de apoio e do seu Exército de Liberación Nacional. O neozapatismo levantou o veo das mentiras que o poder impoñía en México e no medio mundo a través da ditadura do mercado e o seu globalización cultural; e venceu ao poder do medo e a mentira a base de humildad, rebeldía e creatividade.

O último, no tempo pero non na historia, deses grandes inventos para o saber mundial, é a Escuelita Zapatista, ideada fai un par de anos e levantada como bastión da resistencia indígena zapatista nos cinco territorios do EZLN en Chiapas (Suroeste Mexicano).

Aquí continúa o relato de como un de Lugo chegou á Palestina Tzeltal…

Tras durmir no chan do salón de actos de Oventic xunto ao meu Votán-gardián Marcelino, do que non me separaría ata catro días máis tarde, iniciamos unha longa viaxe de 4 horas nunha redila chea de vultos e pés buscando acomodo, baixo unha insufrible choiva que batía en nós movida por fríos ventos.

Tras esa interminable travesía de terra e montaña, chegamos de noite a unha comunidade onde, para a miña sorpresa, todas as familias zapatistas estaban facendo garda esperando que o seu visitante alumno chegase. Foi subir a empinada costa case sen chanzos, un camiño pensado para pés descalzos e animais domésticos, e sentir como todas as miradas e corazóns recibíanme acendidos de curiosidade e sobre todo agradecemento.

Neses días comín, tortilleé, cortei café, limpei o terreo, dei para comer ao touro da familia e sobre todo xoguei cos nenos, como uno máis, coma se levase toda a vida alí aprendendo a ser zapatista, indígena honrado que loita pola liberdade e a xustiza.
Risas na noite, na mañá, no campo, no río, na casa, no cerro, no cafetal, risas e máis risas, en Tezltal e en castelán, rimos catro días, mentres lía apasionadamente os meus cadernos de traballo zapatista.

Risas cheas de liberdade e amor, risas rebeldes e dignas. Risas que me encheron de vida e alegría pero sobre todo de conciencia e rebeldía. Porque este movemento sobre todo é un tsunami de alegría e futuro.

Iván Prado. Palestina, Chiapas. 6 xaneiro do 2014.
Portavoz de Pallasos en Rebeldía.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: