Nota prensa agradecemento e nova data ‘Festiclown Palestina no Líbano 2014’


descarga (2)

Pallasos en Rebeldía agradece a solidariedade para co Festiclown Palestina no Líbano

A Asociación Cultural de Cooperación Internacional Pallasos en Rebeldía agradece o apoio que, durante estes últimos 40 días, recibiu a súa proposta en ‘Verkami’ que procuraba recaudar fondos para a celebración do II Festiclown Palestina no Líbano. Un total de 146 persoas colaboraron económicamente co proxecto, o que supuxo unha cantidade de 6.030 euros. Ademais, xa se coñecen as novas datas de posta en marcha do Festival, do 2 ao 12 de outubro.

Tralo recente atentado contra ex ministro Mohamed Chatha e ante unha previsible escalada de violencia na zona, o II Festiclown Palestina viuse adiado. Aínda que, xa se coñecen as novas datas de celebración, do 2 ao 12 de outubro, co que a risa viaxará aos campos de refuxiados palestinos do Líbano tal e como se previu.

Para este fin, e co obxectivo de recaudar fondos de cara á posta en marcha desta segunda edición do Festival, Pallasos en Rebeldía abriu un ‘Verkami’. Esta páxina de apoio económico online de proxectos culturais facilita un prazo de 40 días para conseguir o obxectivo desexado, que no caso de Festiclown Palestina no Líbano era de 6.000 euros. Tanto a Asociación de Cooperación Internacional como o propio Festiclown están “enormemente agradecidas” ás 146 persoas que achegaron un total de 6.030 euros.

En palabras do seu director, Iván Prado, “é un apoio vital” para o proxecto, sen o que habería “máis dificultades” á hora de viaxar e sufragar os gastos de estancia e manutención dos artistas participantes no Festival. Ademais, “saber que Festiclown cala na sociedade, que o noso proxecto ten tantos apoios en tempos difíciles, é marabilloso” e “anima a seguir”, afirma.

Festiclown Palestina no Líbano albergará actuacións de máis de 10 compañías internacionais así como actuacións de compañías palestinas e libanesas. Son moitos os artistas que mostraron a súa solidariedade e o seu apoio artístico ao proxecto colaborando de varias e distintos xeitos como Leo Bassi, Patch Adams, Elliot, Pepe Viyuela, Tristán Ulloa, Circ Bover, Kanbahiota, Jorge Blass, Peter Punk, Os 7 Magnificos 1, Amparo Sánchez (Amparanoia) ou Jango Edwards, entre moitos outros.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja un comentario