Archivo | enero 22, 2014

PP noticias.

Un auto judicial obliga al Concello a pagar 420.487 euros por la deuda del alquiler de año y medio del edificio Asefal

  • La resolución del juez insta a ejecutar la sentencia dictada el pasado 31 de julio. La deuda se refiere al periodo comprendido entre enero de 2011 y junio de 2012, fecha en que la propiedad del inmueble, “Seguros La Fe”, presentó la demanda por impago.
  • El Concello dejó de abonar el alquiler por el edificio el 1 de enero de 2011, pese a que tres organismos, autorizados por el gobierno municipal, ocupaban tres pisos del mismo.
  • El Grupo Popular califica de “grave negligencia” la actuación del alcalde y de su gobierno, que “es la demostración de lo que el regidor le cuesta a la ciudad”.
  • El auto, con fecha 8 de enero de 2014, se conoció en la Junta de Gobierno del pasado viernes, “pero el alcalde calló, no lo hizo público, porque no puede alardear de la excelente situación económica del Concello, mientras tiene que pagar por una mala gestión”, censura el concejal del PP, Antonio Bernárdez.
O PP DE SALCEDA ASEGURA QUE FISCALIZA O LABOR DO BIPARTITO LOCAL DE XEITO CONSTRUTIVO

Rodríguez Davila desminte que se vixíe a casa do alcalde e subliña que a débeda do Concello foi xerada nos últimos sete anos con préstamos, despedimentos impropios de traballadores e sentenzas, “esa é a gran herdanza que nos deixa o Bipartito, que gasta 240.000 euros anuais nos seus salarios”
 .

 

 

El Ministerio de Industria, Energía y Turismo amplía el plazo para presentar candidaturas a los Premios Nacionales de la Moda

  • El plazo se amplía hasta el 15 de febrero de 2014.
  • Los candidatos a cualquier modalidad deberán ser propuestos por representantes de la Mesa de la Moda Española, organismos públicos o privados, centros de enseñanza, centros tecnológicos, Cámaras de Comercio, fundaciones, asociaciones, federaciones o entidades sin ánimo de lucro, relacionados con el sector.
  • Las solicitudes podrán presentarse de manera online o en papel, y deberán ir dirigidos a la Dirección General de Industria y de la Pequeña y Mediana Empresa. Leer Más…

El Ministerio de Industria, Energía y Turismo destina 140 millones a proyectos tecnológicos innovadores

  • Las ayudas en la convocatoria para 2014 engloban 20 millones de euros en subvenciones y 120 millones de euros en préstamos.
  • Con el fin de facilitar el acceso a la financiación, se ha reducido a 200.000 euros el presupuesto mínimo de los proyectos
  • Se financiarán proyectos relacionados con industrias del futuro, ciberseguridad, computación en la nube, Big Data, confianza digital y proyectos internacionales enmarcados dentro del programa europeo EUREKA. Leer Más…

Primeira reunión de directivos de Etcheverría Banesco cos sindicatos de NCG Banco

21.01.2014. Os principais directivos de Banco Etcheverría/Grupo Banesco reuníronse esta mañá cos representantes sindicais de NCG Banco, na primeira toma de contacto tras a privatización da entidade galega. Durante a reunión, os novos xestores reiteraron o compromiso asumido por Banco Etcheverría/Grupo Banesco de manter a xestión, a sede, e a obra social en Galicia, e o emprego.

 

Ao encontro asistiron o presidente de Banesco, Juan Carlos Escotet; o presidente de Banco Etcheverría, Javier Etcheverría, e o conselleiro delegado do banco con sede  en Betanzos, Francisco Botas, así como os representantes do seis sindicatos presentes en NCG Banco, CC OO, CSICA, UGT, CIG, ASCA-CIC e CGT. A reunión prodúcese inmediatamente despois de que os directivos de Banco Etcheverría/Grupo Banesco tivesen os seus primeiros encontros cos responsables da rede comercial de Novagalicia e das principais áreas de decisión de NCG Banco.

 

Banco Etcheverría/Grupo Banesco expuxo á representación sindical de NCG Banco o seu compromiso de poñer en marcha unha política laboral que garanta, a través da rendibilidade e a eficiencia, o principal obxectivo do banco galego nesta nova etapa: impulsar o desenvolvemento socioeconómico de Galicia mediante a concesión de crédito. A entidade aborda un plan de novo financiamento a familias e pemes galegas por un importe superior aos 9.000 millóns de euros.

 

O VENRES 24 DE XANEIRO, HOMENAXE A CARLOS OROZA, NO BALNEARIO DE MONDARIZ

  • Oroza Homenaje Tarjeta Homenaje Trasera
  • O acto estará composto dun coloquio sobre a obra do autor e un pequeno recital.

Vigo, 21 de xaneiro de 2014. O próximo venres 24 de xaneiro (21:00 horas, Balneario de Mondariz, entrada gratuíta) celebraremos un acto cultural de homenaxe á figura e obra do poeta galego Carlos Oroza.
O VENRES 24 DE XANEIRO, HOMENAXE A CARLOS
OROZA, NO BALNEARIO DE MONDARIZ

o O acto estará composto dun coloquio sobre a obra do autor e un
pequeno recital.
Vigo, 21 de xaneiro de 2014. O próximo venres 24 de xaneiro (21:00 horas, Balneario de
Mondariz, entrada gratuíta) celebraremos un acto cultural de homenaxe á figura e
obra do poeta galego Carlos Oroza.

O acto comezará cun coloquio acerca da obra e do personaxe presidido por Tomás
Paredes (Presidente da Asociación Española de Críticos de Arte), Manuel Bragado
(Edicións Xerais), Francisco Castro (Editorial Galaxia) e Javier Romero (Editorial
Elvira). A continuación, Carlos Oroza recitará algunhas das súas obras e tamén teremos
a posibilidade de escoitar a a musicalización dunha das súas obras, a cargo de Honorato
Parcero e Pablo Costas.

Este acto foi organizado pola Editorial Elvira e o Balneario de Mondariz, de forma
conxunta. A Editorial Elvira conseguiu publicar as obras completas de Carlos Oroza,
considerado como o mellor poeta vivo de fala hispana.

Entrada gratuíta, pero o aforamento é limitado. Abriremos portas ás 20:30.

 

Xacobe Martínez Antelo Trío entra no GPS 2014 con varios concertos

xacobe cuarteto26 30-07-2010 20-41-03  6 ACTUACIÓNS POR VARIAS CIDADES


Xacobe Martínez Antelo Trío entra no circuíto Girando Por Salas

Os músicos de Xacobe Martínez Antelo Trío inician o próximo día 1 de febreiro unha vira por diversas localidades españolas. Composicións, interaccións e, sobre todo, grande calidade nas improvisaciós no contrabaixo do propio Xacobe Martínez, a batería de Max Gómez e o saxo alto de Rosolino Marinello poderán verse en concertos da xira Girando Por Salas (GPS) e noutros fóra dela ata o día 7 do mesmo mes.

Nesta ocasión, Xacobe Martínez presenta 9 temas orixinais en formato trío, cunha instrumentación xenuinamente jazzística: saxo, batería e contrabaixo. O peculiar deste trío é a ausencia de instrumento harmónico, o que dota aos músicos dunha maior liberdade e responsabilidade, a todos os niveis. Conta nesta ocasión con Rosolino Marinello no saxo alto e Max Gómez á batería.

Así, o sábado 1 de febreiro poderemos ver ao Trío no Café Dam, Xixón (21h30, cunha entrada a 3 euros) nun concerto dentro do circuíto Girando Por Salas (GPS) 2014. O día seguinte, o escenario será A Campá dos perdidos, en Zaragoza ás 20h e a 8 euros a entrada con dereito a unha consumición).

Xa o luns 3 de febreiro chegarán ao JazzSi Taller de Musics, Barcelona (20h30, cun concerto do ciclo GPS) para o mércores 5 actuar na Bogui Jazz, Madrid (22h, 6 euros anticipada e 8 euros na billeiteira) (tamén dentro de GPS). Pola súa banda, o xoves 6 de febreiro o Trío dará un concerto na Sala Mercantil, Badajoz (23h, con entrada gratuíta).  A xira remata o venres 7 na Sala Guirigai, Os Santos de Maimona, Badajoz, cun concerto do circuíto GPS ás 21h30.

Respecto á música

Sobre composicións, orixinas, garántese unha “entrega concienzuda e apaixonada ao jazz, á improvisación, á interacción, á creación colectiva, ao respecto á música”, indican os membros do grupo. Ademais, a esixencia nesta ocasión é a de ser “máis músico que nunca, e maior improvisador que nunca”, afirman. O repertorio xoga tamén neste disco un papel fundamental, xa que sitúa aos músicos en contextos moi distintos e ata extremos entre si.

O músico compostelano Xacobe Martínez Antelo -aínda que mozo- conta con máis de 20 anos de experiencia no mundo da música. Aínda que en 2009 presenta unha nova formación ao seu nome, tamén con traballo discográfico incluído, que dá pé a numerosos éxitos de crítica e público que o levaron, entre outros, a formar parte do Girando Por Salas 2014.

 

 

 

Günther Herbig dirixirá mañá a Real Filharmonía de Galicia na Fundación Novacaixagalicia

O alemán Günther Herbig, considerado un dos máis destacados directores da escena musical internacional, dirixirá mañá a Real Filharmonía de Galicia a partir das 20.30 h no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia en Vigo. O programa inclúe obras de Haydn, Weber e Schumann. Nel interpretaranse os seguintes temas: Abertura de Euryanthe, J. 29 de Carl Maria von Weber; a Sinfonía núm. 93 en re maior, Hob. I/93 de Franz Joseph Haydn; e a Sinfonía núm. 3 en mi bemol maior, op. 97 «Renana» de Robert Schumann.

 

AXENDA FESTIVAL SINSAL // DORIAN WOOD ABRE SINSAL 12 EN VIGO E SANTIAGO

 

FESTIVAL SINSAL 12

 

A forza musical e escénica de Dorian Wood abre Sinsal 12 en Vigo e Santiago

Entrada libre para menores de 12 anos previa reserva en info(at)sinsalaudio.org As reservas deben facerse cun día de antelación ao concerto. Prazas limitadas.

DORIAN WOOD

Imágenes integradas 3

VIGO

Auditorio do Concello de Vigo

23 Xaneiro 2014 – 21.00h

Anticipada: 8€ + gastos (taquilla.servinova.com, Librería Versus, Elepé)

Billeteira: 10€

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Teatro Principal

24 Xaneiro 2014 – 21.00h

Anticipada: 8€ + gastos (taquilla.servinova.com, Teatro Principal, A Reixa Tenda)

Billeteira: 10€

Dorian Wood, dio el mesmo, non está aquí para consolarte. De pais costarriqueños, Dorian naceu nalgún momento dos 70 en Los Ángeles (California). Tras o seu paso polo Conservatorio de Castella de Costa Rica, regresou a Los Ángeles para facer da súa arte unha arma perigosa e poderosa. Ilustrador, artista, performer -actuou xunto á raíña do xénero, Marina Abramovic- e músico imprevisible, Dorian Wood é a máxima creación dun talento integral que inspira/expira arte.

De raíces latinas, homosexual declarado e comprometido coas inxustizas contra as mulleres, a súa música será entendida por todo aquel que algunha vez se sentise incomprendido. A súa forma de expresarse é a de quen sobe a un púlpito para entoar un manifesto, e conecta co imaxinario escuro, desgarrador e belamente perturbador de iluminados como Nina Simone, Scott Walker, Antony Hegarty (Antony & The Johnsons), David Tibet (Current 93) ou Nick Cave.

Intimidante dunha forma case irracional, na escala de pureza Dorian Wood é un diamante perfecto.

continúa…

 

//DESCARGA DE NdP, IMAXES E MÚSICA//

 

 Sinsal 12 comeza aquí…

 

A ESTRATEXIA DE XUVENTUDE 2010-2013 BENEFICIOU A 59.000 MOZOS E MOZAS EN MATERIA DE EMPREGO E OUTROS 40.000 RECIBIRON AXUDAS PARA VIVENDA

  • Así o destacou a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, trala sesión constitutiva do Comité Galego de Políticas de Xuventude, que presidiu o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo
  • A Estratexia supuxo un esforzo transversal realizado polo conxunto dos departamentos da Xunta en catro materias fundamentais para a mocidade: emprego, vivenda, educación e participación e mobilidade
  • A nivel de Educación, esta ferramenta facilitou aos mozos axudas complementarias coas bolsas Erasmus, axudas para estadías en países da UE, e bolsas universitarias en países extracomunitarios
  • Este plan terá continuidade cunha nova programación, que contará con preto de 50 obxectivos operativos e máis de 200 medidas

 

Santiago, 21 de xaneiro de 2014.- A Estratexia de Xuventude 2010-2013 supuxo un esforzo transversal realizado polo conxunto dos departamentos da Xunta en catro materias fundamentais para a mocidade: emprego, vivenda, educación e participación e mobilidade. En concreto, en materia de emprego investíronse 185 millóns de euros neste período para axudar a 59.000 mozos e mozas; e, en materia de vivenda, 40.000 beneficiáronse de deducións fiscais ou subvencións directas cun orzamento de 137 millóns de euros.

 

Así o destacou a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, trala sesión constitutiva do Comité Galego de Políticas de Xuventude, que presidiu o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Este novo órgano nace co obxectivo de reforzar e consolidar a transversalidade das políticas públicas dirixidas á mocidade, no marco da Lei de Xuventude de Galicia que ten como un dos eixos principais o fomento da coordinación entre todos os departamentos que traballan neste eido, o que permitiu pasar das 248 medidas iniciais ás 300 executadas finalmente.

 

En materia de emprego, a titular de Traballo  explicou que para o Goberno autonómico é “unha prioridade absoluta” loitar contra as cifras de desemprego xuvenil, a pesar de que Galicia se atopa máis de seis puntos por debaixo da media estatal neste ámbito. Un dos principais eixos da Estratexia foi o de mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas, para o que se destinaron mais de 185 millóns de euros que permitiron beneficiar a 59.000 persoas.

 

Destacan as actividades de formación dirixidas a incrementar a preparación e cualificación dos mozos e mozas, enriquecendo os seus currículos e aumentando as súas posibilidades de inserción ou mellora no mercado laboral. Nestas actividades formativas investíronse preto de 95 millóns de euros, con máis de 47.000 beneficiarios. Ademais da formación, destacan os incentivos á contratación e as axudas ao emprendemento.

 

Respecto á vivenda, conseguiuse axudar a 40.000 mozos e mozas para o acceso a unha vivenda, xa fose en réxime de compra ou aluguer. Para iso mobilizáronse 137 millóns de euros a través de deducións fiscais ou subvencións directas.

 

A nivel de Educación, a Estratexia facilitou aos mozos axudas complementarias coas bolsas Erasmus, axudas para estadías en países da UE, e bolsas universitarias en países extracomunitarios. En total, 6.600 mozos beneficiáronse destas axudas, nas que se investiron cinco millóns de euros.

 

Por último, a Estratexia incluíu tamén catro eixes propios da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado: a mobilidade, a participación, o voluntariado e a información. O conxunto destes eixes contaron cun orzamento de 17,6 millóns de euros e 14.000 beneficiarios. Neste investimento inclúense iniciativas como Galeuropa, Xuventude en Acción, Iniciativa Xove ou o Servizo de Voluntariado Xuvenil.

 

A Estratexia Xuventude 2010-2013 terá continuidade cunha nova, que contará con preto de 50 obxectivos operativos e máis de 200 medidas. A previsión é que poida estar finalizada e aprobada polo Consello da Xunta antes de Semana Santa.

 

España cierra un año histórico con 60,6 millones de turistas en 2013, un 5,6% más

  • turismo-espana
  • Las llegadas internacionales a España crecen por encima del aumento del 5% del sector a nivel mundial, según el Barómetro publicado ayer por la Organización Mundial del Turismo (OMT).
  • En 2013, se registraron  máximos históricos mensuales durante seis meses consecutivos, de mayo a octubre.  
  • Canarias, Baleares, Comunidad Valenciana, Cataluña y País Vasco alcanzaron cifras records en la llegada de turistas internacionales en 2013.
  • El mercado ruso experimentó la mayor subida anual, del 31,6%, seguida por el alza del 16,9% de los Países Nórdicos. Reino Unido, Alemania y Francia se mantuvieron como los tres principales emisores de 2013.
  • En diciembre, nuestro país recibió más de 3 millones de turistas internacionales, con una subida del 16,3% respecto al año anterior. Leer Más…