HOMENAXE A CARLOS OROZA EN MONDARIZ

O BALNEARIO DE MONDARIZ ACOLLERÁ MAÑÁ 24 DE
XANEIRO UN ACTO DE HOMENAXE A CARLOS OROZA

o O acto estará composto dun coloquio sobre a obra do autor e un
pequeno recital.
Vigo, 23 de xaneiro de 2014. O Balneario de Mondariz acollerá mañá 24 de xaneiro (21:00
horas) un acto cultural de homenaxe á figura e obra do poeta galego Carlos Oroza, coa
participación de importantes representantes da cultura galega e española. Entrada
libre ata encher o aforamento.

O acto comezará cun coloquio acerca da obra e do personaxe presidido por Tomás
Paredes (Presidente da Asociación Española de Críticos de Arte), Manuel Bragado
(Edicións Xerais), Francisco Castro (Editorial Galaxia), Julio Alonso (escritor) e Javier
Romero (Editorial Elvira). A continuación, Carlos Oroza recitará algunhas das súas
obras e tamén teremos a posibilidade de escoitar unha musicalización de Malú co grupo
Eclipse do ano 1975 e unha actual, a cargo de Honorato Parcero e Pablo Costas.

Este acto foi organizado pola Editorial Elvira e o Balneario de Mondariz, de forma
conxunta. A Editorial Elvira conseguiu publicar as obras completas de Carlos Oroza,
considerado como o mellor poeta vivo de fala hispana. No mes de outubro de 2013 foi
presentada unha nova edición de Évame, a un prezo de 19,50 euros, nun formato sinxelo
e cómodo para a súa lectura, onde os únicos protagonistas son os versos do gran poeta
galego. Ademais, nesta edición inclúense algúns versos inéditos, polo que se presenta
como a obra máis completa de Oroza.

Entrada gratuíta, pero o aforamento é limitado. Abriremos portas ás 20:30.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: