A XUNTA CONVOCA AOS ALCALDES DA ÁREA DE VIGO PARA AVANZAR A IMPLANTACIÓN DO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO

  • A reunión celebrarase o vindeiro mércores, 5 de febreiro, na Delegación Territorial da Xunta
  • O Goberno galego pretende acadar o consenso necesario para a implantación dun programa que proporcionará importantes aforros aos cidadáns, tal e como xa está a ocorrer na Coruña, Ferrol, Santiago e Lugo

Santiago, 30 de xaneiro de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, enviou hoxe aos alcaldes de Vigo, Cangas, Moaña, Redondela, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas, Gondomar, Baiona e Nigrán a convocatoria para unha reunión coa que a Xunta de Galicia pretende retomar a implantación do Plan de Transporte Metropolitano na área de Vigo.

A reunión terá lugar o vindeiro mércores, día 5 de febreiro, na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo. Tal e como sinala no escrito a directora xeral de Mobilidade, Camino Triguero, o Goberno autonómico considera necesario avanzar cara a implantación deste programa, tendo en conta que nos últimos días producíronse novidades que afectan á mobilidade dos cidadáns da área e que suscitan a preocupación tanto dos propios veciños como dos concellos.

A convocatoria destaca que a implantación do Plan de Transporte Metropolitano, que nestes momentos estase a aplicar nas áreas da Coruña, Ferrol, Santiago e Lugo, é un obxectivo estratéxico da Xunta, se ben recoñece que a pesares dos contactos e dos realizados ata o de agora foi imposible acadar o necesario consenso para iniciar a implantación do Plan na área de Vigo.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: