A XUNTA INICIA A TRAMITACIÓN PARA QUE O PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA ACADE A CARTA EUROPEA DE TURISMO SUSTENTBLE

  • Na actualidade, o Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés e o Parque Natural das Fragas do Eume xa contan con esta distinción
  • Verónica Tellado destacou que se trata dun proceso participativo que busca a implicación de todos os que teñan interese na conservación e promoción do Parque e relación co turismo na zona
  • Para obter esta Carta hai que superar tres fases. A primeira, que se inicia hoxe, implica a constitución dun grupo de traballo para a preparación da candidatura, que se prevé finalizar no primeiro trimestre de 2014

Vigo, 30 xaneiro de 2014.- A directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, explicou esta mañá as distintas fases e trámites que a Xunta de Galicia iniciará para que o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia acade a Carta Europea de Turismo Sustentable, unha distinción que ten como obxectivo promover a actividade turística no Parque dun xeito que garanta a protección dos valores naturais, culturais e sociais, e que contribúa ao desenvolvemento económico e ao benestar das persoas.

A directora xeral presentou esta mañá no Edificio Cambón, sede en Vigo do Parque, a proposta para a candidatura, unha xuntanza que reuniu a 80 representantes de empresas e na que tamén participou a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, asociacións e colectivos relacionados co turismo e a promoción e conservación do Parque, así como a súa área de influencia. Sinalou que se trata dun proceso de carácter participativo, que busca a implicación de todos os que teñan, en xeral, interese na conservación e promoción do Parque e, en especial, relación co turismo na zona.

Explicou que deste xeito o Parque das Illas Atlánticas sumarase ao o Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés e o Parque Natural das Fragas do Eume, que xa contan con esta distinción.

Destacou que a obtención deste recoñecemento non só é positivo para o Parque, senón tamén para todas as empresas turísticas, xa que, entre os beneficios destaca a posibilidade de desenvolver novas oportunidades comerciais (novas clientelas, oferta fóra de tempada, oferta orientada cara ao descubrimento da natureza e o patrimonio cultural), beneficiarse de asesoría para mellorar a calidade da súa oferta ou produtos turísticos, mellorar a imaxe da empresa ou entidade, polo seu compromiso co turismo sustentable e contribución a protección dos valores do Parque.

En palabras da directora tamén representa un valor estar situados nun espazo natural protexido distinguido en Europa como territorio de excelencia en materia de turismo sustentable e ter a posibilidade de participar activamente na planificación e desenvolvemento dun turismo sustentable no seu territorio, contribuíndo a súa protección.

Tellado Barcia salientou como un aspecto positivo mellorar a organización e a calidade da oferta turística xeral do territorio e aumentar a satisfacción dos visitantes, así como a comunicación co espazo protexido.

A directora explicou que o turismo sustentable non é unha modalidade de turismo, senón unha forma de xestionar calquera tipo de turismo, engadiu que hai que ter en conta que a actividade turística xera impactos, que poden ser máis negativos nos espazos naturais protexidos que en calquera outro territorio, precisamente porque se desenvolve en lugares de alto valor ecolóxico, ben conservados e fráxiles fronte ás actividades humanas. Non obstante, o turismo sustentable é economicamente viable, ecoloxicamente compatible e socialmente aceptable, manifestou.

Tres fases

Para a obtención da Carta Europea de Turismo Sustentable é necesario superar tres fases. A primeira, que se inicia hoxe coa presentación pública do proxecto, tamén implica a constitución dun grupo de traballo e un foro de participación para a preparación da candidatura. Será necesario redactar un documento de diagnóstico, no que se avaliará o estado do Parque e o seu entorno en canto o cumplimento dos requisitos da Carta. A previsión da Xunta e dispoñer deste documento no primeiro trimestre de 2014.

Paralelamente, traballarase na redacción dun documento de Estratexia, a cinco anos, acorde co diagnóstico, e dun Plan de Acción, un documento de traballo no que os diferentes actores implicados comprometen con orzamentos as accións concretas a desenvolver. A finais do outono deste mesmo ano a Dirección Xeral de Conservación rematará este documento.

 

A segunda das fases é a adhesión das empresas turísticas da zona á Carta. Nesta fase, as empresas turísticas traballarán co Parque para ser recoñecidas como asinantes da Carta. Isto supón que cada empresa realizará un diagnóstico de toda a súa actividade, para coñecer o equilibrio entre o que ofrece e o que os visitantes esperan, así como as medidas para potenciar o patrimonio local. Tamén se deberá ter en conta o medio ambiente e o desenvolvemento sustentable á hora de dirixir a empresa. A empresa deberá expor as súas propias ideas sobre turismo sustentable e a súa aplicación práctica, en colaboración co espazo protexido.

Por último, deberán adherirse as axencias de viaxes. Con esta terceira fase preténdense garantir a implicación dos tour-operadores que incorporen os principios do turismo sustentable no seu produto turístico e que organicen visitas aos espazos protexidos. Os tour-operadores deberán comprometerse a colaborar coas autoridades responsables da estratexia aplicada no espazo protexido, así como cos provedores de servizos turísticos locais. Isto supoñerá a elaboración dun estudo que analice a compatibilidade entre os seus produtos e os obxectivos do espazo. O fluxo de visitantes que atraen á zona non debe destruír os recursos patrimoniais que os turistas veñen visitar.

Máis de 100 espazos acreditados

A Carta Europea de Turismo Sustentable inscríbese nas prioridades mundiais e europeas expresadas polas recomendacións da Axenda 21, adoptadas no Cume da Terra en Río en 1992. A Federación EUROPARC, organización que reúne a espazos naturais protexidos de 39 países europeos, é a entidade xestora e garante da Carta.

Na actualidade, un total de 107 espazos naturais protexidos europeos están acreditados coa Carta nun total de 13 países, destes espazos, 38 son españois, dos cales dous son galegos, o Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés e o Parque Natural da Fragas do Eume.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: