Este sábado, dentro do ciclo ‘Material Memoria’ – Vigo

Visita guiada

Performance de Claudia Dias

image003

Este sábado 1 de febreiro, o MARCO presenta unha nova proposta do ciclo ‘Material Memoria’ —programa de artes escénicas e cine comisariado por Pablo Fidalgo Lareo dentro da exposición VERANEANTES—, cunha performance da coreógrafa e creadora portuguesa Claudia Dias.

 

Claudia Dias

Visita guiada

Sábado 1 de febreiro, ás 19.30

Patio 1 (planta baixa)

ENTRADA GRATUÍTA. Prazas limitadas ata completar aforo

 

 

Visita guiada ,é sen lugar a dúbidas, o percorrido turístico máis orixinal e poético que poidas experimentar. Nesta performance en solitario, Claudia Dias traslada os espectadores, a través dunha visita guiada, a Lisboa. Coa axuda de obxectos cotiáns, narra os seus recordos persoais unidos á cidade do Taxo. Ao facelo, a coreógrafa reflexiona sobre a relación entre a historia persoal e a colectiva, entre corpo e cultura. Porque, á fin e ao cabo, non somos produto do noso contorno? E que hai dos produtos da sociedade de consumo? Podemos agora imaxinarnos a vida sen eles, ou convertéronse na nosa segunda pel?

 

Claudia Dias recibiu formación en danza clásica, se ben agora as súas pezas xiran principalmente en torno ás artes visuais. Nacida en Lisboa en 1972, empeza a súa formación en danza clásica con Maria Franco, na Academia Almadense. Entre 2003 e 2009 Claudia Dias estivo representada por RE.AL como coreógrafa. Participou no Project LAB’10, que levou á creación do seu solo One Woman Show (2003). As súas pesquisas para a obra Visita Guiada (2005) comezan en LAB’11; logo desenvólvea e preséntaa con motivo do programa “Hors-Série” no Centre Chorégraphique de Montpellier, cuxa presentación tivo lugar na Sala Estúdio Mário Viegas de Lisboa. Dende entón, tense representado en festivais de toda Europa

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: