PP noticias

PP_Salceda_deterioro_climatización_Casa_Cultural

O PP DE SALCEDA ALERTA DA SITUACIÓN DE DETERIORO QUE PRESENTA A CASA DA CULTURA

Salceda de Caselas, 30 de xaneiro de 2014.- O Partido Popular de Salceda de Caselas alerta da situación lamentable e de total abandono que presenta a Casa da Cultura, antigo edificio do Concello. “Apenas hai catro anos que se inaugurou e o deterioro das instalacións así como a falla de mantemento é apreciado por calquera que nela entre”, asegura o presidente e concelleiro do PP local, Santiago Rodríguez Davila. Deficiencias que quedan de manifesto nas numerosas queixas dos propios usuarios,  sobre todo de estudantes que empregan a biblioteca en épocas de exames, duplicándose o número de persoas que acoden a estas instalacións. “O frío, as humidades, o ruído, os cortes de corrente e un acceso non acondicionado como tal son os principais problemas que padecen a diario todos os veciños que se achegan a Casa da Cultura”, subliña Rodríguez Davila.

 

A calefacción xera problemas dende a súa apertura, no ano 2010, “e dende a última reparación, fai dous meses, simplemente deixou de funcionar e na planta baixa padécese un frío terrible, incompatible co traballo ou estudo”, sinala o concelleiro popular. As humidades tamén están presentes no edificio, “e é que cando chove con intensidade entra auga a través dos marcos das ventás e das portas que son de madeira coa conseguinte formación de charcos e inundacións no parqué, o cal se atopa levantado e podrecido en numerosas partes”. O ruído é outro dos grandes problemas, “é incomprensible como unha biblioteca moderna non se acondicionou de xeito que se diferenciasen diferentes estancias, illando a zona de estudo daquela onde se sitúa o mostrador de atención ao público e das salas de reunión”, unha deficiencia que dende o PP sosteñen que “se solucionaría coa colocación dunha simple porta de cristal na zona que separa a entrada e baños da sala onde se atopa o arquivo bibliográfico, o que supón á súa vez dar resposta unha vella demanda dos usuarios da biblioteca”. Por outra parte, os cortes de corrente tamén se producen de xeito continuo, afectando aos portátiles e outros aparellos electrónicos dos usuarios, así como á conexión wifi que falla a miúdo. Por último, outra das deficiencias preséntase no camiño de acceso lateral, “que é un auténtico estercoleiro durante o inverno e un mexadoiro público no verán, ademais do perigo que supón para os rapaces que xogan na praza o feito de ter acceso directo aos cadros eléctricos alí localizados”.

 

Ante esta situación, o Partido Popular de Salceda solicita unha actuación inmediata por parte dos dirixentes municipais para poñer fin a todos estes problemas, que se agravan moito máis tendo en conta que a obra de acondicionamento do edificio non ten nin catro anos, “cando son eles  os que criticaban e critican o estado doutras infraestruturas que datan de máis de 15 anos atrás”, conclúe Rodríguez Davila.

 A COMISIÓN DE ESTUDO SOBRE A SEGURIDADE VIARIA APROBA O SEU PLAN DE TRABALLO, NO QUE O GRUPO POPULAR ACEPTOU A PRÁCTICA TOTALIDADE DAS PROPOSTAS REALIZADAS POLA OPOSICIÓN

 O portavoz popular, Alejandro Gómez Alonso,  lamentou a abstención do BNG a este Plan de Traballo, logo de que quixera “mesturar o obxectivo desta comisión co accidente ferroviario de Angrois”

Santiago, 30 de xaneiro de 2014.- A Comisión non permanente de estudo sobre a seguridade viaria de Galicia aprobou esta mañá, coa única abstención do BNG, o Plan de Traballo que desenvolverá nos vindeiros meses, no que se inclúe a comparecencia de representantes do Goberno central, da Xunta de Galicia, dos concellos galegos, das empresas concesionarias de autoestradas, investigadores, das entidades formativas ou das empresas aseguradoras.

O portavoz do Grupo Popular nesta comisión de estudo, Alejandro Gómez Alonso, amosou a súa satisfacción “polo acordo a que chegamos para aprobar con amplo respaldo este plan de traballo, unha vez que desde o PP aceptamos a práctica totalidade das propostas feitas polos grupos da oposición, tanto a nivel de solicitude de documentación como de presenza de comparecentes”.

Neste sentido, Gómez Alonso lamentou que desde o BNG “se quixera mesturar o obxectivo co que naceu esta comisión, que non é outro que actualizar as políticas de seguridade viaria vixentes na actualidade, co lamentable accidente ferroviario de Angrois, que xa está a ser investigado tanto xudicialmente, como a nivel político e administrativo.

El Grupo Popular propone la implantación de la “factura fiscal”, para que los vigueses puedan agrupar todos sus impuestos municipales y pagarlos en plazos mensuales sin intereses

 

  • El concejal del PP, Miguel Fidalgo, explica que “es un plan personalizado para cada ciudadano o empresa y que permite abonar los impuestos en mensualidades sin que se le aplique ningún tipo de recargo, al contrario de lo que se hace ahora en el Concello”.
  • “Los pagos se efectúan como si se tratase de una entrega a cuenta, o un anticipo y evita que en un determinado mes se tenga que afrontar un único abono muy elevado”, recalca Fidalgo.
  • El edil del Partido Popular subraya que “es una buena medida para el ciudadano, que puede fraccionar sus pagos, y también para el Concello, que dispondría de cantidades entregadas a cuenta a lo largo del año”.
  • El Grupo Popular evidencia que la Diputación de Pontevedra ya ha aprobado este sistema y anuncia que reclamará su puesta en marcha en Vigo, “pensando en las necesidades de los ciudadanos, porque la política fiscal es una de las políticas sociales más importantes en tiempos de crisis”, señala Miguel Fidalgo.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: