A SINISTRALIDADE LABORAL BAIXOU UN 5,41% EN GALICIA EN 2013 E PRETO DO 98% DO TOTAL DE ACCIDENTES FORON LEVES

  • A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja, ofreceu hoxe nunha rolda de prensa os datos de sinistralidade do pasado ano
  • Por provincias, a minoración dos accidentes de traballo totais en 2013 maniféstanse na  provincia de Pontevedra, seguida da Coruña e Lugo e prodúcese un incremento en Ourense cun 3,11%
  • Doutra banda, Adela Quinzá-Torroja, aproveitou para afondar no plan de actividades para o ano 2014, presentado onte no Consello da Xunta
  • O Plan contén 65  actuacións que se estruturan en distintas fichas coa descrición, os obxectivos e as medidas que se agrupan en 6 eixos ou epígrafes xenéricos

Santiago, 31 de xaneiro de 2014.- En Galicia no ano 2013 foron notificados un total de 22.377 accidentes de traballo con baixa en xornada laboral, 1.280 menos que no 2012 o que supón unha redución dun 5,41%. Deles 21.912  foron  leves, 418 graves e 47 mortais.

Respecto dos accidentes “in itinere” (os ocorridos durante os desprazamentos ao ir ou voltar do traballo) no 2013 producíronse 2.821, 64 menos que no 2012 o que supón unha minoración dun 2,22%.

A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja, ofreceu hoxe nunha rolda de prensa os datos de sinistralidade do pasado ano. Os leves representan o 97,92% do total e contan cunha maior incidencia no sector servizos; os graves son o 1,87% e se centran no sector servizos, na industria e na agricultura. Por último, en 2013 houbo 47 accidentes mortais na xornada laboral, o 0,21% do total, e tres in itinere.

Por provincias, a minoración dos accidentes de traballo totais en 2013 maniféstanse na  provincia de Pontevedra, seguida da Coruña e Lugo e prodúcese un incremento en Ourense cun 3,11%. En concreto, en Pontevedra descende o 8,55 %, na Coruña o 5,54%, en Lugo o 2,59 %.

A tendencia á baixa maniféstase en todos os sectores, agás no sector da agricultura.  En concreto, comparando 2013 co 2012, e de maior a menor descenso, o sector da construción baixa un 26,17%, na industria o 4,06%, na pesca o 3,24% e nos servizos o 0,66%. Na agricultura ascende un 7,82%.

En canto ás enfermidades profesionais, no 2013 comunicáronse 521 partes que causaron baixa, un 11,84% menos que no ano anterior.

Plan de actividades 2014

Doutra banda, Adela Quinzá-Torroja, aproveitou para afondar no plan de actividades para o ano 2014, presentado onte no Consello da Xunta e aprobado na Comisión de Goberno do ISSGA, por unanimidade entre patronal e sindicatos. Trátase dun plan integral no que se abordan accións nas distintas disciplinas preventivas, de seguridade no traballo, hixiene industrial, ergonomía e psicosocioloxía aplicada e medicina do traballo, e que se destina a os distintos sectores de actividade e especialmente ás pequenas e medianas empresas.

O Plan contén 65 actuacións que se estruturan en distintas fichas coa descrición, os obxectivos e as medidas que se agrupan en 6 eixos ou epígrafes xenéricos: procesos de mellora, Observatorio galego de condicións de traballo, investigación da sinistralidade, accións de colaboración e asesoramento técnico, plans e programas de redución e formación, difusión e sensibilización.

No plan contémplanse diversas actuacións novidosas, tales como o desenvolvemento dunha avaliación de riscos tipo para buques de pesca de baixura. No marco de colaboración establecido no sector da pesca polos catro institutos de seguridade e saúde laboral de Asturias, Cantabria, Pais Vasco e Galicia, durante o 2014, elaborarase conxuntamente un modelo de avaliación global dos riscos, para facilitar o asesoramento preventivo a un sector de tanta dificultade polo alto risco e gran incidencia na sinistralidade.

 

Así mesmo, incluirase un estudo ergonómico no sector das conservas de peixe. Este sector, estratéxico para Galicia, xera o 3% do PIB e emprega a case 12.000 persoas, das que  preto do 80% son mulleres. Tendo en conta esta feminización, e que a idade media rolda os 50 anos, conclúese que se trata dun colectivo especialmente exposto ao risco de aparición de trastornos músculo esqueléticos, que se poden ver agravados polas condicións de temperatura e humidade nas que se desenvolven parte das tarefas.

 

Tamén destaca entre as novidades a redución dos riscos psicosociais, tratando de sensibilizar sobre os riscos psicosociais e a súa prevención; abordarase en colaboración con profesionais da psicoloxía mediante xornadas técnicas e materiais divulgativos.

 

Outras novidades son a publicación de fichas de investigación de accidentes laborais e de enfermidades profesionais; a promoción da saúde no lugar de traballo; a elaboración de materiais didácticos de prevención para o sector primario e os autónomos; e o asesoramento no manexo de maquinaria agrícola.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: