A XUNTA INVESTIU 27 MILLÓNS DE EUROS NA REHABILITACIÓN DO CASCO VELLO DE VIGO E DEDICARÁ 3,6 MILLÓNS MÁIS PARA A FACHADA DO BERBÉS

  • O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), organismo que lidera a rehabilitación da zona histórica da cidade, está participado nun 90% pola Xunta de Galicia e no 10% restante polo Concello de Vigo.
  • A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, critica a “desfachatez” da tenente de alcalde de Vigo, Carmela Silva, por querer enganar aos cidadáns coa implicación da Xunta no proceso de recuperación do barrio histórico.
  • As partidas para a recuperación da fachada do Berbés por parte da Xunta, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), están aseguradas, coma ben coñecen todos os membros do Consello de Administración do CCVV.

Vigo, 31 de xaneiro de 2014.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, leva investidos na rehabilitación do Casco Vello de Vigo un total de 27 millóns de euros e, coma así se aprobou o pasado 7 de agosto de 2013, dedicará 3,6 millóns de euros máis para a fachada do Berbés.

O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), organismo que lidera o proceso de recuperación da zona histórica de Vigo, está participado nun 90% pola Xunta de Galicia e no 10% restante polo Concello de Vigo. Dende a súa creación no ano 2005, que firmou o agora presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na súa anterior etapa coma conselleiro de Política Territorial, se dedicaron un total de 30 millóns de euros, dos que 27 millóns procederon da Administración autonómica. A aportación do Concello de Vigo foi de 3 millóns de euros.

A maiores, e tras o acordo ao que chegou o Consello de Administración do CCVV o pasado 7 de agosto de 2013 polo que, por primeira vez na historia do Consorcio, se aprobaba un Plan de Actuación para a etapa 2013-2017, a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), destinará 3,6 millóns de euros máis para a recuperación da fachada do Berbés. A aportación do goberno local vigués, coma ente consorciado, será de 400.000 euros.

A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo, María José Bravo Bosch, deixou moi claro hoxe que “a Xunta aposta pola recuperación da zona histórica da cidade” criticando a “desfachatez” da tenente de alcalde do Concello de Vigo, Carmela Silva, por querer enganar aos cidadáns coa implicación do Goberno galego no proceso de recuperación do Casco Vello vigués. “Carmela Silva dixo no ano 2011 que ía incluír unha partida dun millón de euros para a fachada do Berbés nos orzamentos municipais do ano 2012. Pero a súa ineficacia levouna a non facer nada, e tivo que ser o Consorcio, a petición dos veciños e veciñas da zona, o que impulsara a recuperación do entorno coa nova implicación do IGVS, que está asegurada”, dixo Bravo Bosch, lembrando que o CCVV xa é propietario dos tres primeiros edificios da Praza do Berbés, concretamente dos números 11, 13 e 15. “A Xunta aporta 3,6 millóns de euros máis para este concepto coma así está aprobado polo Consello de Administración do Consorcio, e as partidas por parte do IGVS están aseguradas dentro de partidas xenéricas, coma xa dixemos noutras ocasións”, explicou a delegada. E coma ben coñecen todos os membros do Consello de Administración do CCVV.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: