O DOG PUBLICA A APROBACIÓN DO PLAN DE CONSERVACIÓN DA PÍLLARA DAS DUNAS EN GALICIA PARA GARANTIR A SUPERVIVENCIA DESTA ESPECIE CONSIDERADA VULNERABLE

  • A píllara das dunas constitúe unha especie sensible fronte a acontecementos demográficos e medioambientais, debido ao tamaño actual da poboación galega e á concentración dos exemplares nun número reducido de localidades
  • En España sitúase maioritariamente na costa mediterránea e en Andalucía, mentres que a poboación da costa cántabro-atlántica do norte é exigua e unicamente atópase en Galicia

 clip_image002 clip_image0022 (2)

Santiago, 31 de xaneiro de 2014.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o Plan de conservación da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus L.) na comunidade autónoma , un documento que ten como finalidade principal garantir a supervivencia desta especie declarada como vulnerable. Este Plan é de aplicación en todos aqueles lugares de Galicia considerados como imprescindibles para a conservación e recuperación desta ave.

 

O decreto actualiza e complementa a normativa en vigor en coherencia coa necesidade de aplicar medidas de protección e xestión da píllara das dunas para reducir os factores que supoñen unha ameaza para a conservación das súas poboacións en Galicia. A aprobación deste Plan executivo vincula tanto aos particulares como ás administracións competentes, debendo as mesmas tomar en consideración as directrices e actuacións contidas neste Decreto.

 

O proxecto de decreto foi sometido a un intenso proceso de participación pública, celebrándose diversas mesas nas que se explicaron, por sectores sociais e nos respectivos ámbitos provinciais, os contidos do plan e se recolleron as contribucións dos colectivos implicados polas medidas de conservación previstas.

 

A vixencia do Plan será indefinida ata acadar os obxectivos propostos. Coa finalidade de adaptar o Plan a posibles novos condicionantes, avaliaranse os seus resultados cada 6 anos, realizando a correspondente modificación no caso de que se requira o reaxuste das medidas de conservación.

 

Este animal é unha ave limícola de pequeno tamaño (150-175 mm de lonxitude) e constitúe unha especie vulnerable fronte a acontecementos demográficos e medioambientais, debido ao tamaño actual da poboación galega e á concentración dos exemplares nun número reducido de localidades.

 

Área de distribución potencial

En España sitúase maioritariamente na costa mediterránea e en Andalucía, mentres que a poboación da costa cántabro-atlántica do norte é exigua e unicamente atópase en Galicia. Concretamente, a área de distribución potencial da píllara das dunas sitúase fundamentalmente en dúas zonas:

 

  • No período reprodutivo (entre marzo e agosto): en praias non urbanizadas e provistas de cordón dunar ou supramareal con vexetación máis ou menos dispersa.
  • No período invernal (entre setembro e febreiro): a súa distribución é máis ampla, ocupando ademais zonas do intermareal fango-areoso e praias urbanas.

 

A área de presenza está constituída por 33 areais costeiros que xa están incluídos en espazos da actual rede Natura 2000, e outras 12 praias fóra  dela. As praias onde a presenza de exemplares desta especie foi regular durante os últimos cinco anos son as:

 

ü  Provincia da Coruña: A Concha, Vilarrube, Pantín, Frouxeira, San Xurxo, Doniños, Baldaio, Ponteceso, Traba, Nemiña, Rostro, Carnota, Lariño, Louro, Testal, Aguieira, Queiruga, Sieira, Xuño-Basoñas, Espiñeirido, Balieiros, Corrubedo, Couso, Aguiño, Castro, Coroso, A Corna, Barraña, Carregueiros, Sálvora.

 

ü  Provincia de Lugo: Altar, Pampillosa e A Rapadoira.

 

ü  Provincia de Pontevedra: Guidoiro-Areoso, Illa de Arousa, Mexilloeira, O Bao, A Lanzada, Area Brava, Barra, Nerga, Praia de Rodas, Praia de San Martiño, Praia América e Camposancos.

 

 

Normas de protección

En todos aqueles territorios de Galicia bos que se aplique a zonificación da Píllara das dunas seranlle de aplicación, con carácter xeral, varias normas:

 

Normas xerais No Plan de Ordenación do Litoral de Galicia, os proxectos de ordenación e restauración ambiental ou paisaxística fanse conforme as normas e respectarán os requirimentos ecolóxicos e a conservación do seu hábitat.

 

Tanto os proxectos comprendidos no ámbito de aplicación da Lei de avaliación de impacto ambiental, como os plans e programas do ámbito de aplicación cando poidan afectar ao seu hábitat, deberán avaliar os seus efectos sobre esta especie e garantir a conservación da poboación.

 

Antes da autorización de algunhas actividades, deberá avaliarse o seu posible impacto:

  • Novo trazado ou modificación de estradas, pistas ou sendas que poidan afectar ó seu hábitat.
  • Os instrumentos de planificación territorial e urbanística así como calquera modificación dos mesmos con efectos ambientais.
Normas específicas para á area de presenza

 

1. Nas zonas de presenza en período reprodutivo da rede galega de Espazos Naturais adoptaranse medidas de xestión específicas respecto o tránsito e acceso aos respectivos frontes de praia.

 

2. En período reprodutivo non se permite a presenza de animais libres, nin domésticos, nin salvaxes en catividade, e as persoas con animais atados serán responsables de que non produzan molestias.

 

3. O tránsito con cabalos e a práctica do Kite-Buggy están prohibidos, salvo autorización específica .

 

4. A autorización das administracións competentes en actividades deportivas, culturais e turísticas que supoñan aglomeracións non habituais na praia, deben de avaliar a interacción coa especie.

 

5. Nas zonas de presenza pertencentes á rede galega de Espazos Naturais, con carácter xeral, non se permite, aeromodelismo, ala delta con motor e actividades similares en todo o ciclo anual.

 

6. Para a práctica do Kite-surf deberanse respectar as limitacións e as canles establecidas en cada areal para montar as cometas, e para a entrada e saída da auga. En caso necesitar salvagardar a integridade do deportista, poderase saír da auga en calquera punto da praia. Cando a saída se produza fora das zonas de tal fin e as condicións de marea impidan volver camiñado pola beira a máis de 60 metros do cordón dunar, a persoa terá que recoller a cometa e camiñar a zona delimitada.

Normas específicas para a área prioritaria de conservación 1. Nas áreas prioritarias de conservación no período reprodutor as labores de limpeza de praias faranse minimizando a incidencia sobre o ciclo vital. Establécense as directrices para minimizar esta incidencia, e que se deberán adoptar nas zonas da rede galega de Espazos Naturais.

2. En particular, a xestión do medio litoral por parte das administracións deberán ter en conta:

a. A non ocupación do ecosistema dunar en praias de cría coa     construción de paseos, estradas, pistas, aparcadoiros u outros análogos.

b. A regulación do tránsito limitado e a pé de persoas e animais domésticos polo cordón dunar de xeito que, con carácter xeral, o tránsito quede limitado a corredores definidos de acceso.

Programa de actuacións para a conservación da especie A cada medida e actuación proposta asígnaselle un nivel de prioridade e un prazo de execución segundo un calendario determinado. A realización de ditas medidas corresponderá a Consellería competente en materia de conservación da natureza, dentro do seu ámbito de competencias.

 

Para o adecuado desenvolvemento das actuacións previstas no Plan, así como para a consecución da súa finalidade global, a Xunta de Galicia, garantirá a dotación dos medios humanos e materiais suficientes, así como dos créditos necesarios no presuposto anual da

Consellería, sen prexuízo da colaboración doutras entidades públicas e/ou privadas, que poidan amosar un interese lexítimo e prioritario na conservación da especie

 

Ameazas e medidas de protección

Cabe sinalar que as principais ameazas para a especie son a destrución e alteración do hábitat; as perturbacións humanas; a predación por especies, ademais da contaminación, a subida do nivel do mar e as consecuencias xenéticas e xeográficas do pequeno tamaño poboacional.

 

As consecuencias da catalogación deste paxaro como vulnerable son, entre outras, a  prohibición, salvo autorización expresa, de calquera actuación feita co propósito de darlle morte, capturala, perseguila ou molestala intencionadamente; posuír, transportar, vender ou expoñer para a venda, importar ou exportar exemplares silvestres, vivos ou mortos, así como os seus restos, o intercambio e a oferta con fins de intercambio de espécimes recollidos na natureza.

 

Así mesmo, non se pode disecar, agás con fins científicos ou educativos autorizados expresamente, e existe a posibilidade de restrinxir temporalmente o acceso ao tránsito de visitantes en períodos e lugares considerados críticos para a súa supervivencia.

 

A Xunta de Galicia aprobou en maio do pasado ano os Plans de recuperación do sapoconcho (Emys orbicularis L.) e da subespecie lusitánica da escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica Steinbacher), co que xunto co aprobado hoxe serían tres os plans de xestión de especies ameazadas aprobados nos últimos meses, despois dun período de máis de 20 anos desde que se aprobara o único plan de conservación dunha especie ameazada vixente ata a data en Galicia (o plan de recuperación do oso pardo, aprobado en 1992).

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: