Archive | febrero 3, 2014

Concello de Vigo

 

O Concello adicou máis de 14 millóns a políticas de benestar o ano 2013

Abel Caballero afirmou hoxe luns que as políticas sociais seguirán a ser prioritarias no orzamento 2014 que se está a elaborar. Así o indicou en rolda de prensa logo de repasar os investimentos sociais de 2013, cun importe que superou os 14 millóns de euros.

 

O Concello mellora a seguridade en Clara Campoamor cun semáforo no acceso ao Parque Tecnolóxico

O alcalde informou da posta en funcionamento hoxe luns dun novo semáforo na Avenida Clara Campoamor, en sentido descendente, antes da rotonda de acceso ao Parque Tecnolóxico de Valladares. Caballero recordou que o Concello instalou varios semáforos máis e ultima a posta en marcha de dous novos na Avenida de Castelao.

 


Vigo acollerá en maio o segundo Encontro Internacional de Danza Urbana

Abel Caballero avanzou que no próximo mes de maio figuras de recoñecido prestixio da danza urbana internacional se darán cita en Vigo no marco do Segundo Encontro Internacial desta modalidade artística. Os organizadores xa están a traballar na posta en marcha dun “gran evento” que concitará o interese de bailaríns de todo o mundo.

 


BARRIOS ESPAZOS DE VIDA: A experiencia de Coia

No seu afán de converterse nun centro de referencia, formación e información da cidade, a Biblioteca Xosé Neira Vilas exporá nas súas instalacións unha mostra ao redor do patrimonio de Vigo. Partindo do exemplo de Coia verase como cambia un barrio ao longo da historia. Esta actividade compleméntase cunha serie de conferencias e unha actividade para público infantil. Do 3 de febreiro ao 1 de marzo

EL CONCELLO DE PORRIÑO PREPARA EL “TRIÁNGULO DE EMPLEO”

Porriño_acción_empleo (3)

El alcalde Nelson Santos explica que se trata de un programa de conferencias y coloquios abiertos a la participación del público en el que técnicos especializados y responsables de empresas expondrán multitud de temas relacionados con el empleo y la formación en el tiempo actual como la internacionalización, la figura del emprendedor, el perfil más buscado y el papel de las administraciones públicas en cuanto a la concesión de ayudas y subvenciones 

Porremprego trabaja ya en estas jornadas que se desarrollarán en el Multicentro de Torneiros los martes y jueves de marzo, abril y mayo y que van dirigidas tanto a personas desempleadas, como a estudiantes y trabajadores en activo 
web www.concellodoporrino.net

A XUNTA CONVOCA A NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA LINGUA DE NAMORAR PARA FOMENTAR O USO DO GALEGO ENTRE OS MOZOS E MOZAS

  • O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentaron hoxe esta iniciativa
  • Este concurso en liña de mensaxes de amor está dirixido á mocidade de entre 14 e 35 anos
  • A data límite para participar é o 23 de febreiro
  • Para elixir aos gañadores valorarase a elaboración da proposta, a súa orixinalidade e a calidade da lingua empregada Leer Más…

Charla: “A Coia tradicional, dende as súas orixes ata o século XX”

a1 (1)

Co mes de febreiro comezaron as actividades que levan por título: BARRIOS, ESPAZOS DE VIDA. A EXPERIENCIA DE COIA.

Na biblioteca Xosé Neira Vilas xa podedes ver a exposición sobre Coia durante todo o mes.

Ademais mañá martes comeza o ciclo de charla coa que leva por título:

– “A Coia tradicional, dende as súas orixes ata o século XX” a cargo de Eduardo Rodríguez. Martes 4 de febreiro ás 19h30.

Coia non foi sempre un barrio ateigado de rúas e edificios: ata hai poucas décadas era unha das tantas parroquias rurais que existían no Val do Fragoso. Se retrocedemos aínda máis na Historia, descubrimos as pegadas das xentes que habitaron a Coia tradicional. Nalgúns casos os ecos desas vellas sociedades subsistiron en forma de restos arqueolóxicos.

A XUNTA PAVIMENTOU O ACCESO E PATIO DO CEIP O POMBAL, O QUE ELEVA A MÁIS DE 640.000 EUROS AS REFORMAS FEITAS NO CENTRO

  • 1_MG_6582
  • A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria executou unha reforma integral no centro educativo vigués cunha actuación que pasou pola ampliación do comedor escolar e a mellora e redistribución dos espazos.
  • Nos últimos meses executouse a pavimentación do acceso e do patio do centro coa colocación dun empedrado prefabricado que supuxo un investimento de 58.000 euros ademais de dotar á biblioteca de maior material.
  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, comprobou esta mañá a finalización dos traballos.

Vigo, 03 de febreiro de 2014.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de rematar os traballos de pavimentación do acceso ao centro e do patio do CEIP O Pombal de Vigo, o que eleva a máis de 640.000 euros o investimento executado para a reforma integral e ampliación do centro educativo.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá o centro para comprobar in situ a finalización dos traballos de pavimentación que se acometeron durante os últimos meses cun investimento de case 58.000 euros. Estas obras consistiron na preparación da superficie a pavimentar –viais interiores de acceso ao centro e patio- aloxando as tubarias necesarias e a colocación dun empedrado prefabricado.

 

Bravo Bosch, que estivo acompañada pola directora do colexio e o xefe territorial de Educación, lembrou que esta execución ven a sumarse aos traballos integrais realizados con anterioridade no CEIP e que consistiron nunha habilitación de espazos que, ademais da realización dunha nova cuberta e a ampliación do comedor, supuxo a creación de catro novas aulas no andar superior.

Deste xeito, e como resultado da reforma, o CEIP conta agora con oito aulas habilitadas na planta segunda, xunto ás cinco xa existentes na planta primeira, para dar resposta ás necesidades educativas dos máis de trescentos estudantes. Das catro novas aulas, unha delas destínase a impartir clases de primeiro ciclo, outra a aula de música e psicomotricidade, e as dúas restantes son aulas para desdobres. Así mesmo a reforma serviu para mellorar a accesibilidade do colexio.
A obra de ampliación do comedor permitiu que este pasara a ter na actualidade 118 m2 fronte aos 33 m2 anteriores, dando servizo a máis de cen comensais. Unha actuación coa que se deu resposta ás necesidades da comunidade educativa. Esta obra, xunto ás melloras realizadas nos comedores dos CEIP Friáns- Teis, Otero Pedraio e Balaídos, e as dos IES Illas Cíes e Pintor Laxeiro, supuxo un investimento total de 1,5 millóns de euros enmarcados no compromiso do departamento educativo da Xunta de Galicia de ampliar o número de comensais que podan facer uso do servizo complementario de comedor escolar.

 

Cómpre salientar ademais o investimento de preto de 32.000 euros que a Consellería ten realizado para a implantación de diferentes programas educativos en prol da mellora da calidade educativa neste colexio. Neste sentido cabe lembrar que este centro participou o pasado curso en dúas das liñas de actuación dos contratos-programa, en concreto nas de reforzo, orientación e apoio e de mellora da lectura, da escritura e do cálculo.

 

Mais material para a Biblioteca

O CEIP O Pombal conta tamén cunha aula dixital e está integrado no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares desde o primeiro curso de funcionamento do mesmo. Neste ámbito, hai que lembrar que a Xunta ven de dotar á biblioteca de maior material, en concreto: 2 mesas de lectura, 5 andeis e 1 armario.

 

 

 

PP noticias.

 PEDRO PUY AVOGA POR “REFORMAR ENTRE TODOS AS NORMAS DE FUNCIONAMENTO PARA MINIMIZAR AS ACTUACIÓNS Á MARXE DA LEI OU NON CORRECTAS DESDE O PUNTO DE VISTA DA ÉTICA PÚBLICA”

 O portavoz do Grupo Popular asegurou que “en ningún momento dimos por pechada” a reforma da Lei Electoral e indicou que a tramitación parlamentaria pode dar  lugar a modificacións

  • Nunha entrevista na Cadena SER, destacou que o Goberno ten solicitada unha comparecencia urxente no Parlamento para dar explicacións públicas sobre o proceso realizado do Sergas que o TSXG mandou repetir.
  • O GRUPO POPULAR PROPORÁ O DEBATE DAS PROPOSICIÓNS DE LEI DE REFORMA DA LEI ELECTORAL E DO CONSELLO CONSULTIVO NO VINDEIRO PLENO

     O portavoz Pedro Puy avanzou a posibilidade de aceptar modificacións ao texto “sempre que conleve un consenso máis amplo”

    • ·        Respecto á decisión da deputada Carmen Iglesias de incorporarse ao Grupo Mixto, Puy dixo que “non é bo que problemas internos dunha forza política que viña á Cámara cuha forma de facer política distinta, remate nunha liorta excesivamente tradicional”.

El correo electrónico del PP recoge más de una veintena de quejas de vigueses en tres días y se compromete a tramitar todas ante el gobierno municipal

  • Residentes del centro, Coia o Beade, hacen llegar a la dirección hayunproblemaenmicalle@ppdevigo.com las primeras sugerencias que, según la concejala del Grupo Popular, Teresa Egerique, “son pequeñas cuestiones, pero no por ello menos importantes”.
  • “Cada diez o quince días se le remitirán a los concejales responsables de cada área del gobierno los escritos que se reciban. Nuestra intención es dar voz a aquellos vigueses a los que el gobierno municipal no escucha”, afirma Egerique.
  • El Partido Popular insiste en que el plan de inversiones aprobado en el pleno no es suficiente. “Hay un Vigo de segunda que permanece invisible tras las obras de humanizaciones de la ciudad”, incide la edil del PP.
  • “Son pequeños arreglos que no suponen una gran inversión, pero que sí son importantes para los vigueses que residen en esas zonas”, afirma Teresa Egerique.
  • LA DELEGACIÓN DE VIGO EN LA CONVENCIÓN DEL PP EN VALLADOLID FELICITÓ A FEIJÓO POR LA GESTIÓN DE LA XUNTA EN EL NAVAL Y POR LOS CONTRATOS DE PEMEX

    • El presidente del Partido Popular de Vigo, José Manuel Figueroa, mantuvo reuniones con portavoces del Gobierno central, de la Xunta, y con el alcalde de Ferrol.

    • Vigo estuvo presente en el Congreso de Valladolid con una veintena de delegados.
    • La situación de sectores estratégicos para Vigo como el Naval, la automoción o la piedra centraron algunas de las conversaciones entre la delegación gallega del Partido Popular.
    Vigo,  2 de febrero. Los cerca de 20 delegados del Partido Popular de Vigo en la convención de Valladolid, encabezados por el presidente local, José Manuel Figueroa, y por el secretario general, Miguel Fidalgo, mantuvieron varias reuniones de trabajo con portavoces de la Xunta de Galicia y del Gobierno central para analizar cuestiones relativas a la ciudad. En ellas se abordaron distintos proyectos de actualidad entre los que destacó la reciente firma del contrato para el Naval gallego con la petrolera mexicana Pemex, conversación en la que también participó el alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela.
    Los portavoces populares de Vigo aprovecharon la ocasión para felicitar y poner en valor el trabajo desarrollado desde la Xunta de Galicia, y muy especialmente el de su presidente, Alberto Núñez Feijoo, durante todo el proceso de negociación. También se abordó la decisiva implicación de la Xunta en la consecución de nuevos modelos para la fábrica viguesa de PSAPeugeot Citröen, así como el esfuerzo inversor del gobierno autonómico en infraestructuras claves para la ciudad, tales como la nueva macro depuradora del Lagares, el necesario hospital público de Vigo, o la esperada llegada del AVE a la ciudad.
    La delegación viguesa mantuvo en este sentido diversos encuentros informales con la ministra de Fomento, Ana Pastor, en los que se habló de la buena marcha de las obras tanto en la estación del ferrocarril como en la ampliación del aeropuerto de Peinador.
    El presidente del Partido Popular de Vigo, José Manuel Figueroa, recordó que los proyectos en marcha en Vigo impulsados desde las administraciones del PP superan los 1.000 millones de euros de inversión. En su opinión, “todos ellos serán decisivos para que Vigo afronte con mayores garantías y mejores expectativas la salida de la crisis”.  También calificó el desarrollo de la convención popular en Valladolid como muy positiva para evaluar la marcha de las acciones de gobierno tanto a nivel del Estado como en Galicia. Aludió a la importancia de la próxima cita electoral de mayo, en la que los ciudadanos decidirán a sus futuros representantes en Europa. Y agradeció muy especialmente la nutrida representación de Vigo presente en esta cita nacional del PP.

GALICIA REXISTROU EN 2013 UN TOTAL DE 146 ADOPCIÓNS, DAS QUE 89 FORON DE CARÁCTER INTERNACIONAL

  • A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, ofreceu hoxe en rolda de prensa o balance dos datos do exercicio pasado
  • Os países dos que procederon a maior parte dos nenos e nenas foron Etiopía, China, Colombia e Vietnam
  • A responsable autonómica presentou tamén a Guía de entidades colaboradoras de adopción internacional (ECAI), que se edita por primeira vez na comunidade autónoma
  • O obxectivo do documento é achegar aos interesados as características e modos de traballar destas entidades, así como coñecer os seus dereitos e deberes

 

Santiago, 1 de febreiro de 2014.- Galicia rexistrou durante 2013 un total de 146 adopcións de menores. Deste total, 89 foron de carácter internacional –chegados de 17 países distintos- e  57 producíronse dentro do ámbito nacional.

 

Así o salientou hoxe a directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, durante unha rolda de prensa na que fixo balance dos datos do exercicio anterior. En canto ás solicitudes, indicou que en 2013 presentáronse 217 en adopción nacional e 165 en internacional. Con todo, precisou que hai que ter en conta que o proceso de adopción non se resolve, en xeral, no mesmo ano no que se presenta a solicitude, polo que as resolucións producidas este ano veñen de expedientes de anos anteriores.

 

No que se refire á distribución de provincias, as 57 adopcións nacionais repartíronse do seguinte xeito: 23 en Pontevedra, 16 na Coruña, 10 en Lugo e 8 en Ourense.  Pola súa banda, das 89 asignacións internacionais, 50 foron na Coruña, 27 en Pontevedra, 9 en Ourense e 3 en Lugo.

 

Por países, a maior parte dos nenos asignados en 2013 proceden, por esta orde, de Etiopía, China, Colombia e Vietnam. Tamén se produciron adopcións en: Brasil, Bulgaria, Burundi, Costa de Marfil, Filipinas, Hungría, Kazakhstan, México, Panamá, Perú, Polonia, Rusia e Ucraína.

 

Guía de Ecais

Ademais, a responsable autonómica presentou hoxe a Guía de entidades colaboradoras de adopción internacional (ECAI), que se elabora por primeira vez na comunidade autónoma e que se publicará na web da Consellería o vindeiro luns.

 

As ECAI son entidades privadas sen ánimo de lucro habilitadas polas entidades públicas para intervir en funcións de intermediación en adopción internacional. Encárganse de tramitar os expedientes das persoas solicitantes para o país ou países para os que estean habilitadas. Polo tanto, sobre elas recae gran parte da responsabilidade na información, formación, acompañamento e asesoramento das familias.

 

Polo tanto, o obxectivo desta guía é achegar ás persoas interesadas de “forma práctica e sinxela” as características e modo de traballar destas entidades e comprender cal é o seu papel: qué condicións deben cumprir, cales son as súas funcións, as súas obrigas e os seus dereitos.

 

Pero a guía non só se limita a esta información, senón que tamén explica os pasos necesarios para tramitar un expediente de adopción internacional e o papel que xogan as ECAIs.

 

Na rolda, a directora xeral explicou os grandes pasos que hai que dar para abordar unha adopción internacional. Para iniciar o expediente, os interesados deberán asistir a unha sesión informativa e participar nun curso de formación. Posteriormente, entrégaselles o impreso de solicitude para comezar ao proceso.

 

Logo da solicitude, realízase a valoración de idoneidade, que é un estudo psicolóxico e social que ten como fin determinar se os solicitantes posúen as capacidades necesarias para atender aos nenos e nenas.

 

Unha vez obtido o certificado de idoneidade, de cara á adopción internacional, hai dúas vías: a través do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (protocolo público), no que os solicitantes deben preparar toda a documentación do expediente; ou a través de ECAI, que é a que se encarga de completar o expediente, traducilo, e remitilo á persoa que a represente no país de orixe do menor para presentalo ante as autoridades competentes.

 

Cada país establece as vías de tramitación que admite, e outros exclúen expresamente algunha delas. Por exemplo, pode haber países que só permiten a tramitación a través das ECAI, mentres outros non permiten esta fórmula.

 

Apoio ás adopcións

González resaltou que esta iniciativa inscríbese na aposta da Consellería de Traballo e Benestar por reforzar e apoiar a adopción. Ao respecto, fixo fincapé en que a adopción “é un dereito dos nenos, e non dos pais, e sempre debe prevalecer o interese superior do menor”.

 

Entre outras actuacións, o Goberno galego xa aumentou a duración dos cursos de preparación para os solicitantes, e seguiranse poñendo en marcha programas de formación e apoio ás familias que se atopen en espera, ademais de establecer un servizo de asesoramento postadoptivo.

 

A comunidade autónoma conta tamén, desde 2010 co Portal de adopcións (http://adopcions.xunta.es), que xa se ten convertido nun referente informativo para as persoas que queiran adoptar e que conta tamén coas estatísticas de adopción de anos anteriores. En 2013 recibiu case 48.500 visitas.