Concello de Vigo

 

O Concello adicou máis de 14 millóns a políticas de benestar o ano 2013

Abel Caballero afirmou hoxe luns que as políticas sociais seguirán a ser prioritarias no orzamento 2014 que se está a elaborar. Así o indicou en rolda de prensa logo de repasar os investimentos sociais de 2013, cun importe que superou os 14 millóns de euros.

 

O Concello mellora a seguridade en Clara Campoamor cun semáforo no acceso ao Parque Tecnolóxico

O alcalde informou da posta en funcionamento hoxe luns dun novo semáforo na Avenida Clara Campoamor, en sentido descendente, antes da rotonda de acceso ao Parque Tecnolóxico de Valladares. Caballero recordou que o Concello instalou varios semáforos máis e ultima a posta en marcha de dous novos na Avenida de Castelao.

 


Vigo acollerá en maio o segundo Encontro Internacional de Danza Urbana

Abel Caballero avanzou que no próximo mes de maio figuras de recoñecido prestixio da danza urbana internacional se darán cita en Vigo no marco do Segundo Encontro Internacial desta modalidade artística. Os organizadores xa están a traballar na posta en marcha dun «gran evento» que concitará o interese de bailaríns de todo o mundo.

 


BARRIOS ESPAZOS DE VIDA: A experiencia de Coia

No seu afán de converterse nun centro de referencia, formación e información da cidade, a Biblioteca Xosé Neira Vilas exporá nas súas instalacións unha mostra ao redor do patrimonio de Vigo. Partindo do exemplo de Coia verase como cambia un barrio ao longo da historia. Esta actividade compleméntase cunha serie de conferencias e unha actividade para público infantil. Do 3 de febreiro ao 1 de marzo

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: