BRAVO BOSCH VISITA BENTELER AUTOMOTIVE VIGO, QUE FORMOU E INSERTOU LABORALMENTE A 10 ALUMNOS E ALUMNAS DO CIFP DE COIA

  • _MG_6961
  • A delegada territorial da Xunta en Vigo percorreu hoxe as instalacións da empresa, aberta dende o ano 2004 no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares.
  • A empresa colabora dende os últimos anos coa Consellería de Traballo e Benestar, a través do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) de Coia, ofrecendo formación práctica aos seus alumnos e alumnas.

 

Vigo, 04 de febreiro de 2014.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, realizou esta mañá unha visita ás instalacións da empresa Benteler Automotive Vigo, unha das empresas colaboradoras nos cursos formativos para persoas desempregadas que organiza a Consellería de Traballo e Benestar a través do Centro Integrado de Formación Profesional de Coia (CIFP) e que nos últimos anos formou en prácticas e insertou laboralmente ao redor de 10 alumnos e alumnas do centro educativo.

 

Bravo Bosch, acompañada polo director de Recursos Humanos da planta en Vigo, Carlos Casal, e a directora do CIFP de Coia, Ángeles Cortés, coñeceu de primeira man o traballo e e funcionamento da planta viguesa, que ten coma actividade principal a produción de eixos para coches así como de elementos que unen o chasis aos eixos. Ten coma principais clientes a PSA Peugeot Citroën, General Motors, Fiat, Ford ou Volkswagen.

 

A representante da Xunta de Galicia en Vigo fixo especial fincapé ao feito de que, nos últimos anos, a empresa acolle en prácticas aos alumnos e alumnas dos cursos formativos para persoas desempregadas que a Consellería de Traballo e Benestar desenvolve no CIFP de Coia. Así, dende que comezou a colaboración co centro formativo foron 10 estudantes os que estiveron en formación e, actualmente, un alumno do centro de Coia está a realizar as súas prácticas formativas na empresa xa que os traballadores da mesma seguen a mesma liña da formación impartida en Coia e son principalmente mecánicos industriais especializados en control numérico e mecatrónica.

 

Bravo Bosch quixo amosar así todo o apoio e colaboración da Administración autonómica ao traballo que Benteler Automotive Vigo desenvolve neste sector tan produtivo para a nosa cidade e, en particular, coa formación dos traballadores a través das políticas activas de emprego que a Xunta de Galicia leva a cabo.

 

Impulso á innovación viguesa

O apoio do Goberno galego á innovación da comarca viguesa ten un papel clave, sobre todo, a través do programa Innterconecta, que está a mobilizar na comarca 55 millóns de euros en apoio a proxectos innovadores.

 

Estas axudas concrétanse ademais no permanente respaldo aos centros tecnolóxicos e do coñecemento, que actúan como locomotoras da innovación empresarial. Hai que lembrar así o apoio da Xunta de Galicia a Aimen, con máis de 4 millóns para o seu centro de aplicacións láser; o apoio a Anfaco, con máis de 8 millóns para a construción do seu centro tecnolóxico; o respaldo ao proxecto Atlantic,  7 millóns de euros para impulsar a colaboración de Gradiant e a Universidade de Vigo; e o financiamento por parte da Xunta do centro para investigar coches intelixentes do CTAG, un proxecto que supuxo 10 millóns de euros de investimento.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: