Concello de Vigo

 

O Concello de Vigo ampliará o servizo de teleasistencia grazas á baixa do contrato de adxudicación

Abel Caballero avanzou hoxe martes que o Concello prestará o servizo de teleasistencia a 89 maiores máis que ata o de agora grazas á baixa de prezo acadada na adxudicación do contrato. Así o explicou o rexedor, cando se cumpre un ano desde que a Deputación deixara «tirados» aos usuarios desta prestación social para maiores.

 

O Concello realiza un novo pago para o MARCO, ao que aporta 605.000 euros anuais

Abel Caballero informou este martes do pagamento de 151.000 euros ao Museo de Arte Contemporáneo de Vigo, o último correspondente ao 2013 dos 605.000 euros que cada ano achega o Concello ao Padroado do MARCO. O goberno local sustenta «na súa práctica totalidade» este recinto cultural.

 


O rexedor reitera o «apoio» do Goberno local aos ex traballadores de Alfageme

Abel Caballero transmitiulle aos ex traballadores de Alfageme o apoio do Goberno local, tal e como quedara de manifesto no manifesto que asinaran todos os grupos políticos nun Pleno municipal. Esta mañá mantivo un encontro cun grupo de afectados que lle trasladaron a súa preocupación porque se enaxene o patrimonio da empresa e que eles non reciban todo o que se lles adeuda.

 


O goberno local estudará crear un Instituto Municipal de Mediación

Tras unha reunión co decano co Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industrais, impulsores da iniciativa, o alcalde de Vigo indicou que a proposta de crear un Instituto Municipal de Mediación lle parece «razonable» e será estudiado o encaixe competencial cos servizos xurídicos.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: