O PLAN DE FORMACIÓN DE XUVENTUDE CHEGARÁ ESTE ANO A 20.000 MOZOS GALEGOS A TRAVÉS DE 67 CURSOS

  • A iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar inclúe a impartición de 3.000 horas de formación en educación non formal e voluntariado
  • A temática das accións formativas varían desde o fomento do tecido asociativo ata linguaxe de signos ou acompañamento a vítimas de violencia de xénero
  • Os cursos serán presenciais, semipresenciais e a distancia co obxectivo de que todos os mozos e mozas poidan ter acceso a eles pese ás barreiras xeográficas, de traballo ou de conciliación familiar

Santiago, 4 de febreiro de 2014.- O Plan de Formación de Xuventude da Consellería de Traballo e Benestar ofertará este ano aos mozos e mozas galegos un total de 20.000 prazas a través de 67 cursos de diferentes temáticas divididos en dous eidos: xuventude e educación non formal e voluntariado. En total, impartiranse 3.000 horas de formación.

Haberá cursos presenciais, semipresenciais e a distancia para facilitar o acceso á formación a todos os mozos e mozas pese ás barreiras xeográficas, de traballo ou de conciliación familiar. Os interesados en participar nesta iniciativa poden xa obter toda a información na web http://xuventude.xunta.es.

En xuventude e educación non formal haberá 46 cursos diferentes, 33 presenciais ou semipresenciais e 13 en liña con preto de 7.000 prazas. As horas de formación sumarán en global 2.402. Para a Consellería de Traballo e Benestar a educación non formal é unha parte fundamental da formación integral dos mozos e mozas, xa que permite adquirir valores, normas de vida, opinións e coñecementos que facilitan a participación na sociedade.

 

No eido do voluntariado ofertaranse 21 cursos por internet e 8 presenciais cun total de 574 horas de formación que está previsto que cheguen a 13.000 alumnos e alumnas. Neste ámbito haberá formación en lingua de signos, de acompañamento a vítimas de violencia de xénero, no eido penitenciario, ambiental ou para maiores. Están programados tamén cursos de monitor de integración e atención a persoas con discapacidade, de riscos laborais ou guía do patrimonio natural e cultural.

 

En xuventude destacan as accións formativas que se organizarán desde a Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil. Inclúe desde accións de fomento do tecido asociativo, de organización e xestión de dinamización para a mocidade ata inglés para viaxar. Os centros Quérote +, pola súa banda, acollerán cursos de mediación familiar e escolar, de convivencia coa mocidade ou de intervención afectivo-sexual coa xuventude.

 

Ademais, nesta edición 2014 do Plan de Formación, os técnicos de xuventude, a mocidade galega en xeral e os voluntarios terán a súa disposición un conxunto de accións formativas enfocadas á adquisición de coñecementos, reciclaxe e actualización das distintas temáticas que se van abordar nos diferentes cursos. 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: