Archivo | febrero 6, 2014

A XUNTA COLOCA UNHA EMISIÓN DE DÉBEDA CO TIPO DE XURO MÁIS BAIXO DA SÚA HISTORIA

  • A operación subscribiuse mediante bonos, cun importe de 500 millóns de euros e un tipo de xuro do 1,89%
  • Galicia mantén un endebedamento menor á media das comunidades autónomas, cun diferencial tres puntos inferior Leer Más…

O PARLAMENTO INSTA A PORTOS DE GALICIA, A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR, A MANTER ACTIVO O DISPOSITIVO DE EMERXENCIA MENTRES DURE O TEMPORAL OU HAXA RISCO DE NOVAS ALERTAS

O voceiro do Mar dos populares galegos lembra que técnicos e responsables de Portos de Galicia xa iniciaron no mes de xaneiro as accións de prevención de riscos, sinalización dos deterioros, valoración económica, reparación urxente e planificación da reparación global dos danos

Balseiro lembra que desde a mesma semana do 6 de xaneiro, data dos primeiros temporais, Portos de Galicia contratou todas as reparacións posibles e así fará logo das novas avaliacións cando melloren as condicións marítimas e sexa posible unha inspección submarina de todas as estruturas

Santiago, 5 de febreiro de 2014.- O Parlamento de Galicia respaldou a proposta do Grupo Popular pola que se lle da un mandato a Portos de Galicia para que manteña activo o dispositivo de emerxencia por alerta de temporal mentres continúen as condicións climatolóxicas adversas e o risco de novas alertas.

Os populares propuxeron este acordo, que contou co apoio unánime das tres forzas políticas, como emenda de adición para actualizar unha iniciativa do PSOE, en función dos sucesivos temporais que veñen acontecendo, xa que os socialistas se limitaban a demandar unha avaliación e recuperación dos danos ocasionados co gallo da marusía de Nadal.

DESDE O PRIMEIRO DÍA

O portavoz do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, lembrou que Portos de Galicia xa ten en marcha un amplo operativo e, desde o primeiro día xa no mes de xaneiro, técnicos e responsables de Portos de Galicia iniciaron as accións de prevención de riscos, sinalización dos deterioros, valoración económica, reparación urxente e planificación da reparación global dos danos.

Balseiro tamén indica que estas  tarefas teñen unha continuidade no tempo debido a que as condicións meteorolóxicas non melloraron, senón que se agravaron con novos temporais, e indicou que a avaliación definitiva e exacta dalgúns danos dependerá da supervisión de moitas das zonas que teñen o acceso restrinxido polas condicións do mar e non poden por tanto ser avaliadas, o mesmo que ocorre cos traballos que requiren a presenza de buzos

PRIMEIRA ESTIMACIÓN: DANOS POR 1.550.000 EUROS

Para dar mostra do traballo feito, o portavoz do Mar do Grupo Popular lembrou que o propio Consello da Xunta xa estudou, unha semana seguinte ao primeiro temporal acontecido na data de Reis, unha avaliación provisional na que se constataron danos en estruturas e infraestruturas de 51 portos, dos que en 37 son danos de relevancia. Constátanse tamén danos de sinalización e balizamento no entorno de 25 portos. O orzamento das reparacións estimado inicialmente ascende a 1.550.000 euros para a totalidade dos portos incluídos neste informe.

Os populares defenden que, dadas as características das avarías e dos danos producidos, faise necesario a pronta reparación dos mesmos para poder garantir o correcto funcionamento da estrutura e para evitar máis danos e evitar calquera tipo de risco para as persoas, así como para a normalización da actividade portuaria e dos diferentes usuarios dos portos.

Con este obxectivo, desde a mesma semana do 6 de xaneiro, Portos de Galicia contratou todas as reparacións posibles e así procederá logo das novas avaliacións cando melloren as condicións marítimas e sexa posible unha inspección submarina e de detalle destas estruturas.

Este sábado en La Fábrica: Sobre o amor e outras mariconada​s, una propuesta de Ricardo Barriro y Guillerme Fernández

 
  SOBRE O AMOR E OUTRAS MARICONADAS
Taquilla: 6 €Sábado 8 de febrero, 22.00 h.
 noname1
 
Esto es un viaje lleno de toboganes vertiginosos con caídas libres y vuelos acrobático para describir una experiencia tan sinuosa como maravillosa: el amor-desamor.
Esta es una propuesta especial, distinta, mimada y cuidada hasta su último detalle, donde a través de la voz a micro pegado y el carácter apasionado del actor-creador Ricardo de Barreiro y la sensibilidad y serenidad del músico-compositor Guillerme Fernández, viajamos por un planeta repleto de sensaciones y emociones con colores vivos y ritmos pausados, serenos. Leer Más…

El Tres Sesenta Festival de Pamplona anuncia su cartel para 2014

noname Tres Sesenta Festival alcanza su tercera edición con las actuaciones de Amaral, Andrés Calamaro o vetusta morla, además de bandas locales como El Columpio Asesino
El recinto de la Ciudadela volverá a acoger esta cita con la música pop e independiente los días 5, 6 y 7 de junio Leer Más…

AS VISITAS GUIADAS DURANTE ESTE MES AO CENTRO DE INTERPRETA​CIÓN DAS ILLAS ATLÁNTICAS ARRANCAN HOXE CON MÁIS DE 30 ALUMNOS DO COLEXIO FRIÁN- TEIS, DE VIGO

Durante febreiro pasarán máis de 130 escolares de infantil a 6º de primaria

 

AS VISITAS GUIADAS DURANTE ESTE MES AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DAS ILLAS ATLÁNTICAS ARRANCAN HOXE CON MÁIS DE 30 ALUMNOS DO COLEXIO FRIÁN- TEIS, DE VIGO

  • Na xornada de mañá participarán 20 alumnos do colexio A Paz, mentres que case 50 nenos de 5º e 6º de primaria do CEIP Mosterio- Bembrive pecharán o calendario de visitas deste mes
  • No transcurso das excursións didácticas, realízanse actividades dinámicas adaptadas aos distintos grupos de idades empregando as salas e elementos do edificio Cambón
  • Calquera centro escolar ou colectivo pode participar neste tipo de visitas concertadas cubrindo unha solicitude que se pode atopar na páxina web Leer Más…

Mercadillo Nomada – Sabado 8 Febrero – Galeria Principe 22 – anulado

 Les adjuntamos la información: se aplaza el Mercadillo NOMADA al siguiente sábado:
Sábado 15 de Febrero de 2014

 Sábado 15 de Febrero tendrá lugar como todos los primeros Sábados de mes el Mercadillo NÓMADA en las Galería Príncipe, 22 de Vigo.

El arte de la entrevista inaugura a temporada de abonos de teatro en Vigo

Mañá, venres 7 de febreiro, o teatro do Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia de Vigo acollerá a representación con que encetará a nova temporada de abonos de teatro na cidade. O pano abrirase ás 20:30 h para dar a benvida a El arte de la entrevista, unha peza que analiza a singularidade desta técnica xornalística como medio de investigación e de descubrimento de verdades ocultas. Alicia Hermida, Luisa Martín, Elena Rivera e Ramón Esquinas conforman o elenco dirixido por Juan José Afonso.

A Real Filharmoní​a de Galicia na Fundación Novacaixag​alicia en Vigo

O Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia en Vigo acollerá o vindeiro mércores, 12 de febreiro, ás 20.30 horas, o concerto en que a Real Filharmonía de Galicia e Carolin Widmann compartirán escenario para interpretar dúas pezas de Ludwig van Beethoven (Concerto para violín en re maior, op. 61 e Sinfonía nº 6 en fa maior, op. 68 «Pastoral»). As entradas para este espectáculo están xa á venda a través das canles habituais da entidade, en www.servinova.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500. Ademais, o interese por achegar a cultura a un maior espectro da sociedade galega conduce á entidade a continuar coa iniciativa mediante a cal todas aquelas persoas menores de 35 anos poderán adquirir a súa entrada media hora antes do concerto na billeteira a un prezo de 5 euros.

GALICIA COMEZA A E ELABORAR XUNTO CON ASTURIAS, CANTABRIA E PAÍS VASCO UNHA AVALIACIÓN DE RISCOS TIPO DE BUQUES DE BAIXURA

  • A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja participou en Santander nunha xuntanza dos institutos do Cantábrico
  • O obxectivo é seguir a traballar na elaboración de novas ferramentas que sirvan para mellorar as condicións de traballo no sector pesqueiro
  • Esta actuación encádrase no Plan Anual de Actividades 2014 do ISSGA

Santander, 6 de febreiro de 2014.- Galicia está a participar en Santander xunto con Asturias, Cantabria e País Vasco nunha xuntanza dos institutos de seguridade e saúde laboral do Cantábrico para elaborar unha avaliación de riscos tipo de buques de baixura, unha das actuacións que se recolle este ano no Plan de Actividades do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA).

A directora do organismo autonómico, Adela Quinzá-Torroja, está a representar ao Goberno galego nesta reunión na que se acordou que este estudo abranguerá todos os riscos identificados, é dicir, que ademais dos de seguridade, incluirá os hixiénicos, ergonómicos e psicosociais.

O obxectivo da actuación é que sirva como modelo de aplicación nos riscos incluídos xa na primeira parte da guía da vixilancia da saúde, que publicaron os catro institutos, e, tamén, como orientación para a aplicación desta nun caso concreto. A finalidade é mostrar que coa utilización desta guía para levar a cabo a avaliación de riscos pódese conseguir que a vixilancia da saúde dos traballadores sexa específica.

A reunión, ademais, serviu para seguir a traballar na elaboración de novas ferramentas que sirvan para mellorar as condicións de traballo no sector pesqueiro. Neste senso, é preciso lembrar que os catro institutos de seguridade e saúde laboral xa elaboraron conxuntamente tres entregas da guía da vixilancia da saúde (dirixida ás flotas artesanais e de baixura; ao marisqueo a pé, extracción de recursos específicos e actividades auxiliares á pesca; e a de artes de altura e grande altura, que está a piques de presentarse), ademais de levar a cabo a avaliación de riscos ergonómicos no sector da pesca.

Precisamente, na xuntanza tamén se fixo unha valoración global dos traballos feitos ata o momento, ao tempo que se valorou a posibilidade de elaborar novas publicacións, tendo en conta a situación actual do sector.

Espetáculo “Abril” Evoca os 40 Anos do 25 de Abril em Valença

valencamunicipiologoA Alfândega Cultural de Valença recebe a estreia do espetáculo oficina “Abril”, sobre a primavera e a liberdade,  sexta-feira, 7 de fevereiro, às 10h00, a cargo da Companhia de Teatro Comédias do Minho.

         Estão programadas sessões as 10h00 e às 14h00, dos dias 7 e 10 de fevereiro, para os alunos do 2º e 3º Ciclo do Ensino Básico.

         O espetáculo aborda a temática da liberdade, em Portugal e pretende ser uma evocação dos 40 anos do 25 de Abril.

         Imagens, filmes, sons, canções e flores de 1974 servem para discutir a atualizar as ideias de liberdade, de emancipação, de organização social, de coletivo, para lá que quaisquer cartilhas políticas. Naturalmente haverá cravos, plantas que têm preferência por solos arenosos, férteis e bem drenados, que podem ser cultivados a sol pleno ou em meia sombra, mas que exigem rega regular e são sensíveis à falta de arejamento.

         “Abril” é uma criação de João Pedro Vaz e será interpretada por Celeste Domingues, Crista Alfaiate e João Pedro Vaz.

         Esta é uma produção da Companhia de Teatro Comédias do Minho que em parceria com a Câmara Municipal de Valença dinamiza, ao longo do ano, um conjunto de oficinas e espetáculos teatrais, com grande sucesso pelo concelho.