A XUNTA COLOCA UNHA EMISIÓN DE DÉBEDA CO TIPO DE XURO MÁIS BAIXO DA SÚA HISTORIA

  • A operación subscribiuse mediante bonos, cun importe de 500 millóns de euros e un tipo de xuro do 1,89%
  • Galicia mantén un endebedamento menor á media das comunidades autónomas, cun diferencial tres puntos inferior

A Xunta de Galicia conseguiu realizar a súa última emisión de débeda cun tipo de xuro do 1,89%, o que representa o tipo de xuro máis baixo obtido pola Administración galega na historia da Comunidade Autónoma.

Segundo recolle un informe sobre operacións de endebedamento presentado hoxe no Consello da Xunta pola conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, o Goberno galego vén de subscribir unha operación de endebedamento por un importe de 500 millóns de euros a través de bonos.

O prazo da operación subscrita é de tres anos e o tipo de xuro é do 1,89%, o máis baixo obtido en todas as emisións de endebedamento realizadas ata agora pola  Administración autonómica. Tomando como referencia o tipo de xuro do último Fondo de Liquidez Autonómica (FLA), o aforro estimado por non utilizar este mecanismo de apoio ás comunidades con problemas de liquidez ascende a 27 millóns de euros.

A Administración galega realiza esta operación logo de recibir a correspondente autorización por parte do Goberno. De feito, o Consejo de Ministros autorizou a Galicia e a outras seis comunidades autónomas a realización de emisións de endebedamento na súa reunión do pasado 24 de xaneiro.

Menor endebedamento

A Comunidade galega rexistra un endebedamento inferior á media das Comunidades Autónomas, segundo reflicten os últimos datos publicados polo Banco de España. En concreto, a ratio débeda/PIB de Galicia é tres puntos inferior á media das comunidades ao peche do primeiro semestre de 2013, cando en 2008 era superior.

Galicia está a aumentar o diferencial positivo co resto de comunidades porque en 2012 e 2013 non precisou nin un só euro dos mecanismos de axuda habilitados polo Estado para as comunidades que non poden acudir aos mercados. A Comunidade galega non se acolleu nestes anos nin ao Fondo de Liquidez Autonómica nin ao mecanismo de pago a provedores.

 Ademais, a confianza que xera a solvencia da Comunidade galega permítelle acceder aos mercados en condicións vantaxosas, mentres que outras comunidades non son capaces de colocar a súa débeda. Froito desa solvencia, Galicia está a distribuír as súas operacións a uns tipos de xuro moi competitivos e inferiores aos do FLA, e por exemplo na última operación efectuada en 2013 colocou a súa débeda a un tipo do 2,75%, o que lle permitiu aforrar arredor de 20 millóns de euros.

A confianza dos mercados tamén se plasma na mellora do rating anunciada a finais do pasado ano polas axencias de cualificación Standard&Poor’s e Moody’s. As dúas axencias confirmaron que a perspectiva da débeda de Galicia pasa de ‘Negativa’ a ‘Estable’, o que supón a primeira mellora do rating dende que se iniciou a crise.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: