AS VISITAS GUIADAS DURANTE ESTE MES AO CENTRO DE INTERPRETA​CIÓN DAS ILLAS ATLÁNTICAS ARRANCAN HOXE CON MÁIS DE 30 ALUMNOS DO COLEXIO FRIÁN- TEIS, DE VIGO

Durante febreiro pasarán máis de 130 escolares de infantil a 6º de primaria

 

AS VISITAS GUIADAS DURANTE ESTE MES AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DAS ILLAS ATLÁNTICAS ARRANCAN HOXE CON MÁIS DE 30 ALUMNOS DO COLEXIO FRIÁN- TEIS, DE VIGO

  • Na xornada de mañá participarán 20 alumnos do colexio A Paz, mentres que case 50 nenos de 5º e 6º de primaria do CEIP Mosterio- Bembrive pecharán o calendario de visitas deste mes
  • No transcurso das excursións didácticas, realízanse actividades dinámicas adaptadas aos distintos grupos de idades empregando as salas e elementos do edificio Cambón
  • Calquera centro escolar ou colectivo pode participar neste tipo de visitas concertadas cubrindo unha solicitude que se pode atopar na páxina web

Vigo, 5 de febreiro de 2014.- Ao longo do mes de febreiro un total de 133 alumnos de centros escolares da área de Vigo serán os protagonistas dunha nova visita guiada polo Centro de Interpretación e de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas, o Edificio Cambón. Así, hoxe máis de 30 alumnos de 5º de primaria do colexio Frián – Teis de Vigo pasarán polas instalacións do edificio Cambón para coñecer os valores naturais e patrimoniais dos catro arquipélagos (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada) que conforman o Parque Nacional Marítimo Terrestre.

O calendario de visitas para este mes continúa coa presenza de alumnos do colexio A Paz e remata o vindeiro 26 de febreiro, co grupo máis numeroso dos programados para este mes, con 50 alumnos de 5º e 6º de primaria do colexio Mosterio- Bembrive. O calendario ao centro de visitantes ao longo de febreiro queda da seguinte maneira:

 

Data

Colexio

Curso

Nº alumnos

05/02/14 CEIP Frián- Teis- Vigo 5º primaria 34
06/02/14 CEIP A Paz, Vigo 3º primaria 20
12/02/14 IES As Bizocas, O Grove 1º ESO 19
13/02/14 EEI Agro- Baredo, Baiona Infantil 11
26/02/14 CEIP Mosteiro- Bembrive 5º e 6º primaria 49

 

Trátase de actividades divulgativas que consisten en visitas guiadas polas distintas salas do centro co fin de coñecer a historia, as paisaxes, a biodiversidade, as especies e ecosistemas máis representativos así coma o significado e valor dos espazos que conforman as illas.

As actividades están adaptadas ás idades de cada un dos grupos, polo que para os alumnos de infantil, os nenos asisten a un contacontos e participan tamén nunha actividade dinámica de descubrimento das illas e toda a vida que hai nelas.

Os alumnos de primaria realizan xogos e dinámicas adaptadas ás súas idades, coas que os propios nenos van descubrindo as paisaxes, a vida e as historias que agochan as illas. Os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria teñen ademais a posibilidade de participar no concurso Rumbo ás illas, que ten como premio a visita guiada a un dos arquipélagos do Parque Nacional.

Por último, para os alumnos da ESO prográmase unha actividade guiada polo centro de visitantes, na que os rapaces deben ir elixindo determinados elementos en cada unha das salas, dos que obterán máis información, ao tempo que van enchendo unha ficha sobre cada un dos arquipélagos.

 

A importancia destas visitas radica no feito de dar a coñecer os valores naturais e patrimoniais dos arquipélagos destacando que calquera centro escolar ou outros colectivos que así o desexen poden participar deste tipo de iniciativas guiadas cubrindo unha solicitude que se atopa na páxina web www.parquenacionalillasatlanticas.com ou poñéndose en contacto co centro.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: