GALICIA COMEZA A E ELABORAR XUNTO CON ASTURIAS, CANTABRIA E PAÍS VASCO UNHA AVALIACIÓN DE RISCOS TIPO DE BUQUES DE BAIXURA

  • A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja participou en Santander nunha xuntanza dos institutos do Cantábrico
  • O obxectivo é seguir a traballar na elaboración de novas ferramentas que sirvan para mellorar as condicións de traballo no sector pesqueiro
  • Esta actuación encádrase no Plan Anual de Actividades 2014 do ISSGA

Santander, 6 de febreiro de 2014.- Galicia está a participar en Santander xunto con Asturias, Cantabria e País Vasco nunha xuntanza dos institutos de seguridade e saúde laboral do Cantábrico para elaborar unha avaliación de riscos tipo de buques de baixura, unha das actuacións que se recolle este ano no Plan de Actividades do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA).

A directora do organismo autonómico, Adela Quinzá-Torroja, está a representar ao Goberno galego nesta reunión na que se acordou que este estudo abranguerá todos os riscos identificados, é dicir, que ademais dos de seguridade, incluirá os hixiénicos, ergonómicos e psicosociais.

O obxectivo da actuación é que sirva como modelo de aplicación nos riscos incluídos xa na primeira parte da guía da vixilancia da saúde, que publicaron os catro institutos, e, tamén, como orientación para a aplicación desta nun caso concreto. A finalidade é mostrar que coa utilización desta guía para levar a cabo a avaliación de riscos pódese conseguir que a vixilancia da saúde dos traballadores sexa específica.

A reunión, ademais, serviu para seguir a traballar na elaboración de novas ferramentas que sirvan para mellorar as condicións de traballo no sector pesqueiro. Neste senso, é preciso lembrar que os catro institutos de seguridade e saúde laboral xa elaboraron conxuntamente tres entregas da guía da vixilancia da saúde (dirixida ás flotas artesanais e de baixura; ao marisqueo a pé, extracción de recursos específicos e actividades auxiliares á pesca; e a de artes de altura e grande altura, que está a piques de presentarse), ademais de levar a cabo a avaliación de riscos ergonómicos no sector da pesca.

Precisamente, na xuntanza tamén se fixo unha valoración global dos traballos feitos ata o momento, ao tempo que se valorou a posibilidade de elaborar novas publicacións, tendo en conta a situación actual do sector.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: