O PARLAMENTO INSTA A PORTOS DE GALICIA, A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR, A MANTER ACTIVO O DISPOSITIVO DE EMERXENCIA MENTRES DURE O TEMPORAL OU HAXA RISCO DE NOVAS ALERTAS

O voceiro do Mar dos populares galegos lembra que técnicos e responsables de Portos de Galicia xa iniciaron no mes de xaneiro as accións de prevención de riscos, sinalización dos deterioros, valoración económica, reparación urxente e planificación da reparación global dos danos

Balseiro lembra que desde a mesma semana do 6 de xaneiro, data dos primeiros temporais, Portos de Galicia contratou todas as reparacións posibles e así fará logo das novas avaliacións cando melloren as condicións marítimas e sexa posible unha inspección submarina de todas as estruturas

Santiago, 5 de febreiro de 2014.- O Parlamento de Galicia respaldou a proposta do Grupo Popular pola que se lle da un mandato a Portos de Galicia para que manteña activo o dispositivo de emerxencia por alerta de temporal mentres continúen as condicións climatolóxicas adversas e o risco de novas alertas.

Os populares propuxeron este acordo, que contou co apoio unánime das tres forzas políticas, como emenda de adición para actualizar unha iniciativa do PSOE, en función dos sucesivos temporais que veñen acontecendo, xa que os socialistas se limitaban a demandar unha avaliación e recuperación dos danos ocasionados co gallo da marusía de Nadal.

DESDE O PRIMEIRO DÍA

O portavoz do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, lembrou que Portos de Galicia xa ten en marcha un amplo operativo e, desde o primeiro día xa no mes de xaneiro, técnicos e responsables de Portos de Galicia iniciaron as accións de prevención de riscos, sinalización dos deterioros, valoración económica, reparación urxente e planificación da reparación global dos danos.

Balseiro tamén indica que estas  tarefas teñen unha continuidade no tempo debido a que as condicións meteorolóxicas non melloraron, senón que se agravaron con novos temporais, e indicou que a avaliación definitiva e exacta dalgúns danos dependerá da supervisión de moitas das zonas que teñen o acceso restrinxido polas condicións do mar e non poden por tanto ser avaliadas, o mesmo que ocorre cos traballos que requiren a presenza de buzos

PRIMEIRA ESTIMACIÓN: DANOS POR 1.550.000 EUROS

Para dar mostra do traballo feito, o portavoz do Mar do Grupo Popular lembrou que o propio Consello da Xunta xa estudou, unha semana seguinte ao primeiro temporal acontecido na data de Reis, unha avaliación provisional na que se constataron danos en estruturas e infraestruturas de 51 portos, dos que en 37 son danos de relevancia. Constátanse tamén danos de sinalización e balizamento no entorno de 25 portos. O orzamento das reparacións estimado inicialmente ascende a 1.550.000 euros para a totalidade dos portos incluídos neste informe.

Os populares defenden que, dadas as características das avarías e dos danos producidos, faise necesario a pronta reparación dos mesmos para poder garantir o correcto funcionamento da estrutura e para evitar máis danos e evitar calquera tipo de risco para as persoas, así como para a normalización da actividade portuaria e dos diferentes usuarios dos portos.

Con este obxectivo, desde a mesma semana do 6 de xaneiro, Portos de Galicia contratou todas as reparacións posibles e así procederá logo das novas avaliacións cando melloren as condicións marítimas e sexa posible unha inspección submarina e de detalle destas estruturas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: