Concerto Inaugural Programa Sinfónico de Primavera 2014 – OSV430 – Domingo 9 de febreiro 20h – Vigo

 image001Programa Sinfónico de Primavera 2014

Concerto Inaugural

Lugar:         Teatro do CC Novacaixagalicia. Vigo

Día:             Domingo 9 de febreiro de 2014

Hora:           20 horas

O vindeiro domingo día 9 dará comezo unha nova edición dos Programas Sinfónicos que dende 2012 ven organizando a Orquestra Sinfónica Vigo 430. Para esta ocasión o programa escollido é puramente barroco con obras tan relevantes coma o Magnificat de Bach ou a Oda para o aniversario da Raíña Ana de Häendel, así coma o seu Concerto Grosso Op.3 nº 2.

A OSV430 abrirá o Programa Sinfónico de Primavera da man dunha das principais figuras da interpretación do barroco que están a traballar neste momento na Península, Alfonso Sebastián. O Mestre Sebastián, director convidado que chega á cidade olívica directo da súa xira europea e que traballa en grupos do nivel de Al Ayre Español ou Los Músicos de su Alteza, dirixirá á orquestra dende o seu clave e buscará o máis puro son barroco, que foi o xerme da OSV430 e co que a formación se reencontra nun concerto íntegro dedicado a este estilo. Ademais a OSV430 poderá contar para esta ocasión con outro dos máis relevantes intérpretes de música antiga, o clavecinista López Escribano. 

O elenco de solistas será para esta ocasión case integramente galego contando con figuras como Nuria Lorenzo, Carmen Subrido, Pablo Carballido, Helena Abad e Axier Sánchez. A parte coral correrá a cargo dos sempre magníficos Gli Appassionati, unha das formacións vocais da cidade de Vigo que está despuntando con máis forza e que con esta colaboración coa OSV430 dan o salto a música coral do barroco máis puro.

 

As entradas están á venda na páxina web de Servinova dende 5 €, así como nos despachos de billetes de Santiago, A Coruña e Ourense. E por suposto na Central de Espectáculos de Vigo. E para aqueles que así o prefiran está habilitada tamén a venda telefónica do servizo de Servinova. Ademais inda están dispoñibles algúns abonos para os catro concertos que permitirá unha redución dun 20% sobre o prezo ordinario. Os últimos abonos dispoñibles poderán adquirirse incluso no despacho de billetes do propio teatro antes da representación.

 

Xuntamos información sobre o primeiro concerto e información xeral do Programa Sinfónico de Primavera onde poderá atopar os perfís dos solistas e directores así como as datas e programas do resto de concertos

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: