A EDITORIAL GALAXIA ANUNCIA A PUBLICACIÓ​N DA NOVELA DE MANUEL JANEIRO ‘O SEXO MASCULINO DOS ANXOS’

O sexo masculino dos anxos[1] O sexo masculino dos anxos[1]a  O sexo masculino dos anxos

MANUEL JANEIRO

Editorial Galaxia

LITERARIA PVP 15 IVE incluído ISBN 978-84-9865-153-1 anuel Janeiro (Madrid, 1951), profesor e licenciado en Psicoloxía, despregou unha ampla actividade en variados campos da creación. Como poeta, publicou Primera edad (1977),

Poemas sobreros

(1989) e Ensayos para el habla (2009); como narrador, Pucho o habita- dor dos tellados (2006) e A fada das lapas (Galaxia, 2008), ademais dunha incursión na literatura infantil con A abella abesullona (Galaxia, 2009). Con Francisco Mantecón fundou o primeiro estudio profesional de deseño gráfico en Galicia. Neste eido, foi responsable da imaxe das editoriais Galaxia e Gredos. Tamén se achegou ao mundo audiovisual, realizando, a partir dos seus propios guións, dúas obras sobre o traballo de dous arquitectos:Mínimo(2003) e As persoas do verbo (2004). O sexo masculino dos anxos é a súa primeira novela. N unha sociedade que vive os últimos anos da ditadura, no Madrid estudantil de principios dos setenta, comeza unha amizade que se alonga no tempo e na distancia. Esta é a historia de dous amigos na xuventude e na madurez, tan diferentes como parecidos, tan complementa- rios como opostos que, rodeados por unha sociedade desilusionada e chea de oportunistas, semellan anxos inocentes ensimesmados nas emocións e no s entimento, onde amor e sexo, ilusión e fracaso ás veces se confunden na procura dun Amor Verdadeiro.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: