GALICIA CONTA XA CON 815 ENTIDADES E MÁIS DE 36.000 PERSOAS INSCRITAS NO REXISTRO DE ACCIÓN VOLUNTARIA DA COMUNIDADE

  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, ofreceu hoxe estes datos no acto de presentación en Galicia da campaña ‘A Guerra non é un xogo’ de Cruz Vermella
  • Rodeiro indicou que máis dun 74% dos preto de 2.000 voluntarios inscritos o ano pasado nos programas executados ou subvencionados directamente pola Dirección Xeral foron persoas  menores de 30 anos
  • Ovidio Rodeiro destacou o alto grao de implicación dos galegos e das galegas e dixo que “o voluntariado é un dos mellores instrumentos que serven para tomar a temperatura dunha sociedade”

Santiago, 12 de febreiro de 2014.- Nos últimos tres anos constituíronse en Galicia un total de 90 novas entidades de acción voluntaria, que aportaron outros 500 voluntarios ao rexistro galego de acción voluntaria. En total, xa son 815 entidades e máis de 36.000 voluntarios inscritos neste rexistro público.

O interese da sociedade galega neste eido tamén se reflicte na participación de preto de 16.000 persoas nos 32 cursos de formación para voluntarios e voluntarias, que se impartiron no Plan de Formación 2013 da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, ofreceu hoxe estes datos no acto de presentación en Galicia da campaña ‘A Guerra non é un xogo’ de Cruz Vermella. Esta acción denuncia que ducias de miles de nenos e nenas viven actualmente nunha situación de desamparo e desprotección debido a que están sendo recrutados e utilizados como soldados.

Ademais, Ovidio Rodeiro manifestou que “outro dato que nos axuda a ser optimistas de cara ao futuro da solidariedade galega é o forte compromiso dos nosos mozos e mozas, xa que máis dun 74% dos preto de 2.000 voluntarios inscritos o ano pasado nos programas executados ou subvencionados directamente pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado foron persoas  menores de 30 anos”.

Rodeiro destacou o alto grao de implicación voluntaria dos galegos e das galegas e dixo que “o voluntariado é un dos mellores instrumentos que serven para tomar a temperatura dunha sociedade, é o termómetro que nos axuda a medir como pobo o noso nivel de solidariedade, xenerosidade, ilusión e compromiso cívico”.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Una respuesta a “GALICIA CONTA XA CON 815 ENTIDADES E MÁIS DE 36.000 PERSOAS INSCRITAS NO REXISTRO DE ACCIÓN VOLUNTARIA DA COMUNIDADE”

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: