Miss Caffeina abre o cartel musical deste segundo cuadrimestre da Universidade de Vigo cun concerto a prol de Unicef

  • O Sonora14 subirá ao escenario de Cidade Universitaria de Vigo a Havalina e aos vigueses Maryland
  • En teatro, o protagonista será a Mostra Internacional de Teatro Universitario

 Maryland

Vigo, 12 de febreiro de 2014.- A programación cultural organizada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo abre o cartel do segundo cuadrimestre de curso coa banda de pop madrileña Miss Caffeina. Os asistentes ao concerto, que terá lugar o vindeiro 18 de febreiro ás 18.30 horas, colaborarán cun donativo dun euro a prol de Unicef para a súa Campaña Gotas para Níger. Miss Caffeina subirase ao escenario de Cidade Universitaria para tocar os temas dos seu segundo LP e último traballo, De polvo y flores, un disco de madurez, despois de catro Eps anteriores. Este grupo de pop, que fixo de internet un aliado (vendía os seus Eps por esta canle e ofrece concertos en streaming), consegue día a día aumentar o número dos seus seguidores.

Gotas para Níger é un programa de Unicef que está a funcionar desde o ano 2008 co fin de sensibilizar sobre a situación que viven os nenos e nenas do país africano e contribuír ao programa de superviviencia infantil que a axencia de Nacións Unidas ten en Níger. Principalmente, trátase de que teñan acceso a auga, saneamento, sistemas de saúde acordes e unha educación de calidade.

 

A seguinte actuación musical da programación será o 26 de marzo con Havalina e Maryland, dentro do Sonora14, ciclo no que a Universidade prentede dar saída aos sons máis independentes e sempre apostando por un grupo local e outro de fóra. Os madrileños Havalina, habituais xa de festivais independentes como Sonorama, levan xa sete traballos e maís de dez anos pisando escenarios. Os seus teloneiros serán os vigueses Maryland, banda que está a presentar estes meses o seu último traballo, Los años muertos, de xira por toda España.

 

Xa no mes de maio, o escenario de Cidade Universitaria terá outra cita musical coas bandas que durante o ano formaron parte do programa Ensaiamos (servizo de apoio a grupos musicais), que participarán nun festival no que amosarán os seus progresos na que será, en moitos casos, a súa primeira expericiencia frontre ao público.

 

En teatro, a programación deste cuadrimestre terá como protagonista a MITEU, a Mostra Internacional de Teatro Universitario, que comezará o 12 de marzo, e na que os grupos universitarios da mesma Universidade de Vigo, mesmo doutros

 

 

 

 

 

 

países, amosarán o resultado do traballo realizado durante o ano. Como o ano anterior, a MITEU ten previsto intercalar o escenario do teatro de Cidade Universitaria con outro no centro da cidade co obxectivo de achegar este teatro a todos os públicos. A MITEU deste ano abrirase coa proposta da Aula de Teatro da Universidade de Santiago.

 

O programa completo e as datas definitivas da Mostra Internacional de Teatro Universitario farase público proximamente.

ral mapoiar TAmçen no No eido

A programación cultural da Universidade de Vigo, unha vez máis, achega aos universitarios a cultura en diferentes manifestacións. A entrada a todas as actuacións e obras teatrais son libres ata completar aforamento. Por primeira vez, esta programación vincúlase a unha acción solidaria, pretendendo así sensibilizar ao público máis novo. No concerto de Miss Caffeina, as persoas asistentes colaborarán cun donativo dun euro para o programa Gotas para Níger de Unicef.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: