O humor absurdo de Joaquín Reyes na Fundación Novacaixagalicia en Vigo
O Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia da cidade olívica acollerá mañá venres 14 de febreiro, o novo espectáculo de Joaquín Reyes titulado Que me aspen! O actual referente do humor do absurdo español chega a Vigo cunha proposta que, ao tempo que integra algúns dos elementos máis emblemáticos do seu universo creativo, pon de manifesto os riscos de non pensar ben antes de falar. Joaquín Reyes presenta, en definitiva, un espectáculo máis «divertido e cabareteiro», cine dos anos oitenta, o colmo das palabras que van xuntas, a verdade sobre as letras das cancións de Michael Jackson, bailes inventados e coa presenza do Sr. Caballo. Un pouco de maxia, lume e mentalismo sobre o escenario, ademais da posibilidade de que apareza algunha das súas famosas celebrities.
MARCO: este venres e sábado: VidaExtra, de Ramiro Ledo
Proxección da película VidaExtra, de Ramiro Ledodentro do ciclo ‘Material Memoria’ Esta fin de semana continúa no Patio 1 da planta baixa do MARCO ‘Material Memoria’, o programa de artes escénicas e cinema comisariado por Pablo Fidalgo Lareo dentro da exposición VERANEANTES. Nesta ocasión, coa proxección do filme VidaExtra, de Ramiro Ledo. Ramiro LedoVidaExtraEspaña / 2013 / Cor / 96 minDobre pase: venres 15 e sábado 16 de febreiro, ás 19.30Patio 1 (planta baixa)ENTRADA GRATUÍTA. Prazas limitadas
A folga xeral de setembro de 2010 crúzase en Barcelona con La estética de la resistencia, de Peter Weiss. As discusións desa noite veranse confrontadas co cotián das persoas que protagonizan o filme: cinco amigos anónimos que xa non son nin adolescentes nin militantes comunistas, pero que tentan non obstante repoñerse ao estado das cousas, como no seu momento os que protagonizan o libro de Weiss.
Ramiro Ledo Cordeiro (Lugo, 1981), traballa como realizador e montador independente. En 2001 cofunda o Cineclube de Compostela, que dirixe ata o ano 2007, onde tamén editan Ariel, boletín de cinema en galego (2002-2004). Desenvolve traballos de documentalista, catalogando o arquivo histórico audiovisual de TVE-Galicia. Dende entón, vive e traballa en Barcelona, onde cursou unha mestría en cinema documental na UAB e estudos sobre cinema contemporáneo na UPF. Colabora en distintos medios, entre eles Radio Galega, Xornal de Galicia, Blogsandocs e Asociación Lumière e realizou os filmes CCCV-Cineclube Carlos Varela (2005), O proceso de Artaud (2010) e VidaExtra (2013).