Ute Lemper actuará na Fundación Novacaixagalicia en Vigo
Mañá, sábado 15 de febreiro, Ute Lemper presentará no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia de Vigo, ás 21.00 h, o seu novo traballo musical titulado Forever: the Love Poems of Pablo Neruda. As entradas están á venda a través das canles habituais da entidade, en www.servinova.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500.