UNS 20 CENTROS EDUCATIVOS DE VIGO E ÁREA ESTIVERON AFECTADOS CON DIVERSOS DANOS ESTRUTURAIS POR MOR DOS ÚLTIMOS TEMPORAIS
1024×768
Normal
0
21
false
false
false
ES
X-NONE
X-NONE
/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:»Tabla normal»;
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-priority:99;
mso-style-qformat:yes;
mso-style-parent:»»;
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:»Times New Roman»,»serif»;}
§ A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estima un investimento superior aos 250.000 euros para facer fronte aos danos.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá o CEIP Josefa Alonso, en Matamá, un dos 5 centros vigueses afectados e no que se tiveron que cambiar os paneis do ascensor.
En Vigo, a inversión estimada para executar os arranxos nos IES Coruxo e Teis e nos CEIP San Salvador, Paz-Tintureira e Josefa Alonso ascende aos 185.000 euros.
Na área territorial de Vigo, tamén estiveron afectados os centros educativos do Val Miñor, Moaña, Porriño, Redondela e Soutomaior.
Vigo, 17 de febreiro de 2014.- Un total de 20 centros educativos de Vigo e a súa área territorial estiveron afectados con diversos danos nas súas estruturas por mor dos últimos temporais que viviu Galicia nas últimas semanas.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá o CEIP Josefa Alonso, un dos 5 centros educativos da cidade de Vigo que estivo afectado con diversos danos e nos que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria actuou de inmediato para arranxar as deficiencias detectadas. Así, neste colexio ubicado na parroquia de Matamá, levouse a cabo a colocación dos paneis do ascensor que, coma explicou Bravo Bosch, “saíron voando polo vento” sen ocasionar danos persoais. O ano pasado, o CEIP Josefa Alonso xa recibira unha inversión superior aos 38.000 euros para a mellora das instalacións térmicas a e mellora dun muro de contención.
Nas últimas semanas, víronse afectados un total de 5 centros educativos da cidade de Vigo. Os IES de Coruxo e Teis e os CEIP Josefa Alonso, San Salvador de Teis e A Paz-Tintureira foron os que se viron máis afectados con danos nas cubertas, canalóns, persianas ou fiestras, entre outros. O custo estimado para facer fronte a estes arranxos chega case aos 185.000 euros.
Ademais, na área territorial de Vigo, os danos foron máis virulentos nos concellos do Val Miñor, Moaña, Porriño, Redondela e Soutomaior. Concretamente, en Baiona, houbo que actuar nos CEIP Fontes Baíña, Sabarís e IES Primeiro de Marzo; en Gondomar, no CEIP Xosé Neira Vilas; en Nigrán, no CEE Panxón; en Moaña, nos CEIP Reibón e A Guía; no Porriño, no CPI Ribeira e no IES Pino Manso; en Redondela, nos IES de Chapela e Pedro Floriani e, en Soutomaior, na EEI Romariz. Os danos máis importantes foron desprendementos de chapas, pranchas e fachadas, roturas nos tellados, filtracións de augas, cubertas e diversos danos por entradas de auga, entre outros.
En total, para facer fronte aos danos ocasionados nos 20 centros educativos de Vigo e área, a Xunta de Galicia estima un investimento superior aos 250.000 euros.
10.000 espectadores han asistido durante estos días al Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo.
El legendario musical se ha convertido en un éxito de crítica y público en Galicia.
Tras la buena acogida de la gira en las principales ciudades en las que se ha representado, el éxito se ha vuelto a repetir en Vigo donde el musical Los Miserables bajó ayer el telón con todo el público en pie. Un hito en la ciudad en la que se ha logrado el lleno completo en varias de las funciones.
El musical, que se ha representado del 12 al 16 de febrero en el Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo, ha conseguido en tan sólo 7 funciones una cifra récord: 10.000 espectadores que se han acercado a disfrutar este gran fenómeno musical.
Desde Stage Entertainment queremos dar las gracias al público, al Concello de Vigo, a la nueva gerencia del Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo y a los medios de comunicación quienes han mostrado todo su apoyo al musical, por arroparnos y hacernos sentir una parte muy importante de la ciudad.
Charla martes 18/02 – «Do barrio que temos ao barrio que precisamos» – Vigo
– Do barrio que temos ao barrio que precisamos a cargo de Diego Lores. Martes 18 de febreiro ás 19h30. A fractura social é cada día máis evidente, e nos barrios populares os seus habitantes están máis expostos as súas consecuencias negativas. Os anos de deterioro dos lazos comunitarios, de individualismo, de consumismo, de inseguridade, de privatizacións… fixeron que estes espazos foran perdendo a súa forza coma xeradores de vida. Partindo deste momento de mudanzas, queremos deternos e pensar -en común- que vida queremos/precisamos construír día a día nos nosos barrios.
Cuarta e última crónica de Iván Prado no 10º Congreso do MST no Brasil
Normal
0
21
false
false
false
ES
X-NONE
X-NONE
MicrosoftInternetExplorer4
/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:»Tabla normal»;
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-priority:99;
mso-style-qformat:yes;
mso-style-parent:»»;
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:11.0pt;
font-family:»Calibri»,»sans-serif»;
mso-ascii-font-family:Calibri;
mso-ascii-theme-font:minor-latin;
mso-fareast-font-family:»Times New Roman»;
mso-fareast-theme-font:minor-fareast;
mso-hansi-font-family:Calibri;
mso-hansi-theme-font:minor-latin;
mso-bidi-font-family:»Times New Roman»;
mso-bidi-theme-font:minor-bidi;}
A penúltima xornada do congreso é quizais as máis emotiva e impactante para os Pallasos en Rebeldía, Lili e eu presentámonos como Doña Marilene e Lokonuk nas aulas da Escola Popular Paulo Freire para case cen crianças desta gran cirandela dos Sem terrinha, que é como lle chaman a este campamento educativo e lúdico que o MST organizou para os case mil nenos e nenas de 0 a 12 anos que participan neste monumental encontro.
O día comeza cunha réplica do diluvio universal que nos obriga a transportar as maletas de pallaso á velocidade da luz para non ter que chegar en canoa ás instalacións educativas e, sobre todo, a improvisar unha nova estrutura de actuación, xa que a carpa infantil non está practicable. Así que nos cambiamos en dez minutos e saltamos á area no medio dunha clase chea de nenos e educadores que se entregan desde o minuto cero ao Don Quixote da familia Colombaioni que levamos representando desde fai máis de dez anos por medio mundo.
Saímos felices e suados desta primeira presentación solidaria de Pallasos en Rebeldía para o MST e os nenos perséguennos repetindo parte da nosa obra, adaptada para este histórico momento que vive Brasil.
Pola tarde puidemos asistir ao que para min foi o discurso máis político e revolucionario do congreso. João Pedro, dirixente histórico e fundador do movemento, ante varias decenas de dirixentes de partidos políticos e movementos sociais do país, fai unha exposición brillante da situación agraria, económica, alimentaria e política de Brasil, lanzando unha gran proposta de concertación nacional de esquerdas ao redor dunha reforma agraria popular que supera o agrarismo tradicional e que pon a alimentación de todo o pobo brasileiro, con produtos saudables e non agro tóxicos como panca de transformación social.
Entre bromas e frases contundentes, este carismático ponente dá as súas advertencias á presidenta Dilma a través do presidente do Partido dos Traballadores alí presente e marca a liña estratéxica do MST nos próximos anos: seguro coa expropiación dos latifundios, defender contundentemente as escolas rurales, crear un novo espazo nacional que fará da soberanía alimentaria bandeira dos movementos populares do Brasil e botar ás multinacionais do agro negocio da república brasileira .
O auditorio da bandeira vermelhinha víñase abaixo con cada pausa de João Pedro e acabou tomando o centro do estadio nada máis acabar a súa intervención para empezar unha festa de músicas rexionais que non tivo nada que envexar ao mellor festival de música de Brasil.
Toda a noite converteuse nun gran crisol das diferentes culturas locais, abrazos, risas, bromas e unha gran fraternidad entre todos os asistentes. A cachaza e a cervexa voaban de man en man tanto como os bailes, as discusións políticas e, sobre todo, as novas amizades nadas ao calor da gran festa de rebeldía na que se converteu o congreso.
É difícil non deixarse levar pola sensación de que estamos compartindo un momento único na historia deste país, que estas xentes son a base da transformación social e política da nación máis grande de América Latina e que quizais, só quizais, a utopía estea un poquito máis cerca tras estes cinco días.
A terra e a humanidade teñen unha bela alianza co millón de familias que loitan por un futuro de alegría e xustiza.
Iván Prado, portavoz de Pallasos en Rebeldía.
Brasília, 14 de febreiro. Quinto día do 6º Congresso Nacional do MST