Cuarta e última crónica de Iván Prado no 10º Congreso do MST no Brasil

Normal
0

21

false
false
false

ES
X-NONE
X-NONE

MicrosoftInternetExplorer4

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:”Tabla normal”;
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-priority:99;
mso-style-qformat:yes;
mso-style-parent:””;
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:11.0pt;
font-family:”Calibri”,”sans-serif”;
mso-ascii-font-family:Calibri;
mso-ascii-theme-font:minor-latin;
mso-fareast-font-family:”Times New Roman”;
mso-fareast-theme-font:minor-fareast;
mso-hansi-font-family:Calibri;
mso-hansi-theme-font:minor-latin;
mso-bidi-font-family:”Times New Roman”;
mso-bidi-theme-font:minor-bidi;}

A penúltima xornada do congreso é quizais as máis emotiva e impactante para os Pallasos en Rebeldía, Lili e eu presentámonos como Doña Marilene e Lokonuk nas aulas da Escola Popular Paulo Freire para case cen crianças desta gran cirandela dos Sem terrinha, que é como lle chaman a este campamento educativo e lúdico que o MST organizou para os case mil nenos e nenas de 0 a 12 anos que participan neste monumental encontro.

O día comeza cunha réplica do diluvio universal que nos obriga a transportar as maletas de pallaso á velocidade da luz para non ter que chegar en canoa ás instalacións educativas e, sobre todo, a improvisar unha nova estrutura de actuación, xa que a carpa infantil non está practicable. Así que nos cambiamos en dez minutos e saltamos á area no medio dunha clase chea de nenos e educadores que se entregan desde o minuto cero ao Don Quixote da familia Colombaioni que levamos representando desde fai máis de dez anos por medio mundo.

Saímos felices e suados desta primeira presentación solidaria de Pallasos en Rebeldía para o MST e os nenos perséguennos repetindo parte da nosa obra, adaptada para este histórico momento que vive Brasil.

Pola tarde puidemos asistir ao que para min foi o discurso máis político e revolucionario do congreso. João Pedro, dirixente histórico e fundador do movemento, ante varias decenas de dirixentes de partidos políticos e movementos sociais do país, fai unha exposición brillante da situación agraria, económica, alimentaria e política de Brasil, lanzando unha gran proposta de concertación nacional de esquerdas ao redor dunha reforma agraria popular que supera o agrarismo tradicional e que pon a alimentación de todo o pobo brasileiro, con produtos saudables e non agro tóxicos como panca de transformación social.

Entre bromas e frases contundentes, este carismático ponente dá as súas advertencias á presidenta Dilma a través do presidente do Partido dos Traballadores alí presente e marca a liña estratéxica do MST nos próximos anos: seguro coa expropiación dos latifundios, defender contundentemente as escolas rurales, crear un novo espazo nacional que fará da soberanía alimentaria bandeira dos movementos populares do Brasil e botar ás multinacionais do agro negocio da república brasileira .

O auditorio da bandeira vermelhinha víñase abaixo con cada pausa de João Pedro e acabou tomando o centro do estadio nada máis acabar a súa intervención para empezar unha festa de músicas rexionais que non tivo nada que envexar ao mellor festival de música de Brasil.

Toda a noite converteuse nun gran crisol das diferentes culturas locais, abrazos, risas, bromas e unha gran fraternidad entre todos os asistentes. A cachaza e a cervexa voaban de man en man tanto como os bailes, as discusións políticas e, sobre todo, as novas amizades nadas ao calor da gran festa de rebeldía na que se converteu o congreso.

É difícil non deixarse levar pola sensación de que estamos compartindo un momento único na historia deste país, que estas xentes son a base da transformación social e política da nación máis grande de América Latina e que quizais, só quizais, a utopía estea un poquito máis cerca tras estes cinco días.

A terra e a humanidade teñen unha bela alianza co millón de familias que loitan por un futuro de alegría e xustiza.

Iván Prado, portavoz de Pallasos en Rebeldía.
Brasília, 14 de febreiro. Quinto día do 6º Congresso Nacional do MST

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: