UNS 20 CENTROS EDUCATIVOS DE VIGO E ÁREA ESTIVERON AFECTADOS CON DIVERSOS DANOS ESTRUTURAIS POR MOR DOS ÚLTIMOS TEMPORAIS

Imagen 

1024×768

Normal
0

21

false
false
false

ES
X-NONE
X-NONE

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:”Tabla normal”;
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-priority:99;
mso-style-qformat:yes;
mso-style-parent:””;
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:”Times New Roman”,”serif”;}

 

§  A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estima un investimento superior aos 250.000 euros para facer fronte aos danos.

  A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá o CEIP Josefa Alonso, en Matamá, un dos 5 centros vigueses afectados e no que se tiveron que cambiar os paneis do ascensor.

 En Vigo, a inversión estimada para executar os arranxos nos IES Coruxo e Teis e nos CEIP San Salvador, Paz-Tintureira e Josefa Alonso ascende aos 185.000 euros.

Na área territorial de Vigo, tamén estiveron afectados os centros educativos do Val Miñor, Moaña, Porriño, Redondela e Soutomaior.

Vigo, 17 de febreiro de 2014.- Un total de 20 centros educativos de Vigo e a súa área territorial estiveron afectados con diversos danos nas súas estruturas por mor dos últimos temporais que viviu Galicia nas últimas semanas.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá o CEIP Josefa Alonso, un dos 5 centros educativos da cidade de Vigo que estivo afectado con diversos danos e nos que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria actuou de inmediato para arranxar as deficiencias detectadas. Así, neste colexio ubicado na parroquia de Matamá, levouse a cabo a colocación dos paneis do ascensor que, coma explicou Bravo Bosch, “saíron voando polo vento” sen ocasionar danos persoais. O ano pasado, o CEIP Josefa Alonso xa recibira unha inversión superior aos 38.000 euros para a mellora das instalacións térmicas a e mellora dun muro de contención.

Nas últimas semanas, víronse afectados un total de 5 centros educativos da cidade de Vigo. Os IES de Coruxo e Teis e os CEIP Josefa Alonso, San Salvador de Teis e A Paz-Tintureira foron os que se viron máis afectados con danos nas cubertas, canalóns, persianas ou fiestras, entre outros. O custo estimado para facer fronte a estes arranxos chega case aos 185.000 euros.

Ademais, na área territorial de Vigo, os danos foron máis virulentos nos concellos do Val Miñor, Moaña, Porriño, Redondela e Soutomaior. Concretamente, en Baiona, houbo que actuar nos CEIP Fontes Baíña, Sabarís e IES Primeiro de Marzo; en Gondomar, no CEIP Xosé Neira Vilas; en Nigrán, no CEE Panxón; en Moaña, nos CEIP Reibón e A Guía; no Porriño, no CPI Ribeira e no IES Pino Manso; en Redondela, nos IES de Chapela e Pedro Floriani e, en Soutomaior, na EEI Romariz. Os danos máis importantes foron desprendementos de chapas, pranchas e fachadas, roturas nos tellados, filtracións de augas, cubertas e diversos danos por entradas de auga, entre outros.

En total, para facer fronte aos danos ocasionados nos 20 centros educativos de Vigo e área, a Xunta de Galicia estima un investimento superior aos 250.000 euros.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Una respuesta a “UNS 20 CENTROS EDUCATIVOS DE VIGO E ÁREA ESTIVERON AFECTADOS CON DIVERSOS DANOS ESTRUTURAIS POR MOR DOS ÚLTIMOS TEMPORAIS”

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: