Este xoves e venres no MARCO, Lagartijas tiradas al sol

Este xoves e venres, dentro do ciclo ‘Material Memoria’

Montserrat, de Gabino Rodríguez [Lagartijas tiradas al sol]

E o sábado, proxección da película

Los mejores temas, de Nicolás Pereda 

Este xoves e venres, o mexicano Gabino Rodríguez (da compañía Lagartijas tiradas al sol) chega a Vigo para presentar a súa obra Montserrat, unha proposta escénica que se enmarca no ciclo ‘Material Memoria’, comisariado por Pablo Fidalgo Lareo dentro da exposición VERANEANTES. Ao día seguinte, sábado, o programa continúa coa proxección do filme Los mejores temas, de Nicolás Pereda, una coprodución de México, Canadá e Países Baixos, na que o propio Gabino Rodríguez encarna a un dos protagonistas.

Gabino Rodríguez [Lagartijas tiradas al sol]

Montserrat

Xoves 20 e venres 21 de febreiro, ás 19.30

Patio 1 (planta baixa)

ENTRADA GRATUÍTA. Prazas limitadas ata completar aforo

“En México, o teatro devén o espazo onde se deciden cuestións de veracidade e falsidade, máis cós xornais, o goberno ou as cortes. Polo menos poderíase chegar a tal conclusión despois de ver o ciclo La invención de nuestros padres, da compañía Lagartijas tiradas al sol. Tres obras conforman o ciclo: El rumor del incendio, un documental escénico sobre a vida de Margarita Urías Hermosillo; Se rompen las olas, estrea de Mariana Villegas sobre a relación entre os seus pais; e Montserrat, preestrea dunha obra de Gabino Rodríguez na que este pon en escena a busca da súa falecida (?) nai, Montserrat […] O final aberto deixa ao espectador sen fundamentación firme na que se poida apoiar para sacar conclusións. En vez de presentar unha autobiografía tal cal, ou investigar a veracidade dunha obra de non-ficción, Montserrat é un tratado sobre a ética e as responsabilidades do xénero documental”. (Julie Ann Ward)

Lagartijas tiradas al sol son unha cuadrilla de artistas convocados por Luisa Pardo e Gabino Rodríguez. Dende 2003 comezan a desenvolver proxectos como mecanismo para vincular o traballo e a vida, para borrar fronteiras. O seu traballo busca dotar de sentido, articular, dislocar e desentrañar o que a práctica cotiá fusiona e pasa por alto. Non ten que ver co entretemento; o seu traballo é un espazo para pensar. A compañía ten presentado as súas obras en festivais de todo o mundo, como Festivais de Outono de París e Madrid, Kunstenfestivaldesarts de Bruxelas, Festival TransAmériques de Montreal, e Zürcher Theatre Spektakel.

Nicolás Pereda

Los mejores temas

México-Canadá-Holanda / 2012 / Cor / 103 min

Sábado 22 de febreiro, ás 19.30

Patio 1 (planta baixa)

ENTRADA GRATUÍTA. Prazas limitadas ata completar aforo

 marco1

 

“Despois de facer algunhas películas cos mesmos actores interpretando papeis similares, decidín facer unha película sobre o proceso de representación. Isto abriu un mundo de novas posibilidades, incluíndo os ensaios, as repeticións e as interaccións entre personaxes de ficción e os actores que interpretan eses personaxes. Seguín esta busca mediante a substitución dun dos actores co meu tío, a metade de rodaxe. O meu tío entra na película como un obxecto documental que ten que relacionarse cos personaxes de ficción que actúan coma se el fose un deles”.

 

marcoNicolás Pereda (México D. F., 1982) ten unha Mestría en Artes en Dirección de Cine da Universidade de York, Toronto. Ten dirixido seis longametraxes e unha curtametraxe cos que gañou premios en moitos festivais. Realizou películas e vídeos para montaxes interdisciplinarias, óperas e pezas de danza que se teñen presentado en México, Asia e Europa. O cinema de Pereda foi exhibido en festivais como Cannes, Venecia, Róterdan, FIDMarseille, Viena e Edinburgo, e recibiu premios en varios deles. A primeira retrospectiva das súas películas tivo lugar no Cine Las Américas de Austin, Texas, en 2010. A esta seguíronlle outras en Jeonju IFF, Anthology Film Archives, Paris Cinema, Cartagena IFF, UCLA, Valdivia FF e Harvard Film Archive, sumando outras en Madrid, Seattle, San Francisco, Belo Horizonte e no TIFF Bell Lightbox de Toronto.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: