MATO AVALÍA COAS ASOCIACIÓNS QUE ATENDEN Á INMIGRACIÓN AS SÚAS NECESIDADES E PRESENTA AS LIÑAS DE TRABALLO NO EIDO DA INCLUSIÓN

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, analizou cos asistentes o funcionamento da Orde de Inclusión que superou os tres millóns de euros e incluíu a subvención de 50 programas destinados a incrementar a participación das persoas inmigrantes no mundo laboral
  • A responsable de Benestar referiuse tamén a que o departamento está a traballar para o desenvolvemento normativo da Lei de Inclusión, no que se están a establecer incentivos para a entrada no mercado laboral dos perceptores da RISGA
  • Indicou que a nova carteira de inclusión vai recoller e regular todos os servizos que prestan os albergues, centros de acollida, comedores sociais, centros de atención social continuada e centros de inclusión social .

Santiago, 18 de febreiro de 2014.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe un encontro coas principais asociacións que traballan en Galicia a prol da inserción laboral das persoas inmigrantes para coñecer as súas inquedanzas, demandas e necesidades e, desta forma, poder darlles unha resposta máis eficaz para desenvolver os seus programas.

Beatriz Mato analizou cos asistentes (Cáritas Santiago, Cáritas Tui-Vigo, Cáritas Lugo, Cáritas Mondoñedo-Ferrol, Ecos do Sur, Mestura, Viraventos e Fundación Juan Soñador) a execución da orde de inclusión pola  que en 2013 se unificaron tres convocatorias nunha soa. Esta liña de financiamento superou os tres millóns de euros e incluíu a subvención de 50 proxectos destinados a incrementar a participación das persoas inmigrantes no mundo laboral.

Mato relatou que esta orde prioriza os programas que recollen itinerarios personalizados de inserción sociolaboral porque, segundo indicou, “non hai mellor ferramenta para a inclusión que o emprego e ese é o camiño polo que pretendemos continuar”.

A responsable de Benestar referiuse tamén a que o departamento está a traballar para o desenvolvemento normativo da Lei de Inclusión a través da elaboración dun decreto. O obxectivo principal da Lei é converter a RISGA nun verdadeiro instrumento de integración e, para conseguilo, estanse a establecer incentivos e estímulos para a entrada no mercado laboral dos seus perceptores.

Así mesmo, neste encontro falouse da nova carteira de servizos de inclusión, un documento que se vai converter nun dos catro eixes do novo modelo de atención social que se está a desenvolver en Galicia: o novo modelo de carteiras (xunto coas carteiras para a dependencia, persoas con autonomía, e familia e infancia).

A conselleira engadiu que para acadar a máxima eficiencia é preciso contar cunha definición e regulación precisa dos servizos e recursos destinados ás persoas en risco de exclusión, ademais de amplialos conforme ás necesidades reais das persoas que atravesan situacións de vulnerabilidade.

Indicou que a nova carteira de inclusión vai recoller e regular todos os servizos que prestan os albergues, centros de acollida, comedores sociais, centros de atención social continuada e centros de inclusión social e, ademais teranse en conta as competencias do departamento en materia de inmigración.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: