Miss Caffeina, cun concerto a prol de Unicef, abre mañá a programación cultural do segundo cuadrimestre

FARM_4_WEB   Vigo, 18 de febreiro de 2014.- Os madrileños Miss Caffeina serán os encargados mañá de abrir a programación cultural deste cuadrimestre da Universidade de Vigo. Ademais, os asistentes ao concerto poderán colaborar, doando un euro, con Unicef, en concreto coa campaña Gotas para Níger. 

Miss Caffeina é un grupo de pop rock madrileño que tocará no escenario de Cidade Universitaria os temas do seu segundo e último LP –De polvo y flores-, producido por Max Dingel, recoñecido produtor de grupos como Goldfrapp, Glasvegas e The Killers e avalados pola discográfica Warner. Con máis de oito anos na escena, esta banda, liderada por Alberto Jiménez (voz), ten publicados xa 4 EPs, que o grupo vendía por internet, e un primeiro LP, Imposibilidad del fenómeno (2010). 

Consolidado xa como un grupo a seguir do pop rock español, a crítica fala dunha evolución notable neste ultimo álbum de Miss Caffeina, ao que consideran máis sofisticado, sen chegar a sonar artificiais, máis elegante e, por riba de todo, máis sinceros cunhas letras comprometidas, cheas de sentimentos. En De polvo y flores pódese atopar desde sons electrónicos, como os do seu single “Hielo T”, ata composicións con elementos sonoros case folclóricos, como é o caso de “Tormento”, single que abre o disco.

 

 

MISS CAFFEINA

 

 

Data:     19 de febreiro

Hora:    18.30 h  //  Colaboración dun euro para o programa Gotas para Níger de Unicef.

    Lugar: Teatro Roberto Vidal Bolaño. Cidade Universitaria. Campus de Vigo

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: