Noticias CIG

Comunicación

O xoves 20 de febreiro de 2014 CIG e CCOO convocan unha concentración ás 11 horas na entrada do hospital do Meixoeiro para denunciar o constante deterioro e abandono que sufre o hospital.

Esta concentración de protesta é o inicio dunha campaña de denuncia e presión ata que o SERGAS  tome en serio a rehabilitación estrutural do hospital e non dé mostras tan palpables do seu interese en  desvalorizar a sanidade pública.

Non basta con lavados de cara como fixeron na entrada principal, dando una man de pintura, se non que acometan a problemática xeral que está supondo uns gastos colaterais na atención sanitaria e un paulatino encarecemento das reparacións actuais, que van en aumento por non atallalas en tempo.

Nesta concentración participarase con obxectos de protección contra a auga para simbolizar unha situación que consideramos vergoñenta e inadmisible.

Ante o inicio das mobilizacións, o xerente da Área  de Xestión Integrada de Vigo acaba de solicitar unha xuntanza coa Xunta de Persoal o xoves 20 de febreiro ás 17 horas para informar da problemática sobre o hospital do Meixoeiro. Está claro que a presión e a denuncia persistente fixo saír do inmobilismo ao máximo responsable da área sanitaria en Vigo.

 A Unión Comarcal da CIG de Vigo celebra HOXE mércores unha asemblea de delgados/as no salón de actos da igrexa dos Capuchinos (Vázquez Varela, 15) de 10.00 a 12.00 horas para analizar as medidas que contén a ILP polo emprego que está a promover a central nacionalista. Intervirá tamén un profesor de Dereito Penal da USC para explicar a nova Lei de Seguridade Cidadá do Goberno español.

A continuación sairán en manifestación cara a o Marco, onde terá lugar unha concentración a partir das 12.30 horas. Tamén se recollerán sinaturas de apoio á ILP.

LIGAZÓN: As organizacións estudantís galegas Comités, Liga e Agir convocan folga no ensino contra a LOMCE e os recortes este xoves 20

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: