Concello de Vigo

O Concello ofrécese a abonar o aluguer dunha familia desafiuzada en Pi i Margall “un tempo razonable”

O alcalde avanzou que o Concello está a buscar fórmulas para axudar a dúas familias viguesas que están sendo amenazadas con desafiuzamentos. Nun dos casos, o dunha muller cunha filla minusválida que viven en Pi i Margall, o rexedor ofreceuse a que o Concello asuma o custo do aluguer “un tempo razonable para ver se mentres tanto aparece unha solución”.

 

O Concello acomete a limpeza da estrada vella de Madrid, de titularidade autonómica

O alcalde informou do inicio este xoves dos traballos de limpeza e adecentamento da estrada vella de Madrid, un vial competencia da Xunta de Galicia que se atopa en mal estado. Tras varios requerimentos á administración autonómica, o goberno local asume a mellora de cunetas, beirarrúas e taludes.

 


O goberno local estudará posibles colaboracións culturais co Consulado Honorario de Italia

Abel Caballero recibiu ao cónsul honorario de Italia en Galicia, Francesco Milani, unha vez que o seu homólogo en Vigo se xubilou aos 70 anos. Milani trasladou le ao rexedor que están a buscar substituto e que pretenden que sexa un cidadá italiano. Durante a reunión, Caballero instou ao diplomático a establecer contactos co departamento de Cultura para estudar futuras colaboracións culturais, entre as que podería atoparse a exhibición dunha ópera que está a percorrer Europa con motivo do nacemento de Giuseppe Verdi.

 


O Concello cooperará co programa de inmersión lingüística do colexio Alborada

O alcalde colaborará co intercambio de alumnos de Polonia que organiza o colexio Alborada, igual que o fixo o curso pasado. Así llo transmitiu hoxe xoves o rexedor á directiva do centro educativo durante un encontro no que lle avanzaron que en maio chegará un grupo de estudantes polacos dentro dun programa de inmersión lingüística.

 


Concerto de Love of Lesbian, no auditorio do Pazo de Congresos de Vigo

O venres 21 de febreiro, ás 22:00 h, o grupo Love of Lesbian actuará no Auditorio do Pazo de Congresos de Vigo, retomando o concerto previsto no programa Vigo en Festas que fora suspendido o pasado 26 de xullo polo accidente ferroviario acontecido en Santiago de Compostela. Así os e as fans dunha das bandas máis de moda no panorama indie actual poderán gozar do esperado concerto.

 


Comida homenaxe a Laxeiro, reunión do Padroado e entrega do Premio Laxeiro

O vindeiro 21 de febreiro celebrarase a tradicional comida homenaxe a Laxeiro en Vigo. Como ven sendo habitual, ese día reuniranse amigos de Laxeiro e persoeiros da cultura, a política e o mundo empresarial para lembrar ao singular artista o día no que cumpriría 106 anos. A coincidencia do 23 de febreiro, a data do nacemento de Laxeiro, en domingo, fixo que se adiantara a celebración deste emotivo acto ao venres, 21 de febreiro

 

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

 

Xunta de Goberno Local

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: