Archive | febrero 23, 2014

ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NAS 146 ESCOLAS INFANTÍS DA REDE A GALIÑA AZUL DA XUNTA

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que regula este procedemento para o curso 2014/2015
  • As solicitudes poderán presentarse ata o venres 21 de marzo inclusive
  • No baremo para nenos e nenas de novo ingreso increméntase a puntuación otorgada a cada pai e nai por estar en situación laboral de ocupación
  • As familias cunha renda pér cápita igual ou inferior a 7.500 euros anuais beneficiaranse da exención total de cota a partir do segundo fillo que acuda á mesma escola infantil
  • O curso para os menores de 3 anos comezará o 4 de setembro

Santiago, 21 de febreiro de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar abre mañá sábado o prazo para solicitar praza nas 146 escolas infantís da Rede Galiña Azul. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os requisitos e procedementos para solicitar as prazas. A resolución cos prazos e o lugar de presentación das instancias poderá consultarse a través da web http://www.escolasinfantís.net ou no propio centro onde se queira matricular ao neno ou nena.

Segundo se sinala no devandito anuncio do DOG, o prazo para a presentación de solicitudes de renovación de praza ou de novo ingreso será dende o 22 de febreiro ata o 21 de marzo inclusive, as listas provisionais de admitidos publicaranse o día 2 de maio e as listas definitivas, o día 27 de maio. O prazo para formalizar a matrícula dos nenos e nenas admitidos será dende o 28 de maio ata o 10 de xuño, ambos os dous incluídos. O curso comezará o 4 de setembro.

A rede A Galiña Azul inclúe na súa oferta para o curso 2014/2015 unha nova escola infantil de 82 prazas en Ferrol e 41 novas prazas na escola infantil de A Laracha, que tras unhas obras de ampliación para das 74 prazas actuais ás 115 o próximo curso.

Así, a oferta total da Xunta para o curso 2014/2015 ascende a 8.750 prazas en 148 escolas infantís. Esa oferta inclúe dúas escolas, as dos edificios administrativos da Xunta en Pontevedra e en Vigo, que terán un procedemento de matrícula independente ao estar as prazas reservadas para os fillos de traballadores da Administración autonómica.

Asimesmo, a planificación da Consellería de Traballo e Benestar inclúe actualmente un total de 25 novas escolas infantís das que 13 xa están en tramitación (en obras, teñen a obra adxudicada ou están en trámites para que as obras comecen proximamente).

Novidades no procedemento

A orde que regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís inclúe algunhas novidades. Así por exemplo, no baremo para nenos e nenas que solicitan praza por primeira vez nunha escola a puntuación otorgada a cada pai e nai en situación laboral de ocupación increméntase, pasando de 5 a 6 puntos. É preciso lembrar que xa o ano pasado este baremo incrementouse nun punto.

Tamén no que respecta ao baremo, outorgaránselle, como novidade, 3 puntos aos beneficiarios dunha Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) que se atopen no tramo de inserción, co fin de dar cumprimento á Lei de Inclusión Social de Galicia, que entrou en vigor en xaneiro deste ano e co obxectivo fundamental de facilitar a vida laboral e familiar ás persoas perceptoras de RISGA.

Así mesmo, as familias cunha renda pér cápita igual ou inferior aos 7.500 euros anuais beneficiaranse dunha exención total de cota a partir do segundo fillo que acuda á mesma escola infantil.

Destacar tamén que se inclúe o suposto de enfermidade grave para xustificar a necesidade de que un neno ou nena asista á escola infantil en periodos en que os centros permanecen pechados. Ata agora a xustificación desa necesidade era unicamente por motivos laborais.

Fóra de prazo e cheque infantil

Ademais, e ao igual que o ano pasado, as solicitudes presentadas fóra de prazo con xustificación admitiranse ata a data anterior á publicación da relación provisional de admitidos (2 de maio) co fin de concretar e unificar prazos en toda Galicia.

A documentación para optar a cheque infantil presentarase coa solicitude de praza nas escolas, como xa se fixo o ano pasado co propósito de axilizar a tramitación do mesmo.

XUNTA E CONCELLOS DA ÁREA DE VIGO ACORDAN O CRONOGRAMA PARA IMPLANTAR O PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO NO SEGUNDO TRIMESTRE DE 2015

O obxectivo é ter a proposta definitiva de convenio o 3º trimestre deste ano para ser aprobado polos concellos e posteriormente en Consello da Xunta no 4º trimestre

  • O departamento que dirixe Agustín Hernández márcase o reto de asinar o convenio entre Xunta e concellos no primeiro trimestre de 2015

Vigo, 20 de febreiro de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e os concellos que se integran na área do Plan de Transporte Metropolitano de Vigo (Vigo, Cangas, Moaña, Redondela, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas, Gondomar, Baiona e Nigrán) mantiveron esta tarde unha nova reunión sobre o Plan de Transporte Metropolitano co obxectivo de concretar o cronograma para a súa implantación efectiva no segundo trimestre de 2015.

A planificación fixa un total de 8 fitos, entre os que destacan dispoñer da proposta definitiva de convenio e anexos no 3º trimestre, co fin de que sexa aprobado polos concellos nos seus plenos municipais e, posteriormente, polo Consello da Xunta, no 4º trimestre deste ano.

A experiencia adquirida grazas a posta en funcionamento nas catro áreas de Galicia nas que o plan xa está operativo (A Coruña, Santiago, Ferrol e Lugo) permitirá o cumprimento destes prazos se todas as administracións implicadas, na medida das súas posibilidades, se comprometen a traballar con axilidade no proceso de implantación.

 

Fitos mais salientables

A Dirección Xeral de Mobilidade e os concellos traballarán no primeiro semestre deste ano na proposta de convenio e dos anexos. Para elo será necesario actualizar o estudo de previsións de demanda, a estimación das contías correspondentes a cada administración, así como a expansión do plan ao conxunto da área, co fin de analizar as incorporacións de Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Salvaterra do Miño e Soutomaior, que tamén foron convocados para a reunión de hoxe.

 

Esta fase tamén estará marcada polo inicio dos traballos para a adaptación dos sistemas tecnolóxicos nas 16 empresas de transporte metropolitano, 3 empresas de transporte marítimo e a de transporte urbano que se integrarán na área.

 

No terceiro trimestre de 2014 deberá estar pechada a proposta definitiva de convenio e, polo tanto, tamén as cantidades que deberá aportar cada unha das administracións implicadas.

 

O seguinte paso importante será a ratificación do convenio polos órganos municipais e a súa aprobación polo Consello da Xunta no cuarto trimestre deste ano, e a sinatura de dito convenio no primeiro trimestre de 2015. A implantación efectiva está prevista, si se cumpre este calendario, no segundo trimestre do vindeiro ano.

 

O Plan de Transporte Metropolitano de Galicia incorpora un conxunto de actuacións e directrices de coordinación encamiñadas a mellorar a competitividade da oferta de transporte público colectivo no ámbito das 7 grandes áreas urbanas de Galicia.

 

Na área de Vigo aplicaranse os mesmos criterios que no resto de áreas nos que está implantado o Transporte Metropolitano. As bonificacións son cofinanciadas polas diferentes administracións. Así, todas as viaxes de carácter metropolitano son subvencionadas pola Xunta nun 80% e polos concellos da área nun 20%. Así, un viaxeiro que utilice este servizo no traxecto Cangas- Vigo, tendo en conta a existencia de dous saltos, paga actualmente 2,90 euros (billete sinxelo) e coa utilización da tarxeta do transporte metropolitano pagaría 1,28 euros, é dicir, aforraría 1,62 euros en cada viaxe. No caso do transporte de ría, o mesmo traxecto cos mesmos saltos supón un importe de 2,60 euros, polo que o emprego da tarxeta metropolitana tamén significaría un aforro de 1,32 euros.

 

Concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia na Fundación Novacaixagalicia

O vindeiro xoves, 27 de febreiro, o Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia de Vigo acollerá un novo concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia incluído na tempada de abonos de clásica que organiza a entidade. A partir das 20.30 h, a agrupación de música clásica de Galicia ofrecerá un recital para o que contará con Ilyich Rivas na dirección, Vladimir Prjevalski no violín e Eugenia Petrova na viola. 

 

La Cámara de Vigo lanza el servicio Nosotros te llamamos…

El objetivo de esta iniciativa es facilitar y acercar la institución que dirige José García Costas a empresas y particulares

Vigo, 21/02/2014.- La Cámara de Comercio de Vigo pone a disposición de los usuarios el servicio “Nosotros te llamamos”, una iniciativa cameral pionera en España que, desde hoy mismo, pretende facilitar el acceso a los servicios de la institución que dirige José García Costas.

A través de un sencillo formulario, el usuario podrá elegir la forma en la que desea le contacten (mediante correo electrónico o llamada telefónica, indicando las preferencias en el horario), así como el motivo de su consulta. La solicitud ofrece un listado de los servicios más demandados en la Cámara y otras opciones para que la respuesta del personal cameral sea lo más certera posible.

A la espera de la aprobación de la nueva Ley de Cámaras, la institución viguesa pretende seguir dando a conocer el trabajo que desde aquí se realiza, los numerosos servicios que ofrece a empresas y particulares y, en definitiva, acercarse aún más a los ciudadanos. Desde su llegada a la presidencia de la Cámara de Vigo en 2001, José García Costas ha puesto todo su empeño en que la Cámara realice un especial esfuerzo para dar a conocer los servicios que ofrece y las actividades que  desarrolla.  Éste vuelve a ser un paso más.

Siempre a la última en nuevas tecnologías

La Cámara de Vigo ha intentado siempre que los usuarios de sus servicios disfruten de la máxima facilidad en su contacto con la Cámara, utilizando para ello las soluciones más avanzadas. Desde su puesta en marcha en 1997, la web se ha modificado en cinco ocasiones para adaptarse a los nuevos diseños online y para facilitar la navegación y mejorar la experiencia de uso de los usuarios. El actual portal resulta más visual e intuitivo para el internauta, con toda la información al alcance en menos pasos (con máximo 3 clicks). Además, la institución que preside García Costas fue de nuevo la primera de Galicia, y la cuarta en España (de 88 sedes), en abrir dos perfiles en las redes sociales Facebook y Twitter, con el objetivo de crear un vínculo de acercamiento mucho más ágil y en tiempo real con los usuarios.

Finalmente el pasado año, la Cámara de Comercio de Vigo fue la primera de Galicia, y la tercera en España, en poner al alcance de los usuarios una  app para los smartphones o tabletas con sistemas iOs y Android.

Desde la aplicación móvil, el usuario tiene acceso, por ejemplo, a la información e inscripción en cursos y seminarios, a las acciones de comercio exterior, o al departamento de empleo, al que puede enviar su CV, entre otros servicios. Además, puede ponerse en contacto con la institución cameral vía telefónica o enviar directamente un email.  

 

 

Lampreia nos Restaurantes de Valença é Prato de Excelência

 SONY DSC

         A Lampreia de Valença é um prato de excelência, que está em  destaque em 24 restaurantes valencianos, durante os meses de fevereiro e março.

         Em Valença será possível saborear as múltiplas formas de confecionar artesanalmente e apresentar o prato rei desta temporada, numa aposta forte de 24 unidades de restauração locais.

         Esta campanha promove os sabores genuínos da lampreia do rio Minho, considerada a melhor do mundo. Este é um convite irresistível para desfrutar dos deliciosos sabores deste ciclóstomo, um prato que se ama ou odeia, uma experiência gustativa única.

         Pescada artesanalmente, nas comunidades de pescadores locais, é confecionada nas unidades de restauração locais que apuram segredos seculares da arte de a confecionar e apresentar.

         Esta é, também, uma oportunidade, para (re)descobrir os encantos de Valença, numa época repleta de animação cultural e recreativa.

         Ponto alto na animação, destes dois meses, serão os “Sabores da Lampreia”, a maior mostra gastronómica da região, que decorrerá entre 21 e 23 de março, na comunidade piscatória valenciana de São Pedro da Torre.  Ao longo destes dois meses quem vier a Valença saborear a lampreia terá oportunidade de desfrutar de um amplo cartaz de atividades culturais e de lazer complementar.

         A iniciativa é da Câmara Municipal de Valença e da ADRIMINHO.

        Para Jorge Salgueiro Mendes “Valença é um destino gastronómico de excelência, para quem gosta de comer bem! Na época da lampreia já são tradicionais as romarias de apreciadores deste prato que não dispensam uma visita aos restaurantes de Valença para a degustar.”

A CONSELLEIRA DE FACENDA DEFENDE UN FINANCIAMENTO AUTONÓMICO BASEADO NA SOLIDARIEDADE E QUE TEÑA EN CONTA O CUSTO REAL DA PRESTACIÓN DOS SERVIZOS EN CADA TERRITORIO

Explicou que a reforma do actual sistema ten que garantir que todos os cidadáns teñan o mesmo nivel de servizos públicos, con independencia de onde residan

 Elena Muñoz Fonteriz participou hoxe en Vigo nunha comida-coloquio organizada pola Asociación para el Progreso de la Dirección (APD)

 Sinalou que o avellentamento e a dispersión “condicionan e encarecen” a prestación destes servizos, e lembrou que Galicia ten a metade dos núcleos de poboación de toda España

  Fixo fincapé en que Galicia é a comunidade que fará en 2014 maior esforzo investidor

  Avanzou que a Xunta traballa nunha Lei de Finanzas que terá como obxectivo “gastar mellor os recursos”

       A titular de Facenda destacou que Galicia soportou mellor esta prolongada recesión pese a que o último lustro foi o peor para a economía española en décadas .

 

os “Despidos galegos” de GADIS a doentes de baixa

GADIS despide traballadoras/es de baixa mediante “despedimentos disciplinares”, empregados/as que en moitos casos están nesa situación como consecuencia da súa actividade laboral. En resposta a isto, a CIG está a organizar mobilizacións e ocupacións de supermercados, como acontececeu este venres 21 en Vigo, reivindicando a readmisión e o cese dos abusos por parte dunha empresa que fachendea de “galega” mentres acomete todo tipo de abusos ao seu persoal.

Ligazón ao video: http://youtu.be/wDJxoTWZwHk

Avantar-Videos 
Departamento Audiovisual da CIG-Comunicación