ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NAS 146 ESCOLAS INFANTÍS DA REDE A GALIÑA AZUL DA XUNTA

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que regula este procedemento para o curso 2014/2015
  • As solicitudes poderán presentarse ata o venres 21 de marzo inclusive
  • No baremo para nenos e nenas de novo ingreso increméntase a puntuación otorgada a cada pai e nai por estar en situación laboral de ocupación
  • As familias cunha renda pér cápita igual ou inferior a 7.500 euros anuais beneficiaranse da exención total de cota a partir do segundo fillo que acuda á mesma escola infantil
  • O curso para os menores de 3 anos comezará o 4 de setembro

Santiago, 21 de febreiro de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar abre mañá sábado o prazo para solicitar praza nas 146 escolas infantís da Rede Galiña Azul. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os requisitos e procedementos para solicitar as prazas. A resolución cos prazos e o lugar de presentación das instancias poderá consultarse a través da web http://www.escolasinfantís.net ou no propio centro onde se queira matricular ao neno ou nena.

Segundo se sinala no devandito anuncio do DOG, o prazo para a presentación de solicitudes de renovación de praza ou de novo ingreso será dende o 22 de febreiro ata o 21 de marzo inclusive, as listas provisionais de admitidos publicaranse o día 2 de maio e as listas definitivas, o día 27 de maio. O prazo para formalizar a matrícula dos nenos e nenas admitidos será dende o 28 de maio ata o 10 de xuño, ambos os dous incluídos. O curso comezará o 4 de setembro.

A rede A Galiña Azul inclúe na súa oferta para o curso 2014/2015 unha nova escola infantil de 82 prazas en Ferrol e 41 novas prazas na escola infantil de A Laracha, que tras unhas obras de ampliación para das 74 prazas actuais ás 115 o próximo curso.

Así, a oferta total da Xunta para o curso 2014/2015 ascende a 8.750 prazas en 148 escolas infantís. Esa oferta inclúe dúas escolas, as dos edificios administrativos da Xunta en Pontevedra e en Vigo, que terán un procedemento de matrícula independente ao estar as prazas reservadas para os fillos de traballadores da Administración autonómica.

Asimesmo, a planificación da Consellería de Traballo e Benestar inclúe actualmente un total de 25 novas escolas infantís das que 13 xa están en tramitación (en obras, teñen a obra adxudicada ou están en trámites para que as obras comecen proximamente).

Novidades no procedemento

A orde que regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís inclúe algunhas novidades. Así por exemplo, no baremo para nenos e nenas que solicitan praza por primeira vez nunha escola a puntuación otorgada a cada pai e nai en situación laboral de ocupación increméntase, pasando de 5 a 6 puntos. É preciso lembrar que xa o ano pasado este baremo incrementouse nun punto.

Tamén no que respecta ao baremo, outorgaránselle, como novidade, 3 puntos aos beneficiarios dunha Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) que se atopen no tramo de inserción, co fin de dar cumprimento á Lei de Inclusión Social de Galicia, que entrou en vigor en xaneiro deste ano e co obxectivo fundamental de facilitar a vida laboral e familiar ás persoas perceptoras de RISGA.

Así mesmo, as familias cunha renda pér cápita igual ou inferior aos 7.500 euros anuais beneficiaranse dunha exención total de cota a partir do segundo fillo que acuda á mesma escola infantil.

Destacar tamén que se inclúe o suposto de enfermidade grave para xustificar a necesidade de que un neno ou nena asista á escola infantil en periodos en que os centros permanecen pechados. Ata agora a xustificación desa necesidade era unicamente por motivos laborais.

Fóra de prazo e cheque infantil

Ademais, e ao igual que o ano pasado, as solicitudes presentadas fóra de prazo con xustificación admitiranse ata a data anterior á publicación da relación provisional de admitidos (2 de maio) co fin de concretar e unificar prazos en toda Galicia.

A documentación para optar a cheque infantil presentarase coa solicitude de praza nas escolas, como xa se fixo o ano pasado co propósito de axilizar a tramitación do mesmo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: