XUNTA E CONCELLOS DA ÁREA DE VIGO ACORDAN O CRONOGRAMA PARA IMPLANTAR O PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO NO SEGUNDO TRIMESTRE DE 2015

O obxectivo é ter a proposta definitiva de convenio o 3º trimestre deste ano para ser aprobado polos concellos e posteriormente en Consello da Xunta no 4º trimestre

  • O departamento que dirixe Agustín Hernández márcase o reto de asinar o convenio entre Xunta e concellos no primeiro trimestre de 2015

Vigo, 20 de febreiro de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e os concellos que se integran na área do Plan de Transporte Metropolitano de Vigo (Vigo, Cangas, Moaña, Redondela, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas, Gondomar, Baiona e Nigrán) mantiveron esta tarde unha nova reunión sobre o Plan de Transporte Metropolitano co obxectivo de concretar o cronograma para a súa implantación efectiva no segundo trimestre de 2015.

A planificación fixa un total de 8 fitos, entre os que destacan dispoñer da proposta definitiva de convenio e anexos no 3º trimestre, co fin de que sexa aprobado polos concellos nos seus plenos municipais e, posteriormente, polo Consello da Xunta, no 4º trimestre deste ano.

A experiencia adquirida grazas a posta en funcionamento nas catro áreas de Galicia nas que o plan xa está operativo (A Coruña, Santiago, Ferrol e Lugo) permitirá o cumprimento destes prazos se todas as administracións implicadas, na medida das súas posibilidades, se comprometen a traballar con axilidade no proceso de implantación.

 

Fitos mais salientables

A Dirección Xeral de Mobilidade e os concellos traballarán no primeiro semestre deste ano na proposta de convenio e dos anexos. Para elo será necesario actualizar o estudo de previsións de demanda, a estimación das contías correspondentes a cada administración, así como a expansión do plan ao conxunto da área, co fin de analizar as incorporacións de Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Salvaterra do Miño e Soutomaior, que tamén foron convocados para a reunión de hoxe.

 

Esta fase tamén estará marcada polo inicio dos traballos para a adaptación dos sistemas tecnolóxicos nas 16 empresas de transporte metropolitano, 3 empresas de transporte marítimo e a de transporte urbano que se integrarán na área.

 

No terceiro trimestre de 2014 deberá estar pechada a proposta definitiva de convenio e, polo tanto, tamén as cantidades que deberá aportar cada unha das administracións implicadas.

 

O seguinte paso importante será a ratificación do convenio polos órganos municipais e a súa aprobación polo Consello da Xunta no cuarto trimestre deste ano, e a sinatura de dito convenio no primeiro trimestre de 2015. A implantación efectiva está prevista, si se cumpre este calendario, no segundo trimestre do vindeiro ano.

 

O Plan de Transporte Metropolitano de Galicia incorpora un conxunto de actuacións e directrices de coordinación encamiñadas a mellorar a competitividade da oferta de transporte público colectivo no ámbito das 7 grandes áreas urbanas de Galicia.

 

Na área de Vigo aplicaranse os mesmos criterios que no resto de áreas nos que está implantado o Transporte Metropolitano. As bonificacións son cofinanciadas polas diferentes administracións. Así, todas as viaxes de carácter metropolitano son subvencionadas pola Xunta nun 80% e polos concellos da área nun 20%. Así, un viaxeiro que utilice este servizo no traxecto Cangas- Vigo, tendo en conta a existencia de dous saltos, paga actualmente 2,90 euros (billete sinxelo) e coa utilización da tarxeta do transporte metropolitano pagaría 1,28 euros, é dicir, aforraría 1,62 euros en cada viaxe. No caso do transporte de ría, o mesmo traxecto cos mesmos saltos supón un importe de 2,60 euros, polo que o emprego da tarxeta metropolitana tamén significaría un aforro de 1,32 euros.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: