ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NAS ESCOLAS INFANTÍS DA REDE A GALIÑA AZUL DA XUNTA QUE CONTA NA ÁREA DE VIGO CON 21 CENTROS

1024×768

Normal
0

21

false
false
false

ES
X-NONE
X-NONE

st1\:*{behavior:url(#ieooui) }

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:”Tabla normal”;
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-priority:99;
mso-style-qformat:yes;
mso-style-parent:””;
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:”Times New Roman”,”serif”;}

Imagen  As solicitudes poderán presentarse ata o venres 21 de marzo inclusive

  No baremo para nenos e nenas de novo ingreso increméntase a puntuación otorgada a cada pai e nai por estar en situación laboral de ocupación

As familias cunha renda pér cápita igual ou inferior a 7.500 euros anuais beneficiaranse da exención total de cota a partir do segundo fillo que acuda á mesma escola infantil

 

Vigo, 24 de febreiro de 2014.- O prazo para a presentación de solicitudes nas escolas infantís A Galiña Azul está aberto ata o día 21 de marzo inclusive. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, informaron hoxe en roda de prensa da publicación o pasado venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) dos requisitos e procedementos para a solicitude de prazas. A resolución cos prazos e o lugar de presentación das instancias pode consultarse a través da web www.escolasinfantis.net ou no propio centro, onde se queira matricular ao neno ou nena.

 

Segundo se sinala no devandito anuncio do DOG, o prazo para a presentación de solicitudes de renovación de praza ou de novo ingreso será dende o 22 de febreiro ata o 21 de marzo inclusive, as listas provisionais de admitidos publicaranse o día 2 de maio e as listas definitivas, o día 27 de maio. O prazo para formalizar a matrícula dos nenos e nenas admitidos será dende o 28 de maio ata o 10 de xuño, ambos os dous incluídos. O curso comezará o 4 de setembro.

 

A oferta total da Xunta para o curso 2014/2015 ascende a 8.750 prazas en 148 escolas infantís. Na área de Vigo, a rede autonómica conta cun total de 21 escolas infantís e 1.410 prazas. Esa oferta inclúe unha escola, a do edificio administrativo da Xunta en Vigo, que terá un procedemento de matrícula independente ao estar as prazas reservadas para os fillos de traballadores da Administración autonómica.

 

Asimesmo, a planificación da Consellería de Traballo e Benestar para a área territorial de Vigo inclúe actualmente tres novas escolas, que se construirán nos concellos de Salvaterra de Miño, Redondela e Vigo. A dúas primeiras serán de 61 prazas e a última, que se construirá no marco dun convenio asinado entre Benestar e a Fundación Amancio Ortega, está previsto que conte con 82 prazas

 

Novidades no procedemento

A orde que regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís inclúe algunhas novidades. Así por exemplo, no baremo para nenos e nenas que solicitan praza por primeira vez nunha escola a puntuación otorgada a cada pai e nai en situación laboral de ocupación increméntase, pasando de 5 a 6 puntos. É preciso lembrar que xa o ano pasado este baremo incrementouse nun punto.

 

Tamén no que respecta ao baremo, outorgaránselle, como novidade, 3 puntos aos beneficiarios dunha Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) que se atopen no tramo de inserción, co fin de dar cumprimento á Lei de Inclusión Social de Galicia, que entrou en vigor en xaneiro deste ano e co obxectivo fundamental de facilitar a vida laboral e familiar ás persoas perceptoras de RISGA.

 

Así mesmo, as familias cunha renda pér cápita igual ou inferior aos 7.500 euros anuais beneficiaranse dunha exención total de cota a partir do segundo fillo que acuda á mesma escola infantil.

 

Destacar tamén que se inclúe o suposto de enfermidade grave para xustificar a necesidade de que un neno ou nena asista á escola infantil en periodos en que os centros permanecen pechados. Ata agora a xustificación desa necesidade era unicamente por motivos laborais.

 

Fóra de prazo e cheque infantil

Ademais, e ao igual que o ano pasado, as solicitudes presentadas fóra de prazo con xustificación admitiranse ata a data anterior á publicación da relación provisional de admitidos (2 de maio) co fin de concretar e unificar prazos en toda Galicia.

 

A documentación para optar a cheque infantil presentarase coa solicitude de praza nas escolas, como xa se fixo o ano pasado co propósito de axilizar a tramitación do mesmo.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: