A XUNTA ACTUALIZA OS MÉRITOS DOS INTEGRANTES DAS LISTAS PARA NOMEAR INTERINOS E CONTRATAR PERSOAL LABORAL TEMPORAL
Normal
0
21
false
false
false
ES
X-NONE
X-NONE
MicrosoftInternetExplorer4
/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:»Tabla normal»;
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-priority:99;
mso-style-qformat:yes;
mso-style-parent:»»;
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:»Calibri»,»sans-serif»;}
Tras a súa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia, os interesados teñen dez días hábiles para solicitar enmendas e achegar a documentación xustificativa
A Administración efectúa anualmente de oficio a actualización de méritos, coa publicación cada mes de febreiro dunha listaxe provisional
Examinada a documentación, a Dirección Xeral da Función Pública dará publicidade ás puntuacións definitivas no DOG
Santiago, 27 de febreiro de 2014.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha resolución pola que a Xunta procede á actualización anual de méritos dos integrantes das listas para o nomeamento de interinos e para a contratación de persoal laboral temporal. Os interesados disporán, a partir de mañá venres 28 de febreiro, de dez días hábiles para solicitar enmendas e achegar a documentación xustificativa.
A Administración efectúa de oficio, cada mes de febreiro, a actualización provisional de méritos, adquiridos neste caso durante o ano 2013. Finalizado o prazo para solicitar enmendas e aportar documentos, a Dirección Xeral da Función Pública dará a coñecer as puntuacións definitivas mediante outra resolución que se publicará igualmente no DOG.
O nomeamento de persoal interino e a contratación de persoal laboral pola Administración da Xunta de Galicia realízase entre os integrantes destas listas. A orde de prelación dos aspirantes está determinada pola suma de puntuacións atribuídas aos seus méritos.