GALICIA PROMOVE EN MADRID O PLAN DE MAIORES E A ESTRATEXIA DE PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA PARA FAVORECER O ENVELLECEMENTO ACTIVO

Normal
0

21

false
false
false

ES
X-NONE
X-NONE

MicrosoftInternetExplorer4

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:»Tabla normal»;
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-priority:99;
mso-style-qformat:yes;
mso-style-parent:»»;
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:»Times New Roman»,»serif»;}

  A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, participou hoxe en Madrid na xornada de presentación do documento elaborado polo IMSERSO sobre ‘Propostas para o desenvolvemento das orientacións do Consello da Unión Europea relativas ás persoas maiores’

  Os instrumentos postos en marcha pola Xunta para facer efectivas as recomendacións europeas en materia de envellecemento activo son, entre outras, a Estratexia de prevención da dependencia e o Plan Galego de Persoas Maiores

A Estratexia de prevención e detección precoz da dependencia horizonte 2020, é un documento que recolle 400 medidas concretas, e vai marcar a folla de ruta das políticas de prevención en Galicia durante os próximos 6 anos

 A Consellería de Traballo e Benestar está a desenvolver o Plan Galego de Persoas Maiores 2010-2013, horizonte 2015, que engloba todos os ámbitos de actuación, protección e atención aos maiores, beneficiando a 120.000 persoas ao ano

Madrid, 27 de febreiro de 2014.- A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, promoveu hoxe en Madrid, no Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO), as ferramentas coas que conta a Xunta de Galicia para facer efectivas as recomendacións europeas para favorecer o envellecemento activo. O Goberno galego, para acadar este obxectivo, puxo en marcha a Estratexia de prevención e detección precoz da dependencia, horizonte 2020 e o Plan galego de persoas maiores 2010-2013, horizonte 2015.

A secretaria xeral promoveu estes dous instrumentos nunha xornada organizada polo IMSERSO para presentar o documento de ‘Propostas para o desenvolvemento das orientacións do Consello da Unión Europea relativa ás persoas maiores’, que contén propostas para o desenvolvemento no Estado das orientacións que teñen que guiar o envellecemento activo e a solidariedade entre xeracións.

Neste senso, Galicia xa ten en marcha a Estratexia de prevención e detección precoz da dependencia 2013-2016, un documento que recolle preto de 400 medidas concretas, e vai marcar a folla de ruta das políticas de prevención en Galicia durante os próximos 6 anos.

A Xunta está a traballar en aspectos como a promoción da autonomía persoal, o envellecemento activo, a aplicación das novas tecnoloxías nas políticas de prevención ou a colaboración con outras rexións en programas europeos.

Ademais, o departamento autonómico está a desenvolver o Plan Galego das Persoas Maiores 2010-2013, horizonte 2015, un plan que engloba todos os ámbitos de actuación, protección e atención aos maiores e do que se teñen beneficiado 120.000 persoas ao ano.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: