Archive | marzo 1, 2014

UN TOTAL DE 350 MOZOS E MOZAS GALEGOS BENEFICIARANSE ESTE ANO DOS PROGRAMAS DE MOBILIDADE ORGANIZADOS POR XUVENTUDE

  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe en rolda de prensa tres iniciativas: Galeuropa, Eurogal e o proxecto La Ida
  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de Galeuropa, que ten como fin realizar prácticas formativas non remuneradas en empresas do estranxeiro
  • A principal novidade este ano é que se amplía o ámbito xeográfico a calquera país do mundo, e non se limita só á Unión Europea
  • Eurogal, que se poderá solicitar no mes de xuño, oferta bolsas Leonardo Da Vinci para a realización de prácticas laborais en Francia, Italia, Irlanda, Polonia, Hungría e República Checa
  • O departamento autonómico colaborará tamén co proxecto La Ida, a través do que 10 persoas poderán beneficiarse de estadías formativas en Alemaña

 

Santiago, 28 de febreiro de 2014.- Un total de 350 mozos e mozas galegos poderán beneficiarse este ano de tres programas de mobilidade organizados pola Consellería de Traballo e Benestar, nas que investirá uns 745.000 euros. En concreto, trátase de Galeuropa, Eurogal e o proxecto La Ida.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe en rolda de prensa estas tres actuacións. Na súa intervención, destacou que os programas de mobilidade teñen como finalidade “apoiar a formación da mocidade, mediante a mellora da súa empregabilidade, xa que favorecen a adquisición de novos coñecementos, habilidades, capacidade e cualificacións”. Isto, considerou, axuda a facilitar a inclusión dos mozos e mozas no mercado de traballo.

Ademais de mellorar o currículo laboral dos participantes, as iniciativas de mobilidade permiten mellorar as competencias idiomáticas. Ao tempo, coñécese outra organización do traballo, e detéctanse novos sectores empresariais para implantar en Galicia, así como novas posibilidades de internacionalización para empresas galegas.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de Galeuropa, que regula axudas para que mozos e mozas realicen prácticas formativas non remuneradas en empresas do estranxeiro. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, a partir de mañá.

As estadías terán unha duración de 8 semanas, cun mínimo de 25 horas de formación semanais. As prácticas deberán realizarse no período comprendido entre o día seguinte á resolución das axudas e o 30 de outubro deste ano.

Os beneficiarios son mozos e mozas con idades entre os 18 e os 30 anos, con coñecemento da lingua do país de destino e que estean en posesión do título universitario de grao ou equivalente, ou do grao medio ou superior de Formación Profesional, de ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño ou de ensinanzas deportivas.

A orde, que conta cun orzamento de 600.000 euros, presenta dúas novidades importantes este ano. Por unha banda, amplíase o ámbito xeográfico de realización das prácticas a calquera país do mundo, e xa non se limita á Unión europea. Por outro lado, a contía da axuda deixará de ser fixa para adaptarse ao país de destino. Así, oscilará entre un mínimo de 1.465 euros e un máximo de 2.400. A propia convocatoria prevé tamén un anticipo do 80 por cento da axuda.

Eurogal

Durante a súa intervención, Rodeiro adiantou tamén que Xuventude porá en marcha outra iniciativa relacionada coa mobilidade: o programa Eurogal. Este proxecto oferta bolsas Leonardo Da Vinci, para estadías de 12 semanas de duración, e permite aos participantes realizar prácticas laborais en seis países europeos: Francia, Italia, Irlanda, Polonia, Hungría e República Checa. Está destinada a mozos titulados dos sectores de hostalería e turismo, administrativo, electricidade e enerxía, marketing e comercio, informático e agroalimentario.

As estadías do Eurogal desenvolveranse entre setembro deste ano e marzo de 2015 e o prazo de solicitudes abrirase ao longo do mes de xuño.

O responsable autonómico informou tamén de que a Consellería de Traballo e Benestar colaborará un ano máis no proxecto La Ida, un programa transnacional para a realización de prácticas formativas en empresa de Alemaña.

No mes de xullo abrirase o prazo de inscrición para as prazas desta iniciativa. As estadías durarán entre catro e cinco semanas de duración, e terán lugar entre outubro e novembro. Neste caso, as prácticas realizaranse nos sectores do metal, xardinería, impresión, gastronomía e comercio.

Os destinatarios deste proxecto son mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, sen titulación académica ou cun ciclo medio de formación, e en situación de desemprego superior aos 6 meses.

Anuncios

MOODY’S SUBE A Baa2 O RATING DE GALICIA E RESALTA A REDUCIÓN DO DÉFICIT DA COMUNIDADE E A SUA SITUACIÓN FINANCEIRA MÁIS SÓLIDA

Por primeira vez dende o inicio da crise, a axencia de cualificación revisa á alza o rating da Comunidade galega

Destaca o mellor comportamento de Galicia na redución do déficit público e o seu menor nivel de endebedamento respecto ao resto das autonomías

Subliña tamén a mellor posición de liquidez de Galicia en comparación con outras comunidades

Galicia non pode ter unha perspectiva da débeda superior á de España, porque o rating dun Estado soberano non pode ser superado polo dunha comunidade autónoma de réxime común.

 

PP de Vigo noticias

El PP exige al gobierno municipal que aclare si ha intervenido directamente en la temática elegida para el carnaval vigués ante la singular coincidencia con las obsesiones políticas del alcalde.

El grupo municipal popular considera demasiado evidente el paralelismo entre la escenificación del Meco y los reiterados posicionamientos públicos de Abel Caballero contra el presidente de la Xunta.

Vigo, 1 de marzo de 2014.- El grupo municipal del Partido Popular solicitará al gobierno local una aclaración sobre el sistema mediante el cual se eligen las temáticas del carnaval que oficialmente subvenciona el ayuntamiento de Vigo.

Las coincidencias en la escenificación del Meco de este año con las obsesiones políticas protagonizadas durante los últimos meses por el alcalde socialista Abel Caballero contra el presidente de la Xunta no han pasado inadvertidas para muchos ciudadanos.

Es por ello que el PP quiere saber si el gobierno municipal ha influido de una manera decisiva en la elección de esta temática para el carnaval vigués. De ser así, el grupo popular manifiesta su repulsa hacia la utilización del erario público en beneficio de un partido político determinado, o bien en contra de cualquier opción política concreta.

La práctica habitual para la organización de los actos conmemorativos del carnaval venía otorgando al gobierno municipal un papel de colaborador esencial, pero sin que ello supusiera en ningún caso una injerencia directa y subjetiva en la temática elegida por las asociaciones protagonistas de las actividades festivas.

El grupo municipal del Partido Popular entiende y respeta  la esencia y los contenidos irónicos del carnaval. Pero repudia el hecho de que desde el gobierno municipal se pueda llegar a utilizar una posición de dominio para controlar de manera partidaria y arbitraria el objeto de escarnio en la festividad del Entroido.

El alcalde concluirá el actual mandato sin haber construido ni una sola vivienda de protección oficial, cuando había anunciado 6.000

  • El Grupo Popular pregunta en la Gerencia de Urbanismo sobre el estado de tramitación de las únicas dos parcelas que fueron adjudicadas a ese fin. Una de ellas está pendiente del Registro de la Propiedad, antes de firmar el contrato; la otra ni siquiera ha iniciado ese procedimiento.

  • El concejal del PP, Antonio Bernárdez, asegura que “con los plazos de una edificación normal, el regidor llegará a 2015 sin poder cumplir la promesa electoral con la que engatusó a algunos vigueses”.

  • Hace más de un año se adjudicaron los solares municipales de la Plaza Elíptica y de la calle Zaragoza y ni siquiera se ha llegado a formalizar el contrato de venta de ninguno de ellos.

  •  El Grupo Popular se cuestiona qué servicios habrá en Samil el próximo verano, con As Dornas todavía sin adecentar y sin la concesión del antiguo Jonathan

    • El concejal del PP, Antonio Bernárdez, critica “la falta de previsión” del gobierno municipal para el principal polo de atracción turística de Vigo durante el verano.

    • El derribo del edificio de As Dornas tiene un plazo de ejecución de tres meses a los que habrá que añadir el tiempo necesario para el ajardinamiento del terreno, tal como figura en el proyecto para el solar.

    • El gobierno municipal anunció que sacaría a concesión la cafetería del antiguo Jonathan, pero aún no se sabe nada. Además, habrá que realizar reformas en su interior una vez adjudicada la explotación de ese recinto”, argumenta Bernárdez.

    •  

Chega a Vigo Chema Trueba, guionista de El hormiguero e colaborador no espazo radiofónico Anda ya!

A cidade de Vigo acolle o último espectáculo de Chema Trueba, humorista imitador e guionista, da man de Tertulia Producciones. A cita co colaborador do espazo radiofónico Anda ya! de Los 40 principales e guionista de El hormiguero será o vindeiro 22 de marzo ás 22.00 h no Teatro-Cine Salesianos de Vigo, localizado na rúa Venezuela, 3. As entradas para o espectáculo xa están á venda en Servinova,www.servinova.com, o servizo de venda de entradas da Fundación Novacaixagalicia, e mais na billeteira telefónica 902 504 500, en horario de 08.00 a 22.00 h.

A Fundación Novacaixagalicia presenta en Vigo o seu obradoiro literario

Ao longo do mes de marzo, a Fundación Novacaixagalicia acollerá en Vigo un obradoiro literario destinado a todas aquelas persoas con interese no ámbito das letras e que, ou ben desexen iniciarse na escrita ou ben xa teñan certa destreza, desexen perfeccionar a súa técnica e os seus coñecementos sobre a arte da literatura. Neste curso procúrase desenvolver e potenciar a creatividade do alumnado e incentivar o goce polo pracer de escribir.

GALICIA E OUTRAS CINCO COMUNIDADES DEFENDEN QUE O MODELO DE FINANCIAMENTO AUTONÓMICO VALORE AXEITADAMENTE OS CRITERIOS DE TERRITORIO, DENSIDADE, DISPERSIÓN E AVELLENTAMENTO PARA GARANTIR OS SERVIZOS PÚBLICOS

  • As seis Comunidades coinciden en reclamar un modelo de financiamento autonómico dotado con máis recursos que permita prestar uns servizos públicos básicos de calidade
  • Acordaron unir esforzos para defender que o futuro do sistema se basee en criterio de reparto xustos e equitativos
  • Defenden unha valoración axeitada das características comúns a este seis territorios como son a superficie ou a dispersión xeográfica da poboación

 

Zaragoza, 28 febreiro de 2014.- Galicia, Aragón, Asturias, Castela e León, Estremadura e La Rioja defenderon hoxe un modelo de financiamento autonómico que valore axeitadamente os criterios de territorio, densidade, dispersión e avellentamento para garantir os servizos públicos.

 

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz participou esta mañá nunha reunión de traballo en Zaragoza na que tamén participaron os conselleiros competentes en materia de Facenda destas cinco Comunidades e que tivo como resultadoun documento no que se recollen os principios básicos que deben presidir ao seu xuízo a negociación do modelo de financiamento.

 

O primeiro deles é que se recoñeza a evolución crecente das necesidades de gasto das autonomías respecto ao Estado, por canto prestan os servizos que configuran o núcleo do Estado do Benestar e en especial a sanidade, a educación e os servizos sociais. De aí a reivindicación de que o punto de partida da reforma sexa un incremento global dos recursos financeiros atribuídos a todas as comunidades.
A segunda aspiración que expresan os seis gobernos é que se produza por consenso de todas as autonomías.
En terceiro lugar, Galicia, Aragón, Asturias, Castela e León, Estremadura e La Rioja queren que se garanta a igualdade de todos os españois no acceso aos servizos públicos. Para iso é preciso que o financiamento de cada comunidade responda aos custos efectivos da prestación de servizos, nos que inflúen de xeito esencial factores distintos do número de habitantes. Entre eles destacan a extensión xeográfica, a dispersión, a baixa densidade de poboación ou o seu avellentamento, que no modelo vixente só están, recoñecidas cun peso do 3%. É dicir, que a modificación do modelo debe ponderar de forma correcta e nun grao suficiente -e polo tanto superior ao actual- estas características diferenciais.
Convén recordar, neste sentido, que as seis autonomías que participaron no encontro suman o 45% da superficie española, unha elevada porcentaxe que contrasta co feito de que nese extenso territorio reside o 19% da poboación.

  •  

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz participou esta mañá nunha reunión de traballo en Zaragoza na que tamén participaron os conselleiros competentes en materia de Facenda destas cinco Comunidades e que tivo como resultadoun documento no que se recollen os principios básicos que deben presidir ao seu xuízo a negociación do modelo de financiamento.

 

O primeiro deles é que se recoñeza a evolución crecente das necesidades de gasto das autonomías respecto ao Estado, por canto prestan os servizos que configuran o núcleo do Estado do Benestar e en especial a sanidade, a educación e os servizos sociais. De aí a reivindicación de que o punto de partida da reforma sexa un incremento global dos recursos financeiros atribuídos a todas as comunidades.
A segunda aspiración que expresan os seis gobernos é que se produza por consenso de todas as autonomías.
En terceiro lugar, Galicia, Aragón, Asturias, Castela e León, Estremadura e La Rioja queren que se garanta a igualdade de todos os españois no acceso aos servizos públicos. Para iso é preciso que o financiamento de cada comunidade responda aos custos efectivos da prestación de servizos, nos que inflúen de xeito esencial factores distintos do número de habitantes. Entre eles destacan a extensión xeográfica, a dispersión, a baixa densidade de poboación ou o seu avellentamento, que no modelo vixente só están, recoñecidas cun peso do 3%. É dicir, que a modificación do modelo debe ponderar de forma correcta e nun grao suficiente -e polo tanto superior ao actual- estas características diferenciais.

 

Tapas por la igualdade no Casco Vello

TapasPolaIgualdade_Con motivo da conmemoración do “8 de marzo”, Día Internacional das Mulleres, a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo en colaboración co Consello Municipal da Muller organizan unha serie de actos na cidade baixo o lema ” Pola defensa dos dereitos sexuais, reprodutivos e aborto”. 

 
Vigovello súmase a esta iniciativa ofrecendo as Tapas pola Igualdade en 32 locais hosteleiros que figuran no cartel que achegamos.
Estas Tapas estarán disponibles dende o 28 de febreiro ata o 9 de marzo cun precio único de 2€.

 

A XUNTA CONVIDA AO CONCELLO DE VIGO A SUBIRSE AO AUTOBUS DO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO

  • O conselleiro Agustín Hernández e o alcalde Abel Caballero, mantiveron esta mañá unha reunión para analizar os beneficios deste plan para a mobilidade

  • O modelo que xa está a funcionar en A Coruña, Santiago, Ferrol e Lugo incrementou os usuarios do transporte público nun 5 por cento mentres que o urbano diminuíu un 6 por cento

  • Na área de Vigo permitirá aforros que poden superar os 1.000 euros por cidadán e ano

  • Outros dos beneficios e a redución do uso dos vehículos privados, e aínda máis na cidade de Vigo que con ao redor de 500.000 habitantes ten rexistrados uns 250.000 automóbiles

  • Ao longo do 2014 a Xunta de Galicia espera acadar o acordo e pasar á aprobación do plan por parte das distintas corporacións locais establecendo así a súa posta en marcha no 2015

 

Santiago, 1 de marzo de 2014.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustin Hernández, invita ao Concello de Vigo a unirse ao Plan de Transporte Metropolitano da área, co fin de aumentar o uso do transporte público e reducir a circulación dos vehículos privados polas rúas e estradas da comarca, sendo os cidadáns os grandes beneficiados.

 

Así o trasladou esta mañá Hernández ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, durante a celebración dunha reunión de traballo na que tamén estiveron presentes a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, María José Bravo Bosch, e a directora xeral de Mobilidade, María del Camino Triguero, co fin de abordar xunto aos membros da corporación local os beneficios que supoñen para unha grande urbe como Vigo a súa introdución no Plan de Transporte Metropolitano.

 

O conselleiro de Medio Ambiente explicoulle que o modelo xa está a funcionar nas áreas metropolitanas da Coruña, Santiago, Ferrol e Lugo con grán éxito e beneficio evidente para os cidadáns. Mostra de elo é o ascenso do 5 por cento dos usuarios do transporte metropolitano fronte a un descenso do 6 por cento do urbano, ademais de permitir unha maior mobilidade e un aforro para os cidadáns, que no caso da área de Vigo poden superar os 1.000 euros por persoa e ano.

 

Ademais outros dos beneficios é a redución do uso dos vehículos privados, e aínda máis na cidade de Vigo que con ao redor de 500.000 habitantes ten rexistrados uns 250.000 automóbiles, cifra que é moi importante sacar das rúas viguesas e que demostra a necesidade da implantación do Plan de Transporte Metropolitano.

 

Hernández pediulle ao alcalde que collera esta oportunidade que dende a Xunta de Galicia se lle esta a ofrecer e comprometeuse que nos vindeiros días o seu departamento enviará ao ente local as cifras trasladadas durante o encontro. Así mesmo, dentro da colaboración entre ambas administracións, o concello declarou que analizará a proposta remitida.

Implicación Xunta e concellos

Finalmente o conselleiro de Medio Ambiente destacou que Plan de Transporte Metropolitano atopase por encima das confrontacións políticas e que só se busca favorecer ao cidadán. Mostra de elo é o peche de acordos para o transporte metropolitano nas cidades de A Coruña, Santiago, Ferrol cando estas estaban gobernadas por alcaldes socialistas, así como coa cidade de Lugo.

Ao longo do 2014 a Xunta de Galicia espera acadar o acordo e pasar á aprobación do plan por parte das distintas corporacións locais establecendo así a súa posta en marcha no 2015