A XUNTA CONVIDA AO CONCELLO DE VIGO A SUBIRSE AO AUTOBUS DO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO

  • O conselleiro Agustín Hernández e o alcalde Abel Caballero, mantiveron esta mañá unha reunión para analizar os beneficios deste plan para a mobilidade

  • O modelo que xa está a funcionar en A Coruña, Santiago, Ferrol e Lugo incrementou os usuarios do transporte público nun 5 por cento mentres que o urbano diminuíu un 6 por cento

  • Na área de Vigo permitirá aforros que poden superar os 1.000 euros por cidadán e ano

  • Outros dos beneficios e a redución do uso dos vehículos privados, e aínda máis na cidade de Vigo que con ao redor de 500.000 habitantes ten rexistrados uns 250.000 automóbiles

  • Ao longo do 2014 a Xunta de Galicia espera acadar o acordo e pasar á aprobación do plan por parte das distintas corporacións locais establecendo así a súa posta en marcha no 2015

 

Santiago, 1 de marzo de 2014.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustin Hernández, invita ao Concello de Vigo a unirse ao Plan de Transporte Metropolitano da área, co fin de aumentar o uso do transporte público e reducir a circulación dos vehículos privados polas rúas e estradas da comarca, sendo os cidadáns os grandes beneficiados.

 

Así o trasladou esta mañá Hernández ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, durante a celebración dunha reunión de traballo na que tamén estiveron presentes a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, María José Bravo Bosch, e a directora xeral de Mobilidade, María del Camino Triguero, co fin de abordar xunto aos membros da corporación local os beneficios que supoñen para unha grande urbe como Vigo a súa introdución no Plan de Transporte Metropolitano.

 

O conselleiro de Medio Ambiente explicoulle que o modelo xa está a funcionar nas áreas metropolitanas da Coruña, Santiago, Ferrol e Lugo con grán éxito e beneficio evidente para os cidadáns. Mostra de elo é o ascenso do 5 por cento dos usuarios do transporte metropolitano fronte a un descenso do 6 por cento do urbano, ademais de permitir unha maior mobilidade e un aforro para os cidadáns, que no caso da área de Vigo poden superar os 1.000 euros por persoa e ano.

 

Ademais outros dos beneficios é a redución do uso dos vehículos privados, e aínda máis na cidade de Vigo que con ao redor de 500.000 habitantes ten rexistrados uns 250.000 automóbiles, cifra que é moi importante sacar das rúas viguesas e que demostra a necesidade da implantación do Plan de Transporte Metropolitano.

 

Hernández pediulle ao alcalde que collera esta oportunidade que dende a Xunta de Galicia se lle esta a ofrecer e comprometeuse que nos vindeiros días o seu departamento enviará ao ente local as cifras trasladadas durante o encontro. Así mesmo, dentro da colaboración entre ambas administracións, o concello declarou que analizará a proposta remitida.

Implicación Xunta e concellos

Finalmente o conselleiro de Medio Ambiente destacou que Plan de Transporte Metropolitano atopase por encima das confrontacións políticas e que só se busca favorecer ao cidadán. Mostra de elo é o peche de acordos para o transporte metropolitano nas cidades de A Coruña, Santiago, Ferrol cando estas estaban gobernadas por alcaldes socialistas, así como coa cidade de Lugo.

Ao longo do 2014 a Xunta de Galicia espera acadar o acordo e pasar á aprobación do plan por parte das distintas corporacións locais establecendo así a súa posta en marcha no 2015

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Una respuesta a “A XUNTA CONVIDA AO CONCELLO DE VIGO A SUBIRSE AO AUTOBUS DO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO”

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: