GALICIA E OUTRAS CINCO COMUNIDADES DEFENDEN QUE O MODELO DE FINANCIAMENTO AUTONÓMICO VALORE AXEITADAMENTE OS CRITERIOS DE TERRITORIO, DENSIDADE, DISPERSIÓN E AVELLENTAMENTO PARA GARANTIR OS SERVIZOS PÚBLICOS

  • As seis Comunidades coinciden en reclamar un modelo de financiamento autonómico dotado con máis recursos que permita prestar uns servizos públicos básicos de calidade
  • Acordaron unir esforzos para defender que o futuro do sistema se basee en criterio de reparto xustos e equitativos
  • Defenden unha valoración axeitada das características comúns a este seis territorios como son a superficie ou a dispersión xeográfica da poboación

 

Zaragoza, 28 febreiro de 2014.- Galicia, Aragón, Asturias, Castela e León, Estremadura e La Rioja defenderon hoxe un modelo de financiamento autonómico que valore axeitadamente os criterios de territorio, densidade, dispersión e avellentamento para garantir os servizos públicos.

 

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz participou esta mañá nunha reunión de traballo en Zaragoza na que tamén participaron os conselleiros competentes en materia de Facenda destas cinco Comunidades e que tivo como resultadoun documento no que se recollen os principios básicos que deben presidir ao seu xuízo a negociación do modelo de financiamento.

 

O primeiro deles é que se recoñeza a evolución crecente das necesidades de gasto das autonomías respecto ao Estado, por canto prestan os servizos que configuran o núcleo do Estado do Benestar e en especial a sanidade, a educación e os servizos sociais. De aí a reivindicación de que o punto de partida da reforma sexa un incremento global dos recursos financeiros atribuídos a todas as comunidades.
A segunda aspiración que expresan os seis gobernos é que se produza por consenso de todas as autonomías.
En terceiro lugar, Galicia, Aragón, Asturias, Castela e León, Estremadura e La Rioja queren que se garanta a igualdade de todos os españois no acceso aos servizos públicos. Para iso é preciso que o financiamento de cada comunidade responda aos custos efectivos da prestación de servizos, nos que inflúen de xeito esencial factores distintos do número de habitantes. Entre eles destacan a extensión xeográfica, a dispersión, a baixa densidade de poboación ou o seu avellentamento, que no modelo vixente só están, recoñecidas cun peso do 3%. É dicir, que a modificación do modelo debe ponderar de forma correcta e nun grao suficiente -e polo tanto superior ao actual- estas características diferenciais.
Convén recordar, neste sentido, que as seis autonomías que participaron no encontro suman o 45% da superficie española, unha elevada porcentaxe que contrasta co feito de que nese extenso territorio reside o 19% da poboación.

  •  

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz participou esta mañá nunha reunión de traballo en Zaragoza na que tamén participaron os conselleiros competentes en materia de Facenda destas cinco Comunidades e que tivo como resultadoun documento no que se recollen os principios básicos que deben presidir ao seu xuízo a negociación do modelo de financiamento.

 

O primeiro deles é que se recoñeza a evolución crecente das necesidades de gasto das autonomías respecto ao Estado, por canto prestan os servizos que configuran o núcleo do Estado do Benestar e en especial a sanidade, a educación e os servizos sociais. De aí a reivindicación de que o punto de partida da reforma sexa un incremento global dos recursos financeiros atribuídos a todas as comunidades.
A segunda aspiración que expresan os seis gobernos é que se produza por consenso de todas as autonomías.
En terceiro lugar, Galicia, Aragón, Asturias, Castela e León, Estremadura e La Rioja queren que se garanta a igualdade de todos os españois no acceso aos servizos públicos. Para iso é preciso que o financiamento de cada comunidade responda aos custos efectivos da prestación de servizos, nos que inflúen de xeito esencial factores distintos do número de habitantes. Entre eles destacan a extensión xeográfica, a dispersión, a baixa densidade de poboación ou o seu avellentamento, que no modelo vixente só están, recoñecidas cun peso do 3%. É dicir, que a modificación do modelo debe ponderar de forma correcta e nun grao suficiente -e polo tanto superior ao actual- estas características diferenciais.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Una respuesta a “GALICIA E OUTRAS CINCO COMUNIDADES DEFENDEN QUE O MODELO DE FINANCIAMENTO AUTONÓMICO VALORE AXEITADAMENTE OS CRITERIOS DE TERRITORIO, DENSIDADE, DISPERSIÓN E AVELLENTAMENTO PARA GARANTIR OS SERVIZOS PÚBLICOS”

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: