A CIG solidarízase cos dous afiliados acusados de causar danos durante a folga xeral do 29 de marzo de 2012

2014 03 04 ProtestaXuizoFolgaXeralVigo01

Delegados/as da central concentráronse está mañá ás portas dos Xulgados de Vigo coincidindo coa celebración do xuízo

A CIG desenvolveu está mañá unha concentración ás portas dos Xulgados de Vigo para solidarizarse cos dous afiliados que foron acusados de causar danos durante a folga xeral convocada o 29 de marzo de 2012. A protesta coincidiu co xuízo no que se lles reclama o pago dunha multa a pesar de que non se puido acreditar a súa participación nos feitos denunciados.

A concentración solidaria con Miguel e Laureano, os dous afiliados da CIG-Metal acusados de danos durante a folga xeral do 29-M, desenvolveuse ás portas dos Xulgados a partir das 9.00 horas, coincidindo coa celebración do xuízo. No lugar despregouse unha faixa co lema “Defendérmonos como clase é un dereito, non un delito” e barráronse e berráronse consignas como “Non, non , non á represión” ou “Non pode ser, obreiros na cadea e corruptos no poder”.

Xa no xuízo constatouse que a acusación está sustentada unicamente nas declaracións das dúas persoas denunciantes, o dono dun establecemento e o condutor dun turismo, xa que ningún dos oito axentes da Policía e española que compareceron como testemuñas dixeron ter observado os acusados cometer os feitos que se lles imputan, a roturas do cristal dun coche e dun escaparate. De igual xeito, ningunha das probas practicadas os relaciona directamente co sucedido.

Con todo, ao remate da sesión celebrada no Xulgado do Penal número 2 de Vigo, mantívose a petición de multa económica para os dous acusados.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: