BENESTAR ABRE O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA PARA ESTADÍAS NAS RESIDENCIAS DE TEMPO LIBRE DE PANXÓN E O CARBALLIÑO

  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde que regula o procedemento de adxudicación das estadías e servizos destas residencias adscritas á Consellería de Traballo e Benestar
  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes desde mañá
  • A orde recolle este ano por primeira vez a reserva dos últimos dez días de xullo para as familias acolledoras nas dúas residencias 
  • A primeira quenda do mes de agosto resérvase para as familias numerosas tamén nos dous centros, ao igual que outros anos 

Santiago, 6 de marzo de 2014.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria  para a adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre de Panxón (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense) que están adscritas á Consellería de Traballo e Benestar. Os dous centros están destinados ao ocio e o lecer das familias, xa que o obxectivo desta acción é favorecer a comunicación e participación persoal e socio familiar, cumprindo desta maneira unha importante función social.

Poden beneficiarse de estadías nestas residencias tanto as persoas maiores como os menores, sempre que vaian en compañía dos seus pais e nais ou titores legais, así como os galegos e galegas residentes no exterior. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes a partir de mañá. As inscricións deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado, que está dispoñible na sede electrónica da Xunta, https://sede.xunta.es.

A adxudicación das prazas efectuarase por sorteo de datas, que será público e terá lugar ante o xefe ou xefa territorial da Consellería de Traballo e Benestar correspondente ás localidades onde se emprazan as residencias. A data e lugar en que se realice o sorteo publicarase mediante anuncio nas páxinas web http://traballoebenestar.xunta.es/ e www.familiasgalegas.org.

Cada unidade familiar poderá solicitar estadías para unha única residencia de tempo libre e para unha ou varias quendas, aínda que non se admitirán a sorteo as solicitudes que inclúan persoas que gozaran dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos anos anteriores. Non se adxudicarán prazas por máis dunha quenda durante a tempada de verán.

Como novidade este ano, a orde reserva os últimos 10 días de xullo para as familias acolledoras, dando, deste xeito, cumprimento a unha demanda deste colectivo. E, ao igual que outros anos, resérvase a primeira quenda de agosto para as familias numerosas, nas dúas residencias. A adxudicación destas quendas para as familias acolledoras e numerosas farase igualmente por sorteo de datas.

Unha vez feito o sorteo para todas as quendas, a resolución publicarase nas páxinas web http://traballoebenestar.xunta.es/ e www.familiasgalegas.org.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: