GALICIA REXISTRA A PRIMEIRA BAIXADA DO PARO NUN MES DE FEBREIRO DESDE 2007, CON 1.006 DESEMPREGADOS MENOS

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, explicou que esta diminución produciuse en termos mensuais e interanuais, unha circunstancia que non se daba desde había 6 anos, antes de comezar a crise económica

  • Trátase do cuarto descenso interanual consecutivo, o que confirma a tendencia de contención de destrución do desemprego que se iniciou a finais de 2013
  • A baixada vincúlase principalmente ao sector dos servizos, que concentra máis do 86 por cento do total

Santiago, 4 de marzo de 2014.- Galicia rexistrou a primeira baixada do desemprego nun mes de febreiro desde 2007, antes de que comezar a crise económica. En concreto, o paro descendeu en Galicia en 1.006 persoas con respecto ao mes anterior, o que se traduce en termos relativos nunha porcentaxe do -0,36%.

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, explicou que esta diminución non só se produciu en termos mensuais, senón tamén en interanuais. En concreto, o paro descendeu en 12.752 persoas con respecto ao mesmo mes do ano anterior, un 4,35% menos. Precisou que “estamos a falar dun bo dato” pero, con todo, apelou á prudencia á hora de facer valoracións, xa que os niveis de desemprego “seguen sendo elevados”.

De feito, tamén había 6 anos que non se producía un descenso interanual nun mes de febreiro. Trátase, ademais, da cuarta baixada interanual consecutiva do paro rexistrado, e é a maior de todas elas (en novembro foi do -2,05%; en decembro, do -2,77%; e en xaneiro, do -3,34%). “Deste xeito, confírmase a tendencia de mellora progresiva que se iniciou a finais de 2013”, subliñou a responsable autonómica.

Galicia sitúase por riba da media o Estado en termos mensuais. En España o paro descende nun 0,04% por cento en comparación ao mes de xaneiro (fronte ao -0,36% galego), o que se traduce en 1.949 desempregados menos, ata situarse nos 4.812.486 parados.    

Analizando o desemprego en Galicia por sectores, obsérvase que o sector servizos acumula máis do 86 por cento do total do descenso do paro rexistrado, con 870 desempregados menos. A continuación sitúase a industria (-233), e a agricultura e a pesca (-88). Polo contra, rexístranse aumentos na construción (+69), e no colectivo sen emprego anterior (+116)

Por provincias, o paro baixou en todas elas. A maior diminución corresponde á da Coruña (-406 ); seguida por Lugo (-225); Pontevedra (-221); e Ourense (-154).

En canto aos contratos, en Galicia rexistráronse no mes de febreiro un total de 45.525 contratos, 10.720 contratos menos que no mes anterior; deste total, 4.408 foron indefinidos (9,68%) e 41.117 temporais (90,32%).

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: