NOTA INFORMATIVA SOBRE OS CORTES NAS ESTRADAS VIGO- BAIONA (AG-57) E CORREDOR DO MORRAZO (CG 4.1) DA XUNTA DE GALICIA

Santiago, 5 de marzo de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas informa de que desde as 21:00 horas da xornada de onte permanece pechado ao tráfico o carril dereito da calzada en sentido Baiona á altura do punto quilométrico 16+000. Este corte é necesario para repara a valla estática que se danou co desprendemento producido no día de onte. As previsións son rematar esta reparación a finais desta semana e, consecuentemente, abrir o carril ao tráfico.

A maiores, está previsto limpar a zona próxima de xeito máis exhaustivo, así como talar algunha árbore. Estes traballos realizaranse ao longo da vindeira semana e será necesario cortar de novo o carril dereito da calzada en sentido Baiona, en horario diurno. Informarase dos cortes debidamente.

Por outra banda, mantense pechado ao tráfico o ramal de saída a Cangas (marxe dereita) dende o Corredor do Morrazo, por mor dun desprendemento rexistrado na mañá de onte, á altura do quilómetro 12+000 da CG 4.1.

Polo momento, os xeólogos, xunto cos técnicos da Xunta de Galicia, seguen a inspeccionar a zona do deprendemento para determinar as causas e as posibles medidas a adoptar. Deste xeito, os usuarios que desexen acceder a Cangas deberán continuar ata a saída do punto quilométrico 15+000 do Corredor do Morrazo, o que supón un percorrido a maiores de tres quilómetros aproximadamente.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: