O ISSGA FORMARÁ ESTE ANO A PRETO DE 500 PERSOAS A TRAVÉS DA SÚA OFERTA FORMATIVA EN LIÑA

  • A primeira edición desta iniciativa, na que participarán 150 persoas e que se realiza en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP), comezou esta semana
  • A formación en liña, que facilita o acceso á formación das persoas con dificultades para acudir ás aulas, compleméntase cos cursos presenciais e as xornadas que teñen lugar nos centros do ISSGA
  • Para este ano está prevista a realización de 12 cursos básicos de prevención de riscos laborais presenciais e catro edicións a través da modalidade en liña, así como unhas vinte xornadas técnicas sobre diversos temas de interese preventivo

Santiago, 5 de marzo de 2014.- O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), dependente da Consellería de Traballo e Benestar, formará este ano a preto de 500 persoas a través da súa oferta formativa en liña.

De feito, esta semana comezou a primeira edición desta iniciativa, na que participan 150 persoas e que se realiza en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Rematará a finais do mes de abril coa superación dun exame presencial en cada un dos centros do ISSGA ou na sede da EGAP.Estes cursos, que se desenvolven en liña, teñen unha duración de 60 horas lectivas. O programa do curso versa sobre conceptos básicos de seguridade e saúde no traballo, riscos xerais, riscos específicos do sector da actividade da empresa, elementos básicos da xestión da prevención de riscos, primeiros auxilios e prevención de riscos laborais desde a perspectiva de xénero.

Os obxectivos son proporcionar o nivel e capacitación necesarios para desenvolver funcións de xestión da prevención e facilitar aos empresarios a formación e os coñecementos que os capaciten para xestionala nas súas propias empresas ou centros de traballo.

A formación en liña, que facilita o acceso das persoas con dificultades para acudir ás aulas por diversos motivos, compleméntase cos cursos presenciais e as distintas xornadas que teñen lugar nos centros do ISSGA.

Oferta formativa do ISSGA

A Lei de Prevención de Riscos Laborais inclúe a necesidade de proporcionar aos traballadores formación suficiente e axeitada sobre os riscos que afectan aos seus postos de traballo. Así mesmo, encomenda ás administracións públicas o desenvolvemento de accións de formación, información e divulgación que contribúan, xunto aos empresarios e traballadores, ao logro dos obxectivos de mellora progresiva das condicións de traballo.

A formación, xunto coa información, promoción e asesoramento en materia de seguridade laboral, constitúe unhas das ferramentas máis axeitadas para promover unha auténtica cultura preventiva no conxunto da sociedade.

Neste liña, a oferta formativa do ISSGA, que se desenvolve tanto presencialmente nos seus centros provinciais, como en liña e a través da aula virtual, ten o propósito de proporcionar formación de calidade nesta materia dando cumprimento ao Plan Estratéxico de Prevención de Riscos Laborais 2011–2014.

Para este ano 2014 está prevista a realización de 12 cursos básicos de prevención de riscos laborais presenciais que terán lugar nos catro centros provinciais do ISSGA, en concreto neste mes terán lugar nos centros de Ourense, a vindeira semana, e de Lugo, do 17 ao 21 de marzo; ademais, levaranse adiante catro edicións a través da modalidade en liña, así como unhas vinte xornadas técnicas sobre diversos temas de interese preventivo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: