Nova Esquerda Galega (NEG) considera un erro moi grave a posíbel demolición do antigo colexio Cluny

NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG) considera que a decisión da comisión do Plan do Ensanche que acaba de autorizar a demolición do antigo colexio Cluny, na Gran Vía, como adiantou algún medio de comunicación días pasados, é un grave erro. Desde a Area de Ordenamento do Territorio, Patrimonio Histórico e Urbanismo da Comisión Executiva Local de NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG) valoramos como un atentado ao noso patrimonio municipal devandita posibilidade. Para Nova Esquerda Galega o edificio do colexio Cluny é un «Ben de Interese Cultural» e por iso solicitamos a súa inmediata rehabilitación e conservación como un elemento máis do patrimonio público da cidadanía viguesa.
Os habitantes de Vigo e os veciños da Gran Vía sabemos que o que acaba de aprobar a xerencia de urbanismo, coa concelleira Carmela Silva como presidenta, permitindo o derribo do colexio Cluny, é un disparate monumental e un despropósito urbanístico. Ese interesante edificio e ese magnífico xardín é parte da memoria necesaria do que foi a antiga Gran Vía de Vigo. Porén, Nova Esquerda Galega opina que o Alcalde de Vigo, Abel Caballero e a Concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, intentan escorrer o vulto e de feito xa intentaron desvincularse do acordo adoptado por esta comisión ao afirmar que «o decidiu unha comisión integrada por técnicos expertos».

Doutra banda para Nova Esquerda Galega (NEG) é urxente a elaboración dun novo catálogo de edificios de interese municipal en Vigo e a súa área de influencia. A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo debería proceder a revisar exhaustivamente o inventario de Edificios de Interese Histórico-Artístico e proceder á elaboración dun novo catálogo de edificios de especial interese municipal. Opinamos que esta revisión segue sendo unha cuestión pendente do PXOU e trátase dun traballo que non se fixo nunca coa amplitude que, unha cidade como Vigo, require.

Para Nova Esquerda Galega (NEG) o novo catálogo sometido a revisión debería estar dispoñíbel en versión dixital na web do Concello de Vigo, e debería asemade conter fichas individualizadas nas que se fixese unha descrición histórica completa de cada un dos edificios, fotografías do seu estado actual, localización no plano coa súa situación exacta, descrición do edificio e porque se considera que debe estar no catálogo, asi como o seu grado de catalogación.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: